• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Carmen Sánchez Parrondo ‘Menchu’ proclámase campioa de España de lanzamento de xavelina en Jaén

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/02/2024
en Atletismo, Máis Deporte
Carmen Sánchez Parrondo 'Menchu', campioa de España de xavelina, co seu adestrador Necho Fernández / CLUB LANZADORES CORUÑA

Carmen Sánchez Parrondo 'Menchu', campioa de España de xavelina, co seu adestrador Necho Fernández / CLUB LANZADORES CORUÑA

254
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

A atleta asturiana, fincada na Coruña desde fai máis dunha década, Carmen Sánchez Parrondo Menchu, proclamouse o pasado sábado 24 de febreiro en Jaén, Campioa de España Absoluta de janzamento de xavelina. A deportista acadaba o título no transcurso do Campionato de España de Lanzamentos Longos que se levou a cabo na localidade andaluza.

Este título estatal para a avilesina é un auténtico premio á constancia. Carmen Sánchez Parrondo Menchu adicase ao deporte desde que era unha nena. Esta atleta é Graduada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, e estableceuse na Coruña en 2015, para adestrar co ex xavalinista internacional coruñés Raimundo Fernández Necho, agora adestrador estatal, e director técnico do Club Lanzadores Coruña.

Carmen Sánchez Parrondo 'Menchu', campioa de España de xavelina / CLUB LANZADORES CORUÑA
Carmen Sánchez Parrondo ‘Menchu’, campioa de España de xavelina / CLUB LANZADORES CORUÑA

Tal e como contan desde o seu club “os inicios non foron fáciles, pois Carmen Sánchez Parrondo Menchu tivo que compatibilizar os seus adestramentos con longas xornadas de traballo desde que chegou á Coruña, apostando polo seu futuro deportivo e laboral nesta cidade. Pero ademais, Menchu arrastraba unhas molestias no seu ombreiro lanzador, que non a deixaban adestrar e competir con normalidade. As probas médicas iniciais non terminaban de acertar coa orixe do problema, pero o certo é que non conseguía achegarse ao seu mellor rexistro de 53,68 metros realizado en 2011, ata que por fin diagnosticóuselle unha lesión de SLAP no ombreiro, que a obrigaron a pasar polo quirófano en febreiro de 2017″.

Regreso á competición de Carmen Sánchez Parrondo

Tras unha dura e longa rehabilitación, en 2018 Carmen Sánchez Parrondo Menchu regresou á competición, superando de novo os 50 metros. Na Nucía 2019, xa conseguía proclamarse subcampioa de España, cunha nova mellor marca persoal de 53,78 metros.

“Posteriormente, outra lesión, esta vez na súa columna vertebral, puxo en perigo a súa continuidade no deporte de competición, sobre todo para unha disciplina tan explosiva e esixente para as costas como é o lanzamento de xavelina. Lonxe de renderse, esta galega de adopción, con sangue asturiano, continuou firme, reclamando menos trabas, apoio, e facilidades para poder seguir cos seus adestramentos na Coruña. Seguindo un concienzudo plan de readaptación, continuou subindo ano tras ano ao podium estatal absoluto, ata sumar nada menos que dez medallas (seis platas e catro bronces) no seu historial”, relatan desde o Club Lanzadores Coruña.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Necho Fernández (@necho_fernandez)

Tras 6 pratas e 4 bronces, por fin, chega o ouro para Menchu

Faltáballe a Menchu só o ouro, que estivo máis preto que nunca o ano pasado, cando tras unha brillante tempada, Carmen Sánchez Parrondo presentouse no Campionato de España de Torrent 2023 no seu mellor momento de forma. Alí, e a pesar de sufrir unha forte gastroenterite vírica na noite do venres, o sábado volveu mellorar o seu récord persoal ata 54,24 metros, que lle deron o subcampeonato.

“Así, tras sacarse o Máster en Educación en 2023, curso que aproveitou para facerse co título de Campioa de España Universitaria, a Tempada 2024 presentábase prometedora deportivamente para Menchu, pois reducira un pouco o seu horario laboral, para centrarse na preparación de oposicións a ensino secundario, deixándolle algo máis de tempo para os seus adestramentos, e sobre todo, con menos fatiga física para realizalos”, detallan desde o Club Lanzadores Coruña.

Desde entón só afrontou dúas competicións. Dunha parte o Campionato Galego de Lanzamentos Longos o 2 de febreiro en Lugo, onde conseguiu unha nova mellor marca persoal de 54,61 metros. E esta fin de semana o Campionato de España de Lanzamentos Longos en Jaén, onde Menchu foise ata 53,93 metros, que lle serviron para colgarse do pescozo o ansiado ouro, e que auguran maiores logros para todo o que aínda resta de Tempada.

Campionato de España de Lanzamentos Longos en Jaén dúas atletas máis do Club Lanzadores Coruña tomaron parte. Alí estiveron a xavalinista Paula Piñón Sureda, que ocupou finalmente o sexto lugar con 43,71 metros, e a discóbola María Ezquerro Fernández, que foi décima con 42,82 metros.

Neste mesmo concurso a cubana-galega Yulenmis Aguilar (que se atopa en trámites para a concesión da nacionalidade española) lograba un lanzamento de 63.90 m. que supoñen a mellor marca mundial do ano.

Etiquetas A CoruñaatletismoCarmen Sánchez ParrondoClub Lanzadores Coruña
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Gran Premio Cantones de marcha da Coruña 2021 / GP CANTONES

O G.P. Cantones de marcha contará cun novo circuíto e novas distancias

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

  A cidade da Coruña volverá situarse no epicentro mundial da marcha atlética coa celebración o vindeiro 23 de maio...

María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Dúas atletas galegas formarán parte da Selección Española no vindeiro Campionato de Europa de Trail e Mountain Running, que se...

Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  Galicia foi primeira no medalleiro grazas as cinco medallas obtidas polos atletas da nosa comunidade. Acadáronse en total 5...

Presentación do II Meeting Internacional de Ourense en Pista Curta / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Conta atrás para o II Meeting Internacional de Ourense

por Redacción As Nosas
20/02/2026
0

A cidade de Ourense volverá situarse no centro do atletismo internacional coa celebración do II Meeting Internacional de Ourense en...

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.