• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

A carreira popular Coruña10 contará con atletas de elite

Máis de 3.000 corredores e corredoras percorrerán as rúas da Coruña na C10 | Roberto Aláiz, Mehdi el Nabaoui e Esther Navarrete son algúns dos atletas destacados que correrán na proba deportiva

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/04/2023
en Atletismo, Máis Deporte
Solange Pereira nunha edición anterior da Coruña10 / CONCELLO DA CORUÑA

Solange Pereira nunha edición anterior da Coruña 10 / CONCELLO DA CORUÑA

154
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A carreira popular Coruña10 que se celebra mañá, domingo 23 de abril, contará coa participación de 23 atletas de elite chegados de diferentes puntos de España. A proba conta con 3.000 inscritos, 2.181 na categoría absoluta e 886 nas modalidades inferiores, recuperando as cifras previas á pandemia.

A categoría feminina contará coa subcampioa sudamericana de 10k, Edymar Brea, cuarta na 10k de Laredo neste 2023 xunto con Esther Navarrete, cuarta no campionato de España de 10k no 2023 e que posúe o actual récord galego de 10k. A nómina de atletas de elite complétana Sara Catarina Ribeiro, campioa de Portugal de 10k no 2018 e 2023; Lidia Campo, quinta no Campionato de España en 10k neste 2023’; e Laura Santos, actual campioa galega de campo a través.

Na categoría masculina destacan Roberto Aláiz, mundialista en Moscú 2013 e Pekín 2015 na modalidade de obstáculos e campión de España Promesa e Universitario de 3000 m; o uruguayo Nicolás Cuestas, olímpico en maratón nos Xogos Olímpicos de Río 2016 e o cinco veces campión de España de campo a través por clubes, Mehdi el Nabaoui, que tamén se suma á carreira popular Coruña10 nesta edición. A eles súmanse, entre outros, Soufiane Abrouk, Víctor Puyuelo e Alejandro Fernández, o galego gañador das edicións 2012, 2013 e 2018 do C10.

🔵 A carreira popular C10 contará coa participación de numerosos atletas de elite

🏃‍♀️ Roberto Aláiz, Mehdi el Nabaoui e Esther Navarrete son algúns dos atletas destacados que correrán na proba deportiva

Máis info: https://t.co/2d65WoinTa pic.twitter.com/6z2zhS7s8C

— Concello da Coruña (@ConcelloCoruna) April 22, 2023

A proba arrincará ás 10.00 horas desde Porta Real nun circuíto homologado pola Federación Española de Atletismo que transcorrerá polos Cantóns, Linares Rivas e os terreos interiores do Porto para rematar de novo na Mariña.

Recollida de material e servizos durante a celebración da Coruña10

As persoas inscritas poden recoller as súas camisetas e dorsais ata hoxe, sábado, na sección de Deportes de El Corte Inglés de Ramón y Cajal. O horario de atención é de 10.00 a 21.30 horas. Tamén haberá a posibilidade de recoller o dorsal o domingo a partir das 09.00 horas e ata media hora antes do inicio de cada proba, no espazo habilitado no Parrote para favorecer e facilitar a participación de persoas de outras localidades galegas.

Tamén se instalará no Parrote un servizo de gardarroupa, operativo de 09.00 a 12.00 horas, así coma un servizo de duchas nas instalacións da Cidade Deportiva Arsenio Iglesias, na Torre de Hércules, ata as 13.30 horas. Para acceder a eles só fai falta presentar o dorsal de participación.

Haberá cinco caixóns de saída, diferenciados pola cor do dorsal e asignados en función dos tempos de inscrición. As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lle corresponda dez minutos antes da saída. Haberá un servizo de avituallamento intermedio a partir do quilómetro 5, onde se repartirá auga ás persoas participantes así coma outro na zona final.

Ao longo do percorrido da Coruña10 haberá colectores para depositar os envases. A Coruña10 conta ademais coa colaboración da agrupación The Cobardes, que porá á disposición dos corredores e corredoras seis lebres para marcar diferentes ritmos de carreira, desde 37 a 60 minutos.

🐇 As lebres da #Coruña10 xa comezaron a rodar!

🏃 Os corredores de ‘The Cobardes’ realizaron esta mañá unha rodaxe suave polo paseo marítimo. pic.twitter.com/g4FCbSI4ZG

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) April 22, 2023

A clasificación final da proba e os tempos de todas as persoas participantes mediranse mediante chip e publicaranse en directo na páxina web de Carreiras Galegas. As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán distintos premios económicos en función da categoría e a súa procedencia. Haberá un total de 9.700 euros para os mellores corredores e corredoras. Ademais, aquelas persoas participantes que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28’09”) como na feminina (31’40”) obterán un premio de 2.000 euros, co que se duplica o premio económico da pasada edición

Alteracións de tráfico

Como é habitual durante a disputa de carreiras na cidade, o domingo establecerase un dispositivo especial de tráfico coordinado pola área de Mobilidade e a Policía Local. Haberá diferentes alteracións nas vías polas que transcorrerá a proba.

Desde as 05.00 horas pecharase o tramo entre Porta Real, avenida de Montoto e avenida da Mariña ata a rúa Tabernas. A partir das 7.30 horas haberá limitacións de circulación en Linares Rivas, Primo de Rivera, avenida da Pasaxe e Alfonso Molina, e estrada do Porto estará cortada dende o peirao de Oza ata a avenida do Exército en ambos sentidos.

Na avenida de Alfonso Molina manterase un carril de circulación en dirección saída da cidade, desde o paso pola rolda de Nelle, podendo acceder ao túnel de María Pita en dirección a Monte Alto. Tamén se manterá a circulación na avenida Primo de Rivera ata a rúa Ramón y Cajal en sentido de saída da cidade nun só carril.

A partir das 9.30 h levarase a cabo o peche total do circuíto da Coruña10 (Cantón Grande, Cantón Pequeno e avenida da Mariña ata a rúa Tabernas) ata a finalización da proba, prevista ás 14.00 h. A apertura será progresiva segundo se retiren os elementos de sinalización e demais elementos necesarios para o desenvolvemento da proba. A rúa de San Andrés non se peonalizará ata a finalización da carreira absoluta, a partir das 12.00 h
aproximadamente.

👟 Con motivo da #C10, o domingo 23 de abril realizaranse unhas alteracións no tráfico.

🚫 Ás 9:30 horas procederase ao peche total do circuíto e abrirase progresivamente segundo transcorra a proba, cuxa hora estimada de finalización será ás 14:00 horas.

Chío 1/2 pic.twitter.com/wo91ZaSgrB

— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) April 21, 2023

Recomendacións:
Cidade Vella e Monte Alto
Entrada: Pola AC-11 dirección Alfonso Molina, pola avenida do Porto e o túnel da Mariña. Tamén se pode seguir o itinerario pola rúa Federico Tapia ata San Andrés, pasando pola plaza de Galicia en dirección a rúa Rosalía de Castro ata a Praza de Pontevedra.
Saída: Pola rúa da Torre, praza de España e túnel da Mariña ata avenida do Porto en dirección avenida Linares Rivas, utilizando o carril habilitado ata a avenida Alfonso Molina.

Ensanche e Pescadería
Entrada. Desde a avenida de Monelos pola rúa Cabaleiros, seguindo por Marqués de Amboage ata Enrique Hervada, ou desde a avenida de Alfonso Molina; ata chegar á rúa Castiñeiras en dirección Federico Tapia. Tamén é posible acceder pola avenida de Finisterre e rúa Juan Flórez.

Saída. Para o ensanche estará habilitado o carril dende a rúa Juana de Vega en dirección saída da cidade, ata a avenida de Alfonso Molina. Tanto para a  saída dende o Ensanche como de Pescaría poderá seguirase un itinerario pola rúa San Andrés cara avenida de Finisterre ou Juan Flórez, pasando pola Praza de Pontevedra como polo paseo marítimo ata a rolda do Real Club Deportivo da Coruña.

Etiquetas A CoruñaatletismoC10Coruña10Edymar BreaEsther Navarrete
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.