A exisencia da categoría é moita na Liga Feminina Endesa. O nivel físico do Durán Maquinaria Ensino resíntese coa competición entre semana. Mesmo o adestrador das galegas recoñecía a importancia desta circunstancia en rolda de prensa: “Agora mesmo non estamos para competir dous días á semana contra plantillas de Europa a un nivel, tan, tan alto”, dicía Carlos Cantero.
O técnico das lucenses explicaba que o cruce co Ciudad de La Laguna Tenerife fora un “partido moi duro contra un equipo superior, sobre todo a nivel físico”, matizaba.
Carlos Cantero, entrenador do Durán Maquinaria Ensino: “Foi un partido moi duro contra un equipo superior, sobre todo a nivel físico”
Para o adestrador do Durán Maquinaria Ensino, o equipo que prepara comezóu “ben o partido. Xogando ao noso baloncesto. Empezamos cun 0-6. Pero rapidamente elas comezaron a xogar e a correr, contra un equipo que tiñamos en pista que era máis listo, pero máis lento”.
Carlos Cantero, entrenador do Durán Maquinaria Ensino: “Tiñamos en pista un equipo máis listo, pero máis lento”
Na opinión de Carlos Cantero “ao final pagamos non ser tan duras e facer faltas. Os seis últimos minutos do primeiro cuarto nos castigaron bastante. Xa no segundo, no terceiro e no cuarto, estivemos máis igualdadas. Alternamos bos ataques con malas defensas, e boas defensas con malos ataques”, admitía o entrenador.
Carlos Cantero, entrenador do Durán Maquinaria Ensino: “Perdemos por esos seis minutos do primeiro cuarto nos que nos pasaron por encima coma un rodillo e o estivemos pagando todo o partido”
Na súa valoración do partido, Carlos Cantero explicaba: “Perdemos por esos seis minutos do primeiro cuarto nos que nos pasaron por encima coma un rodillo e o estivemos pagando todo o partido”.
A Marta Tudanca aínda lle falta para coller o ritmo do resto do plantel
Preguntado sobre Marta Tudanca, o adestrador do Ensino explicaba que esta xogadora ten se perdido “cinco semanas de entrenamentos por lesión e está entrando na dinámica, pero de momento aínda non está ao mesmo ritmo que o resto de compañeiras”.
Segundo manifestaba o preparador das luceses, Tudanca terá “máis minutos a medida que vaia adestrando mellor e poida demostrar todo o que pode aportarnos”.
Ciudad de La Laguna vence ao Durán Maquinaria Ensino (60-73) grazas a un gran arranque