• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

Cantero: “Convertémosnos nun equipo peleón e difícil de bater”

O obxectivo do Ensino de seguir escalando postos pasa por unha vitoria ante o Casademont Zaragoza

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/01/2021
en Liga Feminina Basket, Baloncesto
Carlos Cantero, adestrador do Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Carlos Cantero, adestrador do Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

43
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Liga Feminina Endesa segue en marcha e o Durán Maquinaria Ensino ten unha nova oportunidade de sumar dous puntos. O partido desta vixésimo primeira xornada será ante o Casademont Zaragoza en casa. Ambos equipos citaranse este venres, 15 de xaneiro, ás 19:45 horas.

De gañar, as lucenses poderían comezar unha racha de vitorias. Pero o adestrador, Carlos Cantero, móstrase cauto e recorda que o Ensino non está nun nivel óptimo. Pero tamén é optimista: “Convertémosnos nun equipo peleón e difícil de bater. Iso é positivo e importante”, salienta.

Atendendo á clasificación e á traxectoria nas últimas xornadas destes dous conxuntos, o duelo preséntase favorable para as xogadoras dirixidas por Cantero. O Ensino, con 28 puntos, sitúase cinco postos por riba das baloncestistas do Zaragoza, que ocupan a duodécima posición con 26 puntos.

Ademais, as lucenses chegan de lograr unha vitoria ante o SPAR Gran Canaria, nun partido no que superaron un dos erros que máis as castigaban: saír desenchufadas no primeiro cuarto e xogar. Isto valeulles para sumar dous puntos moi valiosos e aumentar a confianza e unión do equipo, que segue medrando na competición.

Un rival “rabioso e necesitado”

Para esta fin de semana, as baloncestistas enfrontaranse a un Casademont Zaragoza que ven dunha racha de catro derrotas consecutivas. Hai case un mes que non coñecen a vitoria. A última foi ante o Cadi La Seu, na décimo sexta xornada.

Carlos Cantero: “(O Zaragoza) É un equipo duro, que ven rabioso coa necesidade de gañar e mostrando certa melloría no seu xogo”

Por iso, o técnico do Ensino recorda que o rival é “un equipo duro, que ven rabioso coa necesidade de gañar e mostrando certa melloría no seu xogo. É un conxunto cunha das postes máis determinantes da Liga e exteriores que, aínda que irregulares, son xogadoras moi completas no bote e tirando de longa distancia”.

Cantero subliña que o nivel que agardaban do Zaragoza é maior do que se está a ver na táboa e na pista. “Quizais sexa o equipo que todos agardábamos que estivese arriba e non é así. Sorprende, pero así se demostra o duro da Liga e o mérito de que o Ensino estea na Copa ou nun bo sétimo posto agora”.

Por iso, o adestrador non se confía e apunta a que as súas xogadoras deberán vixiar a Gatling. A baloncestista é “moi determinante no equipo, xogan moito para ela. É das mellores xogadoras ofensivas da Liga e das mellores postes”.

As rotacións das lucenses baixan tras a marcha de Nina Bogicevic

Este será o primeiro partido no que nas filas do Ensino non estea a serbia Nina Bogicevic. A escolta rescindiu o seu contrato co club galego ao ter unha oferta dunha Liga máis longa que a española, onde poderá disputar máis minutos.

Nina Bogicevic deixa o Ensino

Con esta baixa, as rotacións serán menores para o equipo de Cantero, o que afectará ao seu rendemento pero é un “hándicap que ao longo da tempada nos está facendo fortes e ser peleonas. Non queda outra”, reflexiona o técnico.

Carlos Cantero: “A necesidade dunha ou dúas fichaxes é innegable desde hai tempo”

De todas formas, recorda a importancia de atopar unha xogadora para substituíla. “A necesidade dunha ou dúas fichaxes é innegable desde hai tempo. A Liga e o calendario son moi esixentes. Pero repito, saber e aceptar esa dificultade estános a facer fortes e conseguir vitorias que outros non conseguen”, declara.

O resto do grupo está “máis tocado que sano, pero se adapta a semana para que poidan xogar e chegar ao partido nas mellores condicións”, asegura o adestrador. A isto engade que estas semanas de traballo están a ser “raras” e por iso é moi importante “estar a tope no plano mental e competitivo”.

Como parte positiva, Bea Sánchez volverá á pista ao ter xa a alta médica e volver aos adestramentos co equipo, “coidándoa e con paciencia para que chegue ao partido”.

O Ensino adianta a hora do partido para respectar o toque de queda

Nun principio, a FEB establecera as 20:30 horas como horario para esta vixésimo primeira xornada competitiva. Desta forma, o encontro tería rematado máis aló das 22:00 horas, novo toque de queda en Galicia, establecido desde este venres como medida para controlar a pandemia de COVID-19. Agora, tras ser aprobada a solicitude do Ensino, o partido comezará ás 19:45 horas.

⚠️CAMBIO DE HORA⚠️

El partido de mañana vs @CasademontZGZ se adelanta para no entrar en conflicto con el toque de queda en #Lugo.

▶️ Se disputará a las 19:45 ◀️#SomosEnsino #LFEndesa pic.twitter.com/0mbLcceASc

— Ensino Lugo (@EnsinoLugoCB) January 14, 2021

Etiquetas baloncestobasketCasademont ZaragozaCOVID-19Durán Maquinaria EnsinoEnsinoLiga Femenina EndesaLiga Feminina EndesaLugo
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

O Valencia BC suma a 13ª vitoria consecutiva a costa do Durán Maquinaria Ensino (85-50)

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  Xa dixera Antonio Pernas na previa que o Valencia BC non é un equipo da liga do Ensino. A...

Laura Aliaga no partido Movistar Estudiantes vs Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “O Valencia non é un equipo da nosa liga pero en momentos do partido estaremos aí”

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino visita a complicada cancha do Valencia BC hoxe sábado 21 de xaneiro. O partido, que está...

Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “Ter bóla para gañar a falta de 17 seguntos é un meritazo”

por Redacción As Nosas
16/01/2023
0

  Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino Lugo estaba contento co esforzo e o traballo do bloque que adestra...

Duran Maquinaria Ensino Lugo vs Casademont Zaragoza / ENSINO LUGO TW

Pese a ir case todo o partido por diante, o Ensino Lugo remata perdendo co Casademont Zaragoza (65-69) na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino Lugo perdía na casa 65-69 logo de ir por diante no electrónico na maior parte...

CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ YOUTUBE

O CV Arenal Emevé repite triunfo con Charly Carreño no banco (3-1)

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  As Loitadoras suman a súa segunda vitoria consecutiva en 2023 e mostran unha imaxe cada vez máis sólida. As...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A Selección Galega, subcampioa de España campo a través con Joselyn Brea, Edymar Brea, Laura Santos, Ester Navarrete, Begoña Domínguez e Sofía Fernández / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Joselyn Brea, campioa de España absoluta de campo a través

30/01/2023
As cadetes María Filgueiras e Uxía Soto, prata e bronce respectivamente no Campionato de España de ciclocrós / FGC

María Filgueiras e Uxía Soto entran na lista da Selección Española para o Mundial de Ciclocrós

30/01/2023
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, reuniuse con Francisco B. Ortega, catedrático da Universidad de Granada e principal experto do proxecto FIitBack Europe no que se integra DAFIS / XUNTA DE GALICIA

A plataforma DAFIS aglutina deporte e saúde

30/01/2023
Celebración do Burela, campión da Supercopa de España 2023 / BURELA FS

Quinta Supercopa de España de futsalfem para o Burela FS

29/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.