• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

Carlos Loureiro: “Oxalá os dous equipos da Coruña esteamos o vindeiro ano na Ok Liga, pero o domingo quero gañar”

O adestrador do HC Deportivo Liceo asegura que pode gañar calquera, por suposto, quere que venza o conxunto que prepara, pero do que di non ter dúbidas é "de que ser á un partido moi bonito para ver"

Silvia Carregal por Silvia Carregal
24/04/2021
en Máis Deporte, Hoquei, Sobre rodas
Carlos Loureiro, adestrador / HC DEPORTIVO LICEO

Carlos Loureiro, adestrador / HC DEPORTIVO LICEO

413
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Esta fin de semana “quero gañar aínda que sexa inxustamente”. Pero ao final da tempada, “oxalá esteamos os dous na Ok Liga”. O que fala é Carlos Loureiro, adestrador do HC Deportivo Liceo que mañá, domingo 25 de abril, enfróntese ao HC Borbolla nun duelo herculino con moita rivalidade. Este curso as liceístas volven atacar o seu retorno á elite do hoquei sobre patíns feminino español. Alí queren tamén estar as coruñesas ás que se enfrontan.

HC Liceo Ok Liga Prata 2021 / HC LICEO TW
HC Liceo Ok Liga Prata 2021 / HC LICEO TW

Esta fin de semana toca derbi e xa se sabe que na Coruña esta modalidade conta cun sinfín de seareiras e os duelos locais vívense cunha intensidade máxima. Pódese asegurar que haberá motísima rivalidade, e que aínda que sexa competitividade da boa, fará subir a adrenalina.

O tecnico das verdibrancas non sabe se as tomatitas de Monte Alto (que teñen partido o día antes na Ok Liga) se gardarán as súas xogadoras de Prata para afrontar este duelo herculino, pero estean na cancha ou non, o preparador do HC Deportivo Liceo cre que a súa mente non estará ao cento por cento no partido co CP Vilanova e si no derbi. “Non sei se reservarán xogadoras no partido de Ok Liga para o partido contra nós na Ok Liga Prata, pero teño claro que a súa cabeza estará no partido do domingo”.

E seguramente o entrenador coruñés non vai desencaminado, por que o partido no que as de Santi Martínez se xogan realmente a vida é no duelo de rivalidade local coas liceístas.

Carlos Loureiro ten ben estudiado ao HC Borbolla e do seu rival desta fin de semana di que conta “cunhas xogadoras que teñen medrado moito este ano xogando na Ok Liga. Se miramos os seus partidos na máxima categoría non teñen case goleadas. As xogadoras galegas colleron moitísima experiencia. Nótaselles moito máis asentadas. Creo que o problema do HC Borbolla neste curso na Ok Liga foron esos primeiros partidos de adaptación. O salto das xogadoras de autonómica a estatal nótao calquera. Se non fose por iso, estou convencido de que se tiñan salvado”.

Gatikako Iusturi vs Deportivo Liceo / GATIKAKO IUSTURI FB
Imaxe de arquivo do partido do Deportivo Liceo contra do Gatikako Iusturi / GATIKAKO IUSTURI FB

O xogo do HC Deportivo Liceo está baseado unha zaga forte e segura, así como un hoquei elaborado nas xogadas de ataque. “Defensivamente somos moi fortes”, di Carlos Loureiro. “Temos a portaría moi ben cuberta e custa facernos ocasións. Logo gústanos optar polo xogo combinativo. Contar cunha boa gardameta é fundamental. O hoquei a patíns é un deporte onde é doado marcar goles, polo que se tes unha cancerbeira que sabes que vai responder é importantísimo”.

Consultado polo seu prognóstico para o resultado do derbi coruñés de hoquei, o adestrador do conxunto liceísta, non se atreve a dar un resultado, pero si traslada un desexo a xeito de brincadeira: “Eu o domingo quero gañar aínda que sexa inxustamente”, bromea. Polo que si aposta Carlos Loureiro, é “por que os dous equipos da Coruña esteamos o vindeiro ano na Ok Liga. Confío no ascenso dos dous”.

Para Galicia sería xenial ter dous equipos na Ok Liga”, di o técnico liceísta

O adestrador local confía e espera que o seu rival desta fin de semana acompañe ao seu equipo no ascenso á máxima categoría do deporte, un xesto que lle honra e que manifesta coa mira posta no futuro do hoquei sobre patíns feminino en Galicia.

“Considero que temos posibilidades de ascender os dous equipos. Tanto o HC Borbolla, coma nós, non temos nada que envexarlle aos dous equipos de Madrid. Calquera de nós os dous podemos ascender. Para Galicia sería xenial contar con dous equipos na máxima categoría”. E no que atinxe á economía e a loxística dos clubs, como apunta o técnico “sería un desprazamento menos”.

Carlos Loureiro, adestrador, dando instruccións ás xogadoras liceístas desde o banco / HC DEPORTIVO LICEO
Carlos Loureiro, adestrador, dando instruccións ás xogadoras liceístas desde o banco / HC DEPORTIVO LICEO

Pero onde máis pon o acento Loureiro é que sería unha moi boa “ocasión de que saian novas rapazas da canteira”. O entrenador do HC Deportivo Liceo asegura que “o HC Borbolla demostrou este ano na Ok Liga que hai canteira. Tiveron mala sorte”, pero di que é “necesario que as xogadoras máis novas vexan que poden saír e subir de categoría, como pasou hai anos co hoquei masculino. Agora detectamos que hai moita demanda de xogar ao hoquei sobre patíns entre as rapazas”.

Das palabras do adestrador liceísta pódese inferir que se cadra estamos nun punto de inflexión no hoquei rodado galego feminino. Un deses momentos que adoitan ser cruciais para o despegue dunha modalidade entre dunha xeración de deportistas nun ámbito concreto, neste caso: Galicia.

Carlos Loureiro: “O noso obxectivo é ascender”

Coa mirada máis aló do partido desta fin de semana o preparador das coruñesas do HC Deportivo Liceo, explica que o ascenso “é o obxectivo que se nos marcou deste o comezo. Sabemos que vai ser complicado pero a meta é esa. O club deunos todos os recursos que precisásemos. Agora tócanos a nós cumplir”, di con rotundidade e sen escapar da responsabilidade que se infiren das súas verbas.

HC Deportivo Liceo, nunha sesión de vídeo dirixida por Carlos Loureiro, entrenador / HC DEPORTIVO LICEO
HC Deportivo Liceo, nunha sesión de vídeo dirixida por Carlos Loureiro, entrenador / HC DEPORTIVO LICEO

Na súa análise das posibilidades de subir á Ok Liga feminina desde a categoría de prata, Carlos Loureiro argumenta: “Nesta campaña estamos catro equipos moi igualados: CP Alcorcón, CP Las Rozas, HC Borbolla e nós”.

De volta coa mirada no duelo coruñés desta fin de semana, o entrenador do HC Deportivo Liceo apunta que, se a esa igualdade de capacidades de xogo e plantillas, “lle sumas que este partido é un derbi, a igualadade medra”.

Para o adestrador do conxunto verdibranco o duelo desta fin de semana é “un deses partidos que se xogásemos un tras outro, en bucle, en cada ocasión podería gañar un equipo distinto. O que non teño dúbida é que ser á un partido moi bonito para ver”, vaticina o preparador das galegas.

Para aquelas persoas que non teñan a sorte de poder ser unha das 60 afortunadas que presentaciarán ese partido en vivo, velaí unha solución vía streaming da man de Hockey Global.

✅ STREAMING | O #DeportivoLiceo 🆚 @HockeyCBorbolla será retransmitido en directo por @hockeyglobal.

📆 Domingo 25, 18:00h.#OKPlataF pic.twitter.com/WaY4d7dtwY

— Hockey Club Liceo (@HockeyclubLICEO) April 22, 2021

Derbi no hoquei coruñés entre Liceo e Borbolla

Santi Martínez: “Os partidos co Liceo son sempre moi intensos e con moita rivalidade, sá, pero rivalidade”

Etiquetas Carlos LoureiroHC BorbolaHC Deportivo LiceohoqueiOK LigaOk Liga Prata
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

HC Coruña vs CP Vila-Sana / MANU BOUTUREIRA

O CP Vila-Sana imponse ao HC Coruña 1-4 deixando claro por que son as millores do mundo

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

Non tuvo moito chance o HC Coruña diante dun imparable CP Vila-Sana Coop D’Ivars que se impuxo ás galegas por...

Partido do HC Coruña disputado en Riazor contra o CP Las Rozas / MANU BOUTUREIRA

O ‘Tourmalet’ comeza en Riazor para o HC Coruña que se mide ao CP Vila-Sana Coop D’Ivars

por Redacción As Nosas
06/12/2025
0

O HC Coruña volve ao Palacio dos Deportes de Riazor para enfrontarse esta fin de semana ao CP Vila-Sana Coop...

RESA Hockey Cambre vs Hockey Club Raxoi / HOCKEY CAMBRE IG

Emoción e contrastes para os clubs galegos da OK Liga prata feminina na xornada 9.ª

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

A novena xornada deixou resultados moi dispares na OK Liga Prata Femenina. O Berenguela non puido pasar do empate ante...

O HC Coruña fronte o PHC Sant Cugat / MANU BOUTUREIRA - HC CORUÑA

O HC Coruña visita á pista do PHC Sant Cugat buscando repetir triunfo

por Redacción As Nosas
31/10/2025
0

  O conxunto do HC Coruña visita a pista do Oxigen PHC Sant Cugat coa moral alta logo de acadar...

CH Coruña vs CP Mieres / MANU BOUTUREIRA

Estrea de vitorias do HC Coruña ante un rival directo como CP Mieres e con goleada (4-0)

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

O HC Coruña estréase cunha vitoria sólida diante o CP Mieres (4-0) O HC Coruña e o ENE Oposiciones CP...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.