• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Carlos Cantero: “Temos unha motivación e unhas ganas incribles de xogar”

O Ensino enfrontarase ao Valencia no primeiro partido dos 'play-offs' polo título de campioas da LF Endesa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/03/2021
en Liga Feminina Endesa, Baloncesto
Carlos Cantero, adestrador do Ensino / CARLOS CANTERO IG

Carlos Cantero, adestrador do Ensino / CARLOS CANTERO IG

221
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Durán Maquinaria Ensino de Cantero inicia esta semana o camiño polo título de campioas da Liga Feminina Endesa e o fará nun partido no que se respira a rivalidade. As lucenses recibirán ao Valencia Basket o xoves, 1 de marzo, ás 19:00 horas (Teledeporte).

Este é un encontro moi esperado nas filas lucenses e o seu adestrador, Carlos Cantero, admite que “temos unha motivación e unhas ganas incribles de xogar o partido pero conscientes da dificultade”, xa que considera que as taronjas son o favorito do play-off.

Carlos Cantero, admite: “temos unha motivación e unhas ganas incribles de xogar o partido pero conscientes da dificultade”

Con 59 puntos á fin da primeira fase, o Valencia Basket  quedou segundo sendo o equipo en mellor momento, cunha racha de 17 vitorias consecutivas. Pola súa banda, o Durán Maquinaria Ensino pasou ao play-off como sétimo clasificado, cun balance de 15 vitorias, e 15 derrotas e 45 puntos.

Como vencer ao Valencia segundo Cantero

O Durán Maquinaria Ensino coñece xa ao Valencia Basket de preto e ten fresco na memoria o encontro de volta da competición regular. Neste partido, as lucenses foron superiores na primeira metade, perdendo enerxía nunha segunda parte marcada, segundo o adestrador, pola arbitraxe. Con esta derrota aínda a flor de pel, a motivación é extra para a ida de cuartos.

Porén, malia que o seu equipo foi superior nos primeiros 20 minutos da ida e a volta de liga, Carlos Cantero considera que aínda non lle ten collida a medida ás laranxas. O que si ten claro é que, para evitar que o Valencia Basket  faga dano, será clave “evitar un ritmo alto de xogo e evitar que corran”.

O adestrador do Durán Maquinaria Ensino considera que de cara a esta parte da copmetición deben mellorar “o tema de perdas de balón en ataque, e non deixalas correr cómodas en defensa”

Non hai mellor forma de aprender que da experiencia, e en base a enfrontamentos anteriores, o técnico considera que deben mellorar “o tema de perdas de balón en ataque, e non deixalas correr cómodas en defensa”.

No relativo ao formato da competición, Carlos Cantero considera que “todo é favorable para o equipo favorito. Independentemente de que sexa ao mellor de dous ou tres partidos e con average sempre está feito para que ao final sexa o favorito o que pase. Aínda así está ben que o primeiro partido sexa na casa e poidamos competir ao máximo para ver que pasa no segundo”.

Ensino vs Valencia / ENSINO TW
Ensino vs Valencia / ENSINO TW

A motivación como clave para o Ensino

Para este encontro, o adestrador das galegas, Carlos Canterom terá a todas as xogadoras do equipo á súa disposición, xa que Merritt Hempe volverá previsiblemente ás pistas. Segundo declara o técnico, a xogadora contará xa con minutos neste partido, aínda que ten pendente retomar o contacto nos adestramentos. Malia estar entre algodóns, Carlos Cantero conta con ela “porque é un partido de play-off e porque queda moi pouco xa”.

Carlos Cantero explica que se vai contar con Merritt Hempe: “porque é un partido de play-off e porque queda moi pouco xa”

En xeral, o plantel do Durán Maquinaria Ensino chega “canso, pero mentalmente ben, sabendo que nestes partidos o tema mental supera ao tema de pernas e lesións e con moitas ganas por xogalo”. Entre as súas xogadoras, do último partido ante o Quesos El Pastor destaca a Marta Blanco sobre a que se declara “consciente de que ela pode rendir así e moi contento da súa mellora ao longo da tempada”.

Precisamente neste último encontro fixeron algunhas probas “para ver como se axustaban elas de cara a plantexar cousas novas agora no play-off“, e admite que “seguramente volvamos a xogar con Bea Sánchez de 5″.

Etiquetas baloncestobasketCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLF EndesaLiga Femenina EndesaLiga Feminina EndesaLugoValencia Basket
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Presentación do Games Series Galicia en Lugo / XUNTA DE GALICIA

Lugo acolle o domingo o Circuíto Games Series Galicia

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

O circuíto Games Series Galicia desenvolverase nas pistas de atletismo Gregorio Perez Rivera da capital lucense o vindeiro domingo, 12...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.