O Poio Pescamar confirma a súa segunda renovación. Tras Ale de Paz, é agora a quenda da canaria Carolina Bravo Curbelo (Lanzarote, 06/02/2003) que tamén vestirá o vermello na tempada 2026-27.
Carolina Bravo Curbelo renova por dúas tempadas e, deste xeito, seguirá percorrendo a banda da Seca. A futbolista lanzaroteña ven de finalizar a súa primeira tempada nas filas do Poio Pescamar . E fíxoo como a máxima asistente da tempada. A deportistas vermella asinou 11 pases de gol sumando todas as competicións. Ademais anotou nove tantos e 20 apararicións directas na fabricación de goles. Entre os goles destacados están as dúas dianas que acadou nos partidos do playoff polo título de liga.
Ver esta publicación en Instagram
As estatísticas de Carolina Bravo Curbelo son:
- Convocatorias: 36
- Partidos xogados: 35
- Titularidades: 9
- Goles: 9
- Asistencias: 11
- Tarxetas amarelas: 3
- Tarxetas vermellas: 0
Ademais, tal e como lembran desde o Poio Pescamar, o pasado mes de febreiro Bravo volveu ser convocada pola Selección Española Sub-23 de fútbol sala.
Ver esta publicación en Instagram





















