A galega Tania Castiñeira segue triunfando nesta tempada. A taekwondista do Hebe acadou o bronce nos Multi European Games de Sofía, na categoría +73. Esta é a cuarta vez que a deportista sube ao podio dun Open internacional neste curso, demostrando un gran estado de forma e unha enorme regularidade.
O camiño de Castiñeira na competición búlgara comezou nos oitavos de final, cando enfrontouse á alemá Sarah Di Sinno. Neste combate, a galega impúxose por un claro 1-6. En cuartos agardaba a francesa Solene Avoulette, unha vella e dura coñecida, coa que perdeu en dúas ocasións no Europeo sub21 (no 2028 na final e no 2019 nas semifinais). Nesta ocasión, a taekwondista do Hebe foi superior, e venceu cun rotundo 1-8 para pasar de fase.
En semifinais a rival foi de novo gala. Desta vez a galega tivo que vencer a Althea Laurin, que vén de clasificarse para os Xogos Olímpicos de Toquio, nun combate axustado cun resultado final de 5-6. A nosa taekwondista non puido con ela, malia facer un par de accións que case lle dan a vitoria nos intres finais, e finalmente quedou clasificada na terceira posición.
Tal e como recalca a Federación Galega de Taekwondo, Tania Castiñeira volve a casa cun bronce moi merecido e desfrutado, volvendo a demostrar a sáu regularidade, sen baixar do podio nesta tempada.