Jaén foi o provincia na que esta fin de semana tomaba parte a Selección Galega de Campo a Través no seu dobre desprazamento por terras andaluzas. Ata alí acudían os nosos seis equipos para medirse no Campionato de España ás demáis selecións do Estado lastrados polas baixas de última hora. Entre as actuacions destacadas os sétimos postos de Antía Castro en Sub-20 e María Cedrón, en Sub-23.
Na categoría Sub-20 feminino o noso combinado lograba un sétimo posto no que Antía Castro era a mellor das galegas logo de entrar na línea de meta no décimo quinto lugar. Un posto máis lograba facer Antón Martínez no combinado masculino quenes en conxunto estiveron na loita directa polo podio rematando finalmente nun moi salientable cuarto lugar tras Madrid, Cataluña e Andalucía. Sen dúbidas a ausencia de última hora de Hugo Souto por COVID-19, impediu á Selección estar no caixón de premiados.
Na categoría Sub-23 bo resultado para o equipo femenino no seu conxunto logo de lograr un sétimo posto de finalistas con María Cedrón en calidade de líder do grupo. Máis discreta foi a actuación masculina neste estatal de campo a través quenes remataban o campionato no posto dazaseis e na que Roi Estévez foi o mellor dos galegos.
Por último e na categoría absoluta as nosas seleccións ocupaban un noveno posto en ambos sexos da clasificación xeral e na que os atletas lucenses Laura Santos e Esteban Iglesia convertíanse nos primeiros galegos en completar os 10.125 metros dos que constaba o circuito andalúz.