• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net Contido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

Carlos Loureiro: «Toca plasmar na pista que o Liceo pode ter equipo na OK Liga e, como o masculino, pelexar contra todos os rivais»

"María Sanjurjo ten que ser un emblema do club", sinala o adestrador do conxunto verdibranco

Silvia Carregal por Silvia Carregal
05/11/2021
en Máis Deporte, Hoquei, Sobre rodas
Carlos Loureiro, adestrador / HC DEPORTIVO LICEO

Carlos Loureiro, adestrador / HC DEPORTIVO LICEO

207
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Tras asinar o pasado curso o ascenso o técnico galego Carlos Loureiro mantense ao fronte do banco do Hockey Club Deportivo Liceo. Este ano ten quince xogadoras ás súas ordes. Varias son internacionais coas súas Seleccións. Ao bloque do ano pasado súmaselle a volta a casa da coruñesa María Sanjurjo.  A patinadora deixa o Telecable Gijón e regresa ao club logo de anos xogando fóra de Galicia para manterse na elite do hoquei a patíns español. A internacional e gañadora dun mundial con España, formouse no Dominicos e logo xogou no Liceo.

Son moitas as esperanzas postas neste equipo. Toca agora, como apunta o técnico do conxunto coruñés, demostrar na pista que están aquí para quedar e chegar ao máis alto. O Hockey Club Deportivo Liceo retorna á OK Liga sen complexos e disposto a todo. Os vimbios, sen lugar a dúbidas, son moi bos. As ganas, tamén son moitas, no club e na afección verdibranca.

A bóla comeza a rodar mañá sábado 6 de novembro e será nunha cancha que é un templo do hoquei a patíns galegos: o Pazo dos Deportes de Riazor da Coruña. Unha pista que acolleu mundiais, competicións europeas como a CERS, que foi escenario de grandes xestas do equipo masculino liceísta e que agora recibe ás féminas coas mesmas ganas de sumar trofeos e gloria.

Carlos Loureiro, adestrador, dando instruccións ás xogadoras liceístas desde o banco / HC DEPORTIVO LICEO
Carlos Loureiro, adestrador, dando instruccións ás xogadoras liceístas desde o banco / HC DEPORTIVO LICEO

AS NOSAS: A primeira pregunta é case obrigada. Misión cumplida co ascenso, pero agora empeza o bo para o HC Deportivo Liceo!

CARLOS LOUREIRO: Por fin conseguese o ansiado ascenso! Era o noso obxectivo principal a pasada tempada. Agora toca plasmar na pista que o HC Liceo pode ter equipo en OK Liga e que, como no masculino, pode pelexar contra todos os rivais posibles.

AS NOSAS: Reforzouse bastante o bloque para afrontar a competición este ano, non si?

CARLOS LOUREIRO: Fixemos varias fichaxes. María Sanjurjo, e outras internacionais como Adriana Soto, de Arxentina, a renovación de Bea Gaete, de Chile, Viki Caretta, que é porteira internacional con Italia. Tamén se suman Lucía e Lara Yáñez, que estaban no Borbolla, e Alba Garrote que ven de Cuencas Mineras.

Carlos Loureiro: «As fichaxes permitirannos axustar as situacións de partido»

💬 Declaracións de CARLOS LOUREIRO, técnico do #DeportivoLiceo, na previa do regreso á OK Liga Feminina.

🔗 ENTRADAS Á VENDA: https://t.co/s7H7jnsByG#TodoÓVerde pic.twitter.com/n7yHyzMsO8

— Hockey Club Liceo Feminino (@HCLiceoFem) November 5, 2021

AS NOSAS: En que considerades que van enriquecer ao bloque estas fichaxes que se realizaron para o curso 2021-22?

CARLOS LOUREIRO: Son fichaxes de moita experiencia con Europeos, Panamericanos ou Mundiais ás súas costas, apórtannos moita variedade táctica. Son xogadoras de características moi diferentes e iso vainos permitir axustar moi ben cada situación de partido e frontala o mellor posible

AS NOSAS: Entendo que contar cunha patinadora como María Sanjurjo é un luxo para o club liceísta, para a cidade e unha alegría enorme para ela persoal e profesionalmente ao poder volver xogar na casa, é así?

CARLOS LOUREIRO: Desde que ascendimos unha das ideas era, dentro das fichaxes que podíamos facer, que volvera María Sanjurjo ao equipo. Era moi importante para todas as partes. Para ela por que ten que ser un emblema do club. Saíu moi nova, era o que tiña que facer nese momento. Agora estamos moi contentos coa súa volta. Visibiliza que calquera rapaza que veña por abaixo pode chegar ao máximo nivel. Vainos aportar moitísimo.

Carlos Loureiro fala das novas incorporacións do equipo verdibranco: «Son fichaxes de moita experiencia con Europeos, Panamericanos ou Mundiais ás súas costas, apórtannos moita variedade táctica. Son xogadoras de características moi diferentes e iso vainos permitir axustar moi ben cada situación de partido e frontala o mellor posible»

AS NOSAS: Que che gustaría que definise o xogo verdibranco esta tempada 2021-22 na OK Liga?

CARLOS LOUREIRO: Eu pedinlles que desfruten moito da experiencia. Creo que así será máis sinxelo obter resultados. É un equipo con experiencia, iso pode ser un problema se hai moita presión ao xogar.

Pídolles moitísima intensidade. Cada bóla que pelexemos ten que loitarse como se fose a última. En ningún momento podemos estar desconectadas, iso pódenos custar un disgusto nos partidos.

Carlos Loureiro: «Pídolles moitísima intensidade, pelexar cada bóla como se fose a última e que desfruten da experiencia»

AS NOSAS: Desde cando levades adestrando para preparar este retorno á elite?

CARLOS LOUREIRO: Comezamos a adestrar a mediados de agosto xa que tiñamos dous partidos previstos en Portugal de antes de coñecer o inicio da competición. Logo desconectamos dúas semanas. Volvimos a finais do mes de setembro. Agora xa nos tardaba en chegar o día de inicio da competición

AS NOSAS: Que rivais consideras que son, sobre o paple, os máis fortes nesta OK Liga 2021-22?

CARLOS LOUREIRO: Os catro primeiros do ano pasado: Palau, Manlleu, Telecable, Cerdanyola están a bo nivel. Pero temos opcións de xogarlle de ti a ti a calquera. A ver o inicio como se nos da xa que temos de arranque a varios de estes equipos. Esperemos que saiamos a diante o mellor posible neste inicio de competición.

O corpo técnico do HC Liceo está encabezado por Carlos Loureiro / HC DEPORTIVO LICEO
Imaxe de arquivo do curso pasado no que o corpo técnico do HC Liceo xa estaba encabezado por Carlos Loureiro / HC DEPORTIVO LICEO

Carlos Loureiro: «A ver como se nos dá o inicio de competición xa que xogamos con Palau, Manlleu, Telecable e Cerdanyola. Esperemos saír adiante o mellor posible neste arranque»

A.N.: A cales considerarías, tamén sobre o papel, os máis asequibles para poder sumar ante elas?

C.L.: Non hai ningún asequible (ri). Imos ter que sufrir para gañar calquera partido. Eso non quere dicir que ao final chegamos a algún que gañemos fácil, pero haberá que ir aos poucos.

AS NOSAS: Xogar e adestrar no Pazo dos Deportes de Riazor na Coruña, ademais de aparellar as condicións dos equipos masculino e feminino agora que os dous militan na OK Liga, presumo que suporá un premio e un aliciente para as xogadoras que adestras?

C.L.: Riazor é unha pista que se vai facer moi compricada para calquera rival. Creo que imos aproveitar moitisimo ese factor pista.

Carlos Loureiro: «Riazor é unha pista que se vai facer moi compricada para calquera rival. Creo que imos aproveitar moitisimo ese factor pista»

AS NOSAS: Tes un bloque de xogadoras amplo, pero contas con algunha ausencia para este primeiro partido por lesión?

CARLOS LOUREIRO: Teño a todas disponibles nesta semana. Temos unha plantilla moi longa. Tócame descartar a catro por semana ao facer a convocatoria. Escollín ás dez que mellor o poden facer esta fin de semana.

Etiquetas A CoruñaCarlos LoureiroHC Deportivo LiceohoqueiRiazor
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas Publicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Selección Española, campioa do mundo de hoquei a patins feminino nos World Skate Games con María Sanjurjo nas súas filas / FEP

María Sanjurjo repite como campioa do mundo de hoquei a patíns coa Selección Española

por Redacción As Nosas
11/10/2026
0

A Selección Española feminina de hoquei a patíns proclámase campioa do mundo coa galega María Sanjurjo nas súas filas. Con...

Imaxe de arquivo do programa Coruña en Forma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello converte a cidade nun ximnasio ao aire libre cunha nova edición de “Coruña en forma”

por Redacción As Nosas
27/06/2026
0

A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa...

Gala da AFAC en Riazor / CONCELLO DA CORUÑA

Un milleiro de futbolistas de base celebran o remate da tempada 2025/2026 na Gala da AFAC

por Redacción As Nosas
25/06/2026
0

O Palacio Municipal dos Deportes de Riazor acolleu esta tarde a gala de entrega de trofeos das competicións de fútbol-8...

Cea do Deporte da Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Cea do Deporte da Coruña recoñece a 15 deportistas e entidades polos seus éxitos e traxectoria

por Redacción As Nosas
29/05/2026
0

ExpoCoruña acolleu esta noite a Cea do Deporte que organiza o Concello da Coruña. Esta tradicional celebración foi recuperada no...

A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

por Redacción As Nosas
13/05/2026
0

  A xogadora coruñesa María Sanjurjo vén de proclamarase campioa de Europa defendendo a elástica doCP Esneca Fraga. É a...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade KIA - Corgal Automóviles - Publicidade
Plugin Install : Widget Tab Post needs JNews - View Counter to be installed
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Baxi Ferrol no encontro fronte o Pozuelo / BAXI FERROL

O Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi acadan sendos triunfos na novena xornada da Liga Feminina 2 de Baloncesto

0
CRAT Residencia Rialta contra o CR Olímpico de Pozuelo na 6 xornada de liga

O CRAT segue invicto e axexa os postos de ‘play off’

0
Falas Dépor / RCD

‘Falas Dépor’, unha serie de conversas arredor dun RC Deportivo que é moito máis que fútbol

13/11/2026
Podio da proba do Superprestixio Ciclocross no Porriño / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Rebeca Fontela e Néstor Frías asaltan o Superprestixio na dobre xornada vivida esta fin de semana no Rosal e no Porriño

10/11/2026
Minuto de silencio en memoria de María del Carmen Díaz, socia nº 49 do RCD, e Jesús de Miguel, futbolista do CD Tenerife, antes da disputa do partido Dépor ABANCA vs Valencia CF Femenino, Liga F, partido disputado no Estadio ABANCA - Riazor / S.M.

Infortunio para o Dépor ABANCA que non atina co gol e acaba derrotado en Riazor ante un Valencia que colle folgos (0-2)

10/11/2026
A Carreira Popular San Martiño celebrase en Ourense / FGA

Máis de 11.000 participantes na Carreira Popular do San Martiño en Ourense

09/11/2026
Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas Contacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.