• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Centos de persoas enchen as rúas de Lalín correndo e camiñando a prol da prevención do dano cerebral adquirido

Máis de 220 persoas participaron na 3ª Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, organizada por Dano Cerebral Galicia e o municipio dezá

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/06/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Saída das carreiras 10k e 5k da Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA

Saída das carreiras 10k e 5k da Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA

108
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Nun ambiente interxeracional, festivo e solidario, máis de 220 persoas percorreron este domingo as rúas da capital do Deza na 3ª Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’, unha cita organizada por Dano Cerebral Galicia en colaboración co Concello de Lalín para visibilizar a realidade desta súbita lesión cerebral a través do deporte inclusivo.

Saída da Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA
Saída da Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA

Atletas, veciñanza da comarca e integrantes do movemento asociativo do dano cerebral chegadas de diferentes partes do país, suaron a camisola para contribuír ao coñecemento social do dano cerebral adquirido, unha discapacidade provocada, fundamentalmente, por ictus e traumatismos cranioencefálicos, coa que conviven máis de 35.000 galegas e galegos.

Antes do pistoletazo de saída das primeiras probas, Luciano Fernández Pintor, presidente de Dano Cerebral Galicia, agradeceu á sociedade lalinense a boa acollida da actividade, malia a intensa choiva que acompañou nalgúns momentos da mañá, e expresou o desexo de que se converta “nunha cita fixa no calendario de corredoras e familias”.

Tramo do Paseo das Pontiñas da Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA
Tramo do Paseo das Pontiñas da Andaina Solidaria / DANO CEREBRAL GALICIA

Ademais, Fernández destacou que a actividade favorece o encontro e a convivencia, así como a educación das nenas e nenos na necesidade de defender a igualdade de dereitos e oportunidades. “A de hoxe é unha xornada inclusiva que permite comprobar como tanto as persoas con dano cerebral adquirido como as que non teñen esta discapacidade podemos facer as mesmas cousas”. Nese sentido, o representante da Federación Galega de Dano Cerebral, subliñou que “non hai que poñer o foco no que nos falta, senón potenciar, valorar e visibilizar as capacidade preservadas que temos”.

Resultados deportivos da proba

A xornada, coordinada polo Centro ETP Encuentra Tu Potencial e Champion Chip Norte, arrancou ás 9:45 coa saída da carreira de 10k e 5k, que se desenvolveu por tramos urbanos e pola zona do Paseo do Pontiñas con 80 participantes. Posteriormente, ás 11:30h, despois das probas escolares, realizouse unha camiñada colectiva de 7km.

Podio 10 k feminino da Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA
Podio 10 k feminino / DC GALICIA

Na dimensión competitiva, Ismael Lago Monroy, Ricardo Vázquez Baamonde e Luis Miguel Becerro Escribano subiron ao podio na categoría absoluta masculina da distancia máis longa, mentres que en 5K foron Sergio Requeijo Requeijo, Ricardo Bugallo e Manuel Costa Castro os galardoados.

No caso da categoría feminina, as corredoras premiadas foron Tina Fernández Barreiros, Andrea Álvarez González e Inés Sueiro Iglesiaa nos 10K, e Carol Santos Villalón, Vanesa Insaurralde e Estela Méndez Martínez, na 5k.

Podio 5k feminino da Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA
Podio 5k feminino / DC GALICIA

Ademais, na modalidade cadete de 5k premiouse a Samuel Barreiro Arca, Alex García Insaurralde, na categoría masculina, e a Adriana Taboada Montouto, na feminina.

Os trofeos foron entregados por Isaías Castro Martínez, usuario de Sarela (asociación de Santiago); Belén Cachafeiro, deputada provincial da Deputación de Pontevedra, Luciano Fernández Pintor, presidente de Dano Cerebral Galicia; e Paz Pérez Asorey, tenente de alcalde do Concello de Lalín.

Esta última sinalou a predisposición do Goberno municipal para continuar realizando esta e outras accións de sensibilización e agradeceu o labor desenvolto tanto por Sarela, a asociación de referencia de Dano Cerebral Galicia na área sanitaria de Compostela, como pola Federación, para que as persoas que residen no municipio e que afrontan a realidade desta discapacidade non queden desatendidas.

Chegada de participantes á meta na Andaina Solidaria Camiñando polo Dano Cerebral / DANO CEREBRAL GALICIA
Chegada de participantes á meta na Andaina Solidaria / DC GALICIA

Solidariedade e rede de apoios 

A xornada foi tamén un espazo de solidariedade. Participantes e veciñanza que se achegaron á Praza de Galicia quixeron apoiar a causa a través de doazóns a Dano Cerebral Galicia, que durante toda a mañá mantivo un posto informativo no que tamén se desenvolveu un obradoiro de Fast Heroes para sensibilizar de forma lúdica á cativada.

As achegas realizadas destinaranse a cubrir os custos do evento e a financiar as distintas liñas de actuación da Federación para a defensa dos dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e a mellora da calidade de vida delas e das súas familias.

Estes fondos súmanse ao apoio loxístico e económico prestado por GSI Dotación Industrial, Kalekói, Autobuses Rías Baixas, Eroski, Global Develop Event Service, Piscofino Gourmet, MOVE Centro de Saúde e Movemento, Daveiga, Clube Ciclista Montes do Deza, Gadis, Centro Comercial As Pontiñas, Hipergarden A Estrada, Autocares Meijide, Profecon e Ulla Oil.

Igualmente, para o desenvolvemento da actividade contouse con fondos da Consellaría de Política Social e Igualdade, procedentes dos programas a cargo do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan o X Solidario na declaración da renda.

Sobre o dano cerebral adquirido

Dano Cerebral Galicia -ata agora Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)- é a entidade que une e representa as cinco asociacións que hai en Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Xuntas aglutinan a máis de 2.200 persoas socias.

O dano cerebral adquirido é unha discapacidade causada case sempre por un ictus ou un traumatismo cranioencefálico; calcúlase que en Galicia hai máis de 35.000 persoas nesta situación.

Etiquetas andainaCamiñando polo Dano CerebralDano Cerebral GaliciaLalín
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Karina Callón, gañadora da San Silvestre Coruña 2021 / SAN SILVESTRE CORUÑA

Queres inscribirte na San Silvestre Coruña? Ábrese prazo o 15 de outubro

por Redacción As Nosas
12/10/2025
0

O prazo de inscrición para a XVI San Silvestre Coruña, a edición do ano 2025, abrirase este mércores 15 de...

Andaina Solidaria contra o cancro en Irixoa / AECC

Andaina solidaria contra o cancro en Irixoa

por Redacción As Nosas
17/09/2025
0

A Asociación Española contra o Cancro (AECC ) na súa delegación da Coruña informa de que o vindeiro domingo 21...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

Presentación andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A XII Andaina ‘A Coruña en Marcha contra o Cancro’ será o domingo 8

por Redacción As Nosas
05/06/2025
0

  A cidade da Coruña volverá vestirse de verde este domingo 8 de xuño con motivo da celebración da XII...

Participantes da andaina Camiña Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Centos de persoas participan este sábado na 3.ª edición da andaina Camiña Coruña

por Redacción As Nosas
28/09/2024
0

  O concelleiro de Deportes do Concello da Coruña, Manuel Vázquez, foi o encargado de lles dar hoxe a saída...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, compareceu na compareceu na Comisión 1ª do Parlamento de Galicia / XUNTA DE GALICIA

A Xunta destina este ano 2026 máis de 5,5 M€ ás federacións deportivas galegas

13/05/2026
Xornada arbitral en Vigo do CTGAF / RFGF - FUTGAL

O Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol organizou a 2.ª xornada do Programa ACTA Master e unha xornada arbitral feminina

13/05/2026
Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.