Cara e cruz para o Durán Maquinaria Ensino Lugo e Baxi Ferrol nesta segunda xornada da Liga Femenina Endesa. As lucenses venceron no partido que abriu a xornada e as ferrolás perderon no encontro que a pechou.
O Durán Maquinaria Ensino Lugo estreábase en casa con vitoria nun igualado duelo diante o recentemente ascendido Ingeniería Ambiental CAB Estepona que aínda non coñece o que é gañar na máxima competición do baloncesto feminino.
Ver esta publicación en Instagram
Mentres, o Baxi Ferrol non conseguía superar a domicilio ao Spar Girona caendo derrotadas as xogadoras que adestra Lino López por un claro 93-62,
O Ensino celebra o Domingo das mozas co 1.º triunfo na LF Endesa 25-26
O Durán Maquinaria Ensino e o Ingeniería Ambiental CAB Estepona abriron a segunda xornada da Liga Feminina Endesa. Ambos os dous equipos buscaban a primeira vitoria da tempada e foron as galegas do Durán Maquinaria Ensino as que o lograron. O Pazo Provincial dos Deportes acolleu un duelo de máxima categoría, igualado ata o final.
Non foi ata o último cuarto cando as xogadoras que adestra o técnico Suso Garrido puideron afastarse do marcador. Jessica Fequiere foi a máxima anotadora das locais con 21 puntos xunto a Lydia Giomi con 16 puntos.
Feliz domingo DAS MOZAS‼️‼️‼️ pic.twitter.com/oadGjcHDmc
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 12, 2025
Con esta vitoria o equipo da Cidade da Muralla colócase no posto 9.º na táboa clasificatoria da Liga Femenina Endesa cun partido gañado e outro perdido xa que na primeira xornada caían derrotadas por 83-69 diante do Casademont Zaragoza no feudo das mañas.
⏰FINAL FINAL FINAL NO PAZO‼️‼️‼️
TEMOS A PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA ✅
🏆 Jornada 2 #LFEndesa@EnsinoLugoCB 8️⃣7️⃣@CABESTEPONA 8️⃣0️⃣#VamosEnsino pic.twitter.com/zoJWpxPast
— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) October 11, 2025
FICHA TÉCNICA
87) DURÁN MAQUINARIA ENSINO: (27-12-23-25): Orsili (0), Flórez (12), Tate (4), Garfella (10) y Giomi (16) -quinteto inicial-, Van Schaik (0), López (-), Bosch (10), Haidara (14) e Fequiere (21).
80: INGENIERÍA AMBIENTAL CAB ESTEPONA: (21-28-13-18): Gretter (10), Gea (2), Conner (26), Muhate (7) y Koné (18) -quinteto inicial-, Dongue (12), Masiá (2), Ortega (3), Garrick (0) e Aijanen (0).
PARCIAIS: 27-21, 12-28, 23-13 e 25-18.
EQUIPO ARBITRAL: Ángel Antonio Albacete Chamón, Jordi Domingo Vilalta e Israel Chacón Blázquez.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada da Liga Femenina Endesa disputado no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo.
Primeira derrota do Baxi Ferrol en Liga nesta tempada
O broche final da xornada 2.ª púxoo o partido entre o Spar Girona e o Baxi Ferrol. As galegas pelexaron ata o descanso pero o conxunto que adestra Roberto Íñiguez aumentaron a intensidade na posesión colocándose máis de vinte puntos arriba. Coulibaly foi a máxima anotadora con 26 puntos e MVP da xornada con 33 de VAL.
Posiblemente o desgaste despois de xogar a Eurocup pasoulles factura ás ferrolás. Aguantou o tirón o Baxi Ferrol vivo ata o descanso, aínda que xa no primeiro cuarto sufría un 29-17. Aguantou o segundo chegando á metade do partido cun 51-39, pero os dous últimos períodos foron para as locais (71-50 ao final do terceiro cuarto e 93-62 ao término do encontro.
🗣️ La valoració de la Jocyte pic.twitter.com/wULGklSPWJ
— Spar Girona (@unigirona) October 12, 2025
A bo seguro que as ferrolás teñen xa na mente o partido do mércores contra as 20:15 na Malata, cando recibirán ao Benfica portugués na Eurocup.
FICHA TÉCNICA
93) SPAR GIRONA: Verónica Jocyte (15), Klara Holm (6), Laura Quevedo (8), Carolina Guerrero (5) y Marian Coulibaly (26) – quinteto inicial -. Marta Canella (2), Laeticia Amihere (12), María Pendande (6), Arica Carter (7), Ainhoa López (6) e Berta Ribas.
62) BAXI FERROL: Alba Sánchez-Ramos, Karka Erjavic (4), Katrolina Sotolová (12), Dalayah Daniels (12), Ine Joris (6) – quinteto inicial -. Blanca Millán (9), Claire Melia (4), Elena Rodríguez e Moira Joiner (15)
PARCIAIS: 29-17, 22-22, 20-11 e 22-12.
EQUIPO ARBITRAL: Jorge Baena Criado, Pol Franquesa Vázquez e Alejandro Calvo Aceña.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á segunda xornada da Liga Femenina Endesa disputado no Pavelló Municipal Girona Fontajau de Girona.
Ver esta publicación en Instagram
RESULTADOS DA XORNADA 2.ª DA LIGA FEMENINA ENDESA
- Durán Maquinaria Ensino – Ing. Ambiental CAB Estepona (87-80) | MVP: M. Conner 25 VAL
- Movistar Estudiantes – C. Joventut Badelona (90-97) | MVP: A. Sivka 31 VAL
- Perfumerías Avenida – Cadí la Seu (69-57) | MVP: Iyana Martín 14 VAL
- Kutxabank Araski – Lointek Gernika Bizkaia (58-55) | MVP: Bessoir 17 VAL
- Valencia Basket – IDK Euskotren (69-54) | MVP: Awa Fam 26 VAL
- SPAR Gran Canaria – Hozono Global Jairis (73-92) | MVP: Aina Ayuso 23 VAL
- Innova-tsn Leganés – Casademont Zaragoza (47-68) | MVP: Bankolé 22 VAL
- Spar Girona – Baxi Ferrol (93-62) | MVP: Coulibaly 33 VAL





















