Dous equipos galegos son os únicos que aínda non coñecen a derrota nesta divisón de prata do futsal feminino. O Viaxes Amarelle conta os seus cinco partidos e suma 15 puntos no seu casilleiro. O FSF Castro, cunha vitoria e un empate, suma 13 puntos. Moi bos comezos para as dúas entidades galegas.
O FSF Castro tivo un duro rival enfronte pero aínda así impúxose por 1-2 ao Club Deportivo Promesasm nun encontro cheo de emoción. As de Castro de Rei sumaron de 3 e sitúanse no segundo posto da clasificación.
Outro dos equipos invictos é o Viaxes Amarelle, queconseguíu manter a súa serie de vitorias e seguir na cabeza do grupo 1 da Segunda RFEF Futsal Feminino despois de impoñerse nun agónico final contra o Ourense Envialia FSF B, por un axustado marcador de 2-3. Un gol de Cris Lourés, a falta de catro segundos, deulle a vitoria ao conxunto herculino sobre un gran e combativo filial ourensán.
O Cidade de As Burgas foi outro dos conxuntos galegos que conseguir a vitoria nesta 5ª xornada. As de Manolo Codeso lograron traer os 3 puntos de Pamplona tras impoñerse por 1-2 nunha cancha sempre tan difícil como é a do Txantrea.
Con esta vitoria, as ourensás son quintas na táboa e suman 10 puntos no seu casilleiro.
O 5 Coruña sumou de 3 por primeira vez na tempada. As coruñesas gañaron por 4-2 ao Universidade de Salamanca no polideportivo municipal Novo Mesoiro. Tras esta importante vitora, as herculinas son 12ª e respiran tras acumular catro derrotas seguidas.
O Bembrive FSF é outro dos conxuntos galegos que non perde o ritmo. As viguesas lograron vencer ao Valdetires por 6-4 nun gran encontro. As Roberto Carlos García, “Pitu” suman 12 puntos e ocupan a posición de bronce da clasificación.
A pesar da derrota, as ferrolás son 6ª na clasificación con sete puntos no seu casilleiro.
A Fervenza non foi quen de sacar algo positivo da visita do Spring Cider Rodiles a pesar de adiantarse no marcador. As rosas caeron por 1-3 na Malata nun encontro moi igualado no que o acerto de cara a porta das astures foi determinante. As de Nacho García suman 3 puntos no casilleiro e son 13ª na táboa.