Un cuarteto de deportistas de Galicia están en Guadalajara (México) coa delegación española de taekwondo para disputar o Mundial da modalidade. Trátase das deportistas Alma Pérez (-53, Suh Sport), Arlet Ortiz (-57, Mat´s), Tania Castiñeira (+73, Hebe) e Iván García (+87, Mat´s). En terras americanas dispútase o Campionato do Mundo Absoluto 2022 no que participan estes castro galegos.
A primeira en competir será Arlet Ortiz en -57 quilogramos, peso que terá unha participación de 41 taekwondistas. No primeiro combate, Arlet Ortiz enfrontarase á Faidra Kalteki (Grecia), cabeza de serie número 13 do Mundial. Tania Castiñeira e Iván García competirán competirán o 17 de novembro, mentres que Alma Pérez sairá ao tapiz ao día seguinte, segundo informa a Federación Galega de Taekwondo.