• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Balonmán Máis balonmán

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do Atlético Guardés

A nova cabeza da entidade miñota diríxese á súa masa social e afección para presentarse e detallar os primeiros pasos a seguir

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/07/2026
en Balonmán, Máis balonmán
Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

Fernando Reyes, novo presidente do At. Guardés, e Jesús López, anterior / ATLETICO GUARDÉS

27
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Fernando Reyes: “Superamos a tormenta, pero aínda queda unha parte da travesía difícil, na que todos teremos que facer esforzos”.
  • Tralas primeiras xuntanzas, a nova Xunta Directiva xa está conformada e repartidas as súas distintas funcións, e presentarase para aprobación dos socios na Asemblea Extraordinaria do vindeiro 10 de xullo.

O novo presidente do Club Balonmán Atlético Guardés preséntase ante a súa afección. Días despois de asumir o cargo e recoller a testemuña de Jesús López, Fernando Reyes bota a andar a presidencia en tódalas súas funcións e decidiu comezar por detallar a súa proposta para reencamiñar a viabilidade da entidade miñota ante a súa masa social e toda a súa afección.

Esta carta da nova cabeza organizativa do equipo chega a comezos da semana na que Fernando Reyes presentará a súa nova Xunta Directiva para aprobación dos socios e socias. Un grupo xestor dunhas 15 persoas que redefinirá as súas funcións, seguirá a nova folla de ruta e traballará man a man para reconducir os esforzos cara á prosperidade económica dun Club Balonmán Atlético Guardés que demostrou ser máis ca exitoso no deportivo, segundo informan desde a entidade miñota.

O vindeiro venres 10 de xullo, en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada ás 19.30 e 20.00 horas en primeira e segunda chamada respectivamente, no pavillón da Sangriña, o novo presidente presentará formalmente a este “grupo de valentes” que o acompañarán no camiño.

Carta á afección de Fernando Reyes, novo presidente do CB Atlético Guardés:

“Ola a todos e todas:

Moitos xa me coñecedes e, aínda que teremos ocasión de vernos tanto no pavillón coma pola Guarda para falar sobre o Club, a súa actualidade e, especialmente, o seu futuro, gustaríame presentarme formalmente. Son Fernando Reyes e, coma xa saberedes, hai uns días asumín a presidencia do Atlético Guardés.

Debo recoñecer que, ata o mesmo momento de tomar esta decisión, ocupar este cargo non entraba nos meus plans, dada a responsabilidade que conleva e, máis aínda, na delicada situación na que se atopa o Club.

Con todo, como pai de xogadoras da base, como socio e coma afeccionado, nos últimos anos a miña implicación no proxecto foi en aumento e, non sei se de xeito valente ou inconsciente, considerei que, se de min dependía, debía dar un paso á fronte para tratar de evitar o que ata o momento decisivo semellaba unha desaparición irremediable do Club. Moitas veces dicimos que o Guardés é unha familia, e cando unha familia está nun mal momento, non queda outra que todos arrimemos o ombreiro para saír adiante.

Nesta tarefa acompañaranme un grupo de valentes que conformarán a futura Xunta Directiva, así coma un número de colaboradores dispostos a botar unha man para que isto siga: para que este Club continúe a levar o nome da Guarda por toda España e mesmo Europa, para que poidamos seguir a gozar cada fin de semana, unha vila de 10.000 habitantes, do balonmán de elite, tratándonos de ti a ti con cidades que multiplican por 30 a nosa poboación e, sobre todo, para seguir a ter unha base na que as nosas fillas e fillos poidan iniciarse, practicar e desfrutar do deporte.

En concreto, dun deporte que, entre moitas outras cousas, ensínalles o valor do compañeirismo, do sacrificio e da importancia do traballo en equipo.

Superamos a tormenta, pero que ninguén se engane, aínda queda unha parte da travesía difícil na que todos, non só a nova Directiva senón tamén socios e colaboradores, teremos que traballar, axudar, apoiar e facer esforzos para que isto acade a velocidade de cruceiro.

Para iso formulamos unha avaliación do estado do Club en base a indicadores a seis meses vista, sendo no cambio de ano cando observaremos a situación concreta nese momento para tomar decisións de cara ao futuro próximo. A folla de ruta que se presenta a partir de agora comeza polo nomeamento dos membros da Xunta Directiva e a súa constitución, para poder comezar a traballar sobre os fitos máis urxentes como son a campaña de socios, captación de patrocinadores, etc.

Gustaríame destacar, aínda que a súa concreción é labor de toda a Directiva unha vez estea constituída, as que serán as liñas xerais desa nova Xunta, de xeito resumido e esquemático:

  1. Facer sostible o Club a corto-medio prazo e elaborar un plan de saneamento. Isto pasa por recortar gastos e aumentar ingresos, algo simple de escribir, pero como podedes supoñer, complexo de realizar, debendo atopar un novo patrocinador principal e reforzar a colaboración institucional.
  2. Compatibilizar a nova realidade económica coa permanencia na elite deportiva, traballando xunto ao corpo técnico no proxecto da vindeira tempada e na definición de obxectivos realistas.
  3. Potencia a base coma un elemento fundamental no plano deportivo para a continuidade e o futuro do Club.

Para finalizar, gustaríame destacar o traballo da que foi Xunta Xestora nestes últimos anos, asía coma o apoio que tivo o Club por parte do que foi o seu patrocinador principal, Mecalia. Quero agradecer tamén a confianza de tódalas socias e socios e do conxunto de afeccionados. Pídovos só comprensión ante a situación actual e moito, moito apoio e colaboración.

Ánimo, porque estou convencido de que entre todos sacaremos isto adiante.

Fernando Reyes González”

Etiquetas balonmánFernando ReyesguardésJesús López
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Fernando Reyes González / ATLÉTICO GUARDÉS

Fernando Reyes González é o novo presidente do CB Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

Fernando Reyes: “Se había que sacar isto adiante e podía colaborar en que o Guardés non rematase, quería aportar o...

Asamblea Atlético Guardés / ATLÉTICO GUARDÉS

O Atlético Guardés extrae un novo e positivo comezo da súa Asemblea Ordinaria

por Redacción As Nosas
01/07/2026
0

O pavillón da Sangriña acolleu este mércores a Asemblea Xeral Ordinaria para socios e abonados do Club Balonmán Atlético Guardés,...

Sabina Mínguez, porteira do Atlético Guardés, no Mundial Universiario / FISU

Sabina Mínguez, quinta no Mundial Universitario

por Redacción As Nosas
29/06/2026
0

A porteira do Guardés, Sabina Mínguez, xunto coas Guerreras Universitarias, finalizou o Campionato do Mundo 2026 en quinto lugar. O...

Mecalia Atlético Guardés / SPORTCOECO

O Guardés decide o seu futuro na Asemblea Ordinaria do próximo 1 de xullo

por Redacción As Nosas
19/06/2026
0

O Atlético Guardés convocou aos seus socios e abonados a unha Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 1 de xullo, ás...

Iván Vázquez, preparador físico, con Jesús López, presidente, nunha imaxe de arquivo / MECALIA ATLÉTICO GUARDÉS

Jesús López dimite como presidente do Club Balonmán Atlético Guardés

por Redacción As Nosas
04/06/2026
0

Segundo informou o Club Balonmán Atlético Guardés Jesús López dimite como presidente do club miñoto. Esta decisión chega, en palabras...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.