• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Carmen América: o soño dunha atleta cega que prepara a maratón da CAMOVI 2023

Carmen América: "Quero ir a por ese reto a morte" | A deportista do CA Sada xa competiu na pasada edición, pero nos 21km, acompañada polo seu guía Felipe López

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
18/09/2021
en Máis Deporte, Atletismo
Carmen América con Felipe López CEDIDACarmen América con Felipe López / CEDIDA

Carmen América con Felipe López CEDIDACarmen América con Felipe López / CEDIDA

312
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

No Club Atletismo Sada o deporte non ten fronteiras. Unha das súas atletas, Carmen América Gómez, depende dun guía para participar nas competicións, xa que é invidente de nacemento, pero isto non frea as súas aspiracións. A galega ten competido en tándem, maratóns e carreiras por montaña, e xa ten claro a súa seguinte gran cita marcada no calendario: a maratón da CAMOVI 2023.

Os inicios de Carmen América no deporte estiveron vinculados ao tándem, cando llo recomendou un compañeiro de traballo da ONCE. “Fíxenlle caso e bendito caso que lle fixen!”, recorda a galega, que explica que comezou a dar a volta a Galicia en tándem e chegou a participar en torneos nacionais. Pouco despois, probou os maratóns por asfalto, ata que no 2017 deu co CA Sada, cando o seu sobriño non puido guiala na media maratón da Coruña por unha lesión e Carmen precisaba outro guía.

Carmen América con Felipe López / CEDIDA
Carmen América con Felipe López / CEDIDA

A CAMOVI como reto

Desde entón, Carmen adestra con Moncho Muíños e adoita a competir con Felipe López como guía. Co paso dos anos, as súas prácticas centráronse na montaña, a súa modalidade predilecta. Neste mesmo mes de setembro, a atleta e o seu axudante debutaron en competición tras o confimanento, correndo os 21 km da popular CAMOVI de Viveiro.

Para Carmen América, poder competir nesta carreira “emocionalmente foi unha experiencia moi boa, unha sensación de liberdade de desafogo. Emocionante”, resume. A atleta non puido completar o circuíto no tempo establecido, pero rematou contenta coa súa actuación, cumprindo o obxectivo de retomar as competicións tras o parón provocado pola pandemia de COVID-19.

Ela mesma recorda como o maior reto a superar nesta edición da CAMOVI foi a costa do Penedo do Galo, un tramo complicado, pero que a galega foi quen de superar. “Podía estar máis adestrada, pero tamén foi importante superar este reto porque era importante para rematar a carreira”, recalca.

A corredora é tan afeccionada a esta carreira popular de Viveiro, que ten claro que o seu seguinte obxectivo é completar os 42 km. Carmen América e Felipe xa estaban preparando a maratón para a edición do 2020 antes de que a pandemia paralizara o mundo, polo que “me quedou a espiña cravada”. Non poder competir naquela ocasión é a motivación para preparar a do 2023: “Teño máis que decidido que quero facer a maratón da CAMOVI no 2023, porque así a podo adestrar con moito tempo de antelación”, sinala a atleta.

Carmen América: “Teño máis que decidido que quero facer a maratón da CAMOVI no 2023”

Este será o seu seguinte gran obxectivo. Para a presente tempada, Carmen América só pensa en “adestrar e frecuentar máis as saídas ao monte e tamén ir con máis guías ademais de Felipe e Moncho para ir integrándome no grupo do CAS e adestrar para rematar ben as carreiras nas que compito a nivel nacional por montaña”, pero sempre coa CAMOVI presente: “Quero ir a por ese reto a morte”.

Carmen América con Felipe López na CAMOVI / CEDIDA
Carmen América con Felipe López na CAMOVI / CEDIDA

Felipe describe á atleta da ONCE como “moi testadura” cando recorda como “hai dous ou tres anos metéuselle na cabeza que quería correr a maratón de Coruña, porque nunca correra un maratón de asfalto”. Desta forma, tras probar os 10 km e os 21 km, ambos chegaron a participar na maratón.

Carmen América con Felipe López na maratón da Coruña / CEDIDA
Carmen América con Felipe López na maratón da Coruña / CEDIDA

Co reto superado, e a afección compartida pola montaña, Felipe López recorda como acordaron preparar a CAMOVI do 2020, “pero veu o bicho e xusto antes tivémolo que deixar”. Despois do confinamento, a parella retomou os adestramentos cun novo desafío en mente, os 21 km da carreira de Viveiro.

“Chegamos a meta, pero esa proba tiña un tempo de 4 horas e nós fixémolo nun pouco máis. En principio debería quedar fóra do rexistro de entrada, pero a organización portouse con ela e lle deu moitísima repercusión e tratarona moi ben. Estivéronnos acompañando en todo momento para que todo saira ben”, explica o compañeiro.

A casualidade de chegar a ser guía

Para ser guía en atletismo non hai unha pauta marcada. Non existen escolas nin formacións, polo que é habitual que as persoas que acompañan a deportistas con discapacidade chegaran aí de casualidade.

Felipe López: “O CAS dentro do seu ideario sempre quixo buscar a maneira de axudar á sociedade”

É o caso de Felipe López, que adoita a competir ao carón de Carmen América. O atleta recorda que chegou a guía “un pouco por casualidade. O CAS dentro do seu ideario sempre quixo buscar a maneira de axudar á sociedade e entón pensamos e empezamos a facer convenios con distintas asociacións coa intención de que o deporte sexa unha mellora na calidade de vida da xente. Un dos convenios que asinamos foi coa ONCE que estaban buscando a deportistas que acompañaran a deportistas, porque eles non tiñan xente ou guías para facelo”. O club conta ademais coa colaboración da Obra Social La Caixa, que financia as viaxes e os salarios dalgúns adestradores.

Carmen América e o seu guía Felipe López / CEDIDA
Carmen América e o seu guía Felipe López / CEDIDA

A nivel persoal, o galego quixo “probar a ver que se sentía” e moi pronto afeccionouse a correr con Carmen. Co tempo, “empezamos a ser máis ambiciosos e de querer ir máis alá, a pensar noutras carreiras máis complicadas”.

Para Felipe, a maior satisfacción é “ver que ela cumpre os seus desexos”. O corredor entende que “para nós como persoas individuais sen ningún tipo de discapacidade, calquera reto é afrontable e elas, no caso de Carmen por exemplo, teñen a dificultade de que sempre precisan a axuda de alguén”. 

Felipe López: “Por capacidade física, Carmen pode facer calquera cousa que se lle poña por diante”

Neste sentido, o guía recoñece que o importante é “o feito de que ela poida levar adiante os seus soños e as súas ilusións, aínda que ás veces hai que baixala á terra porque se lle vai a cabeza enseguida, non mide as súas posibilidades, pero levándoa cun pouco de paciencia e con tino, por capacidade física pode facer calquera cousa que se lle poña por diante”. 

“A satisfacción é ver que ela desfruta como desfruto eu e que consigue facer cousas diferentes”, resume.

Como se prepara unha carreira adaptada?

A nivel adestramentos, no CA Sada existe un grupo no que “Carmen é unha máis”. O guía adestra pola súa conta, pero tamén coa atleta, tanto na pretempada como unha vez iniciado o curso.

“O adestrador vainos dicindo a parte xeral para todos de forma física, pero se despois queres facer media distancia fas un tipo de exercicios ou un tipo de carreiras. Agora só facemos dous días á semana e na fin de semana cando podemos quedamos no monte para facer algo máis de distancia, pero cando temos un obxectivo á vista xa afinamos un pouco dependendo do que nos interese”, expón Felipe.

E nas carreiras? Este deporte habitualmente individual pasa a ser en equipo. Carmen América explica que nas competicións, unha boa comunicación é vital: “O guia pregúntache os teus ritmos para correr, e despois é importante a comunicación entre guía e corredor da ONCE durante a carreira. Agora podemos apretar, podemos baixar nesta costa, ir dosificando…”.

Agora, todo o traballo irá enfocado á famosa CAMOVI e no 2023 poderase ver a unha Carmen América en plena forma competindo na maratón viveirense.

Carmen América con Felipe López / CEDIDA
Carmen América co CA Sada / CEDIDA
Etiquetas atletismoCAMOVICarmen AméricaCAS SadaClub Atletismo Sadadeporte adaptadoFelipe LópezSada
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

por Redacción As Nosas
28/07/2026
0

Grande actuación do atletismo galego no Campionato de España absoluto de atletismo celebrado en Málaga esta fin de semana. Galicia...

Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

As galegas Antía Chamosa e Aldara Meilán asinan a medalla de prata e a de bronce, respectivamente nos 10.000 metros...

Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

A  alcaldesa do Concello da Coruña, Inés Rey, avanzou hoxe os primeiros detalles da próxima C10, a carreira popular máis...

Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

A expedición galega de 37 atletas, asinou unha excelente actuación no Campionato de España Sub23, celebrado esta pasada fin de semana...

A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

Un total de 38 atletas de Galicia vanse desprazar esta fin de semana ata a Cidade Deportiva da Xunta de...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.