Día triste para o Cando FSF Castro. Eugenia, a súa afeccionada máis lonxeva, faleceu durante o pasado mércores e desde o club galego quixeron rendelle un emotivo homenenaxe nas súas redes sociais.
Eugenia era toda unha institución no conxunto de Castro de Rei. Nai de Josefina, que é actual directiva do club, pero tamén era avoa de Eva, porteira e ex xogadora das vermellas.
https://twitter.com/Castrofutsalfem/status/1458536312538030080
Eugenia viu crecer ao club dos seus amores desde os inicios. Non faltaba a ningún dos encontros no que as castrexas xogaban no Municipal, fixera o tempo que fixera e xogando na división que fose, ela sempre estaba presente e animando ao seu querido Castro.
Desde o club galego emitiron un comunicado nas súas redes sociais, a última hora da tarde, lamentando a pérdida e despedindo a Eugenia como se merece, con todo o cariño e amor do mundo.
“Hoxe, temos que dar una triste nova para o Cando FSF Castro. Eugenia, a nosa socia número 1 faleceu no día de hoxe.
Eugenia, nai da nosa directiva Josefina e avoa da nosa ex xogadora Eva, veunos crecer dende os nosos inicios.
Sempre na grada, daba igual o mal día que fixese, daba igual a choiva, a neve e mesmo o frío do pavillón, non importaba o resultado, paro a súa cara de ledicia nas vitorias era a máis sonrinte do mundo.Ela estaba no Municipal en todos os encontros, coas súas ganas de animar ás nosas e animando coa súa forma, ela observaba e ríase, pero esa cara de ledicia contaxiaba a todos.
Non é fácil esquecer a alguén coma ela, unha muller loitadora, forte e sempre sonrindo, sempre axudando a que este club saíra adiante, dándonos agarimo a todos e levándonos o máis lonxe posible. Botaremoste moito de menos Eugenia, grazas por ser a nosa mellor seguidora, por falar con orgullo de nós, e por ser a viva imaxe dos valores que queremos representar.
Dende o club, sabemos que non estará máis na grada, pero temos moi presente a túa figura e, de seguro, nos axudará en cada encontro, cada unha das futuras vitorias é por ti, e trataremos de chegar o máis lonxe posible, porque é o que querías para nós.
Descansa en paz, Eugenia.
Con cariño os membros do Cando FSF Castro”