A Liga Feminina Endesa non para no Nadal. Así que as galegas do Durán Maquinaria Ensino que adestra Carlos Cantero, compiten neste arranque do 2021. E o farán ademais contra un rival dos osos duros de roer, o Lointek Gernika Bizkaia, que ocupa a quinta posición. A cita desta 19 ª xornada da Liga Endesa está fixada para o domingo 3 de xaneiro ás 18:00 horas no Pazo dos Deportes de Lugo.
Para o partido, Carlos Cantero ten a case todas as súas xogadoras disponibles e listas para afrontar o primeiro reto deportivo do ano 2021. So faltará á cita a baloncestista gaditana Bea Sánchez que, como apuntao adestrador das lucenses “aínda non está a adestrar co equipo e está pendente de probas médicas para ver a súa evolución”.
O adestrador do Ensino, Carlos Cantero sostén: “O equipo vén ben coa vitoria na proba con Guipúzcoa que nos ten reforzado a moral”
O Durán Maquinaria Ensino chega ao partido desta 19ª xornada liguera co amoral alta. Explicaba Cantero en rolda de prensa que o “equipo vén ben coa vitoria na proba con Guipúzcoa que nos ten reforzado a moral. Afrontamos este partido coa mentalidade de que é un encontro complicado contra dun rival dos da parte alta da táboa”.
Carlos Cantero, entrenador do Durán Maquinaria Ensino: “Afrontamos este partido coa mentalidade de que é un encontro complicado contra dun rival dos da parte alta da táboa”
Carlos Cantero: “Hai que estar concentradas en defensa”
Consultado sobre os puntos febles do equipo de Bizkaia, o preparador do Durán Maquinaria Ensino destaca que, na súa opinión un sería “o seu xogo interior. Non o están a ter tan constante e sólido como esperaban. Por aí pódeselles atacar un pouco”. Así e todo, Cantero avisa que haberá que estar “moi concentradas en defensa, non cedendo puntos nin en transición, nin en bloqueo directo”.
Técnico do Ensino salienta como debilidade do Lointek Gernika Bizkaia: “O seu xogo interior. Non o están a ter tan constante e sólido como esperaban. Por aí pódeselles atacar un pouco”
Botando a vista atrás para aprender dos erros que o club galego puidera ter cometido no cruce da primeira volta (no que perderon 84-62), o preparador do bloque considera que o Ensino ten que mellorar “principalmente, nas canastras doadas, situacións de pick and roll, transicións ofensivas e contraataques”.
Preguntóuselle tamén o ao técnico do Durán Maquinaria Ensino pola adaptación da servia Nina Bogicevic . O preparador do conxunto lucense apunta que “nos adestrmentos, Nina está amosando unha calidade ofensiva bastante boa. Ten exercicios de tiro con moi boas porcentaxes”. Con todo, matiza que a xogadora do Ensino “ten aínda que se acoplar aos conceptos defensivos do equipo e así irá aportando máis”, baticina o adestrador.
Carlos Cantero, adestrador do Durán Maquinaria Ensino: “Xogar en Nadal é fastidioso, sobre todo para as xogadoras”
Que a Liga Feminina Endesa non pare nas tradicionais festas de Nadal, non poder contar cun dos descansos habituais na tempada de xogo, a o adestrador das galegas non lle gusta. “É malo”, di Cantero ao tempo que argumenta que “é un pouco fastidioso ter Liga en Nadal. Sobre todo para as xogadoras”, explica.
Con todo, na entidade deportiva lucense non perden as ganas de felicitar as festas de Nadal ao seu número 1: a afección que acude ao Pazo dos Deportes.
A este 2️⃣0️⃣2️⃣1️⃣ le pedimos seguir con la misma ilusión de siempre pero con el calor de nuestra afición, nuestro número 1️⃣.
Bo Nadal ☃️🥰#SomosEnsino #NadalEnsino #AnoNuevo pic.twitter.com/1dwGiRTvAK
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) December 31, 2020
Para este cruce, contra do Lointek Gernika Bizkaia, as restriccións por mor da pandemia de COVID-19 permiten que o Ensino reciba afeccionadas de toda a provincia de Lugo.