• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Chega a Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’ que está organizada por FEGADACE

A cita terá lugar o 19 de xuño en Santiago de Compostela | O presidente da Federación, Luciano Fernández, animou a toda a poboación compostelá a participar, camiñando ou correndo, por esta causa solidaria | A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, salientou o interese da cidade por promover uns hábitos saudables a través do deporte

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/06/2022
en Máis Deporte, Atletismo
O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, xunto á concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa / FEGADACE

O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, xunto á concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa / FEGADACE

173
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • FEGADACE convoca á veciñanza compostelá, pero tamén ao resto de Galicia a sumarse á carreira e andaina solidaria que organizan para o vindeiro 19 de xuño en Santiago. 

“Camiñar polo dano cerebral” é mirar polos demais, chamando a atención sobre a situación do colectivo de persoas con esta discapacidade, e coidarse a un mesmo, practicando exercicio para manter uns hábitos saudables que nos protexan do ictus. Así o manifestou o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, na rolda de prensa de presentación da Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando Polo Dano Cerebral’, que vai ter lugar o domingo 19 de xuño en Santiago de Compostela.

Luciano Fernández estivo acompañado na presentación pola concelleira de Deportes de Santiago de Compostela, Esther Pedrosa, que recoñeceu o labor do movemento asociativo do dano cerebral adquirido e uniuse ao chamado do presidente para que a cidadanía se inscriba e participe na carreira ou na andaina. Salientou tamén o compromiso da cidade co deporte e coa súa asociación a uns hábitos de vida saudables.

Hoxe presentamos a Carreira e Andaina Solidaria Camiñando #PoloDanoCerebral na compaña da concelleira de @dxtSan do @PazodeRaxoi, @estherpedrosa2.
📌 Info sobre a carreira: https://t.co/AkZQ7DvklM
👟 Inscrición: https://t.co/o44fJcSGf7 pic.twitter.com/ljUiic2dST

— FEGADACE (@fegadacegalicia) June 8, 2022


Con esta actividade a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) continúa coa súa liña de promoción duns hábitos de vida saudable a través da organización de actividades deportivas. A práctica de exercicio físico é fundamental para evitar o sedentarismo e a obesidade, así como para reducir os niveis de estrés. Todos estes son condicionantes que constitúen factores de risco do ictus, a principal causa do dano cerebral adquirido.

‘Camiñando Polo Dano Cerebral’ por Compostela

A cita deportiva, que ofrece a posibilidade de participar correndo ou camiñando, consiste nun circuíto que vai percorrer sendeiros e rúas da Alameda e do Campus Sur compostelán. O percorrido exacto, así como as demais condicións e normas de participación, pódese consultar no regulamento da carreira. Esta comeza ás 10:00 no punto de saída e meta: o monumento a Manuel Ventura Figueroa (Avenida Antonio Raimundo Ibáñez, Campus Sur).

A inscrición está aberta en www.carreirasgalegas.org ata o xoves 16 de xuño ás 23:59 horas coas seguintes modalidades:

  • Carreira: 5 km | 12 euros | Inicio ás 10:00. Dirixida a maiores de 18 anos. Haberá entrega de trofeos, realizados polas persoas con dano cerebral adquirido nas asociacións de FEGADACE, para os/as tres primeiros/as atletas, nas categorías feminina e masculina.
  • Andaina: 5 km | 6 euros | Inicio ás 11:00. Para maiores de 16 anos ou menores acompañados/as dunha persoa adulta.

Para as persoas que queiran colaborar pero non poidan participar, é posible achegar unha doazón ao Dorsal Cero.

O presidente de FEGADACE aproveitou o acto para agradecer a súa implicación ás entidades que colaboran na organización, a Sociedade Deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle e o centro Encuentra tu Potencial. Tamén á Federación Galega de Atletismo, ao Concello de Santiago de Compostela e á Consellería de Política Social. Luciano Fernández lembrou por último ás máis de dúas ducias de empresas e entidades patrocinan e/ou apoian de diferentes maneiras, e que se poden ver no cartel da carreira e andaina solidaria.

Esta cita deportiva e solidaria comeza ás 9:15 coa apertura das mesas de dorsais e do servizo de gardarroupa. Aínda que se dispoñibiliza a entrega excepcionalmente a entrega de dorsais o mesmo domingo ata as 9:45, esta realizarase preferentemente o sábado 18 de xuño de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 na Clínica Médica E-Saúde (Rúa Alfredo Brañas, 27 – Santiago de Compostela).

🏃‍♀️🏃‍♂️O Concello e a #FEGADACE presentan a Carreira e Andaina Solidaria ‘Camiñando polo Dano Cerebral’ que terá lugar o vindeiro 19 de xuño🧠

🗓️ 19 XUÑ – 10:00
📍 Alameda e Campus Sur
+info e inscrición👉https://t.co/FZLne9TByo#PoloDanoCerebral pic.twitter.com/y8q5fGOhrJ

— Concello de Santiago (@PazodeRaxoi) June 8, 2022

Cos dorsais farase entrega dunha camiseta conmemorativa. Haberá avituallamento sólido e líquido para todas as persoas participantes ao seu paso pola liña de meta. Tanto a camiseta como o avituallamento entregaranse ás persoas participantes na carreira e ás que acoden á andaina.

Deporte e dano cerebral adquirido

A Federación Galega de Dano Cerebral xa organizou o ano pasado un Trail e Andaina Solidaria, e ten previsto promover máis actividades deportivas ao longo de 2022. A promoción duns hábitos de vida saudable é unha prioridade para FEGADACE, principalmente por dous motivos:

  1. A prevención do dano cerebral adquirido, xa que a práctica de exercicio, unha dieta equilibrada e, en definitiva, unha vida sa, axudan a evitar o ictus. Esta é a principal causa do dano cerebral, e conta entre os seus factores de risco coa obesidade, o sedentarismo, a diabetes ou o estrés.
  2. A prevención de situacións de dependencia, ou de que estas se agudicen, no caso das persoas con dano cerebral adquirido. Un bo ton físico axuda a manter a autonomía persoal e reforzar a autoestima.

Segue toda a información en #PoloDanoCerebral!

FEGADACE integra a diferentes asociacións

FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións galegas de dano cerebral: ADACECO (A Coruña), ADACE en Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Santiago). Xuntas representan algo máis de 2.000 familias.

O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido, unha discapacidade que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia e que está causada case sempre por un ictus (78% dos casos) ou por un traumatismo cranioencefálico provocado por un accidente de tráfico.

Etiquetas andainaatletismocarreiraDano CerebralEsther PedrosaFEGADACE
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.