O adestrador do Durán Maquinaria Ensino Lugo, Carlos Cantero, súmase a este balance dun ano de deporte que estamos a facer en As Nosas co gallo do noso primeiro aniversario. O equipo milita na Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto feminino español. Ten como cancha o Pazo dos Deportes de Lugo.
O equipo lucense xurdiu “no ano 1981 na Asociación de Pais do Colexio da Compañía de María de Lugo”, segundo recolle a propia web do CB Ensino. Consulta aquí a traxectoria do conxunto galego.
O balance de 2020 “positivo”
“Fago un balance bastante positivo”, di Carlos Cantero. O técnico do conxunto lucense reflexiona para As Nosas e apunta: “O 2020 ten parte da tempada pasada. Aquela vitoria contra o Girona, cinco partidos ganados seguidos, poder disputar por primeira vez a Copa da Raíña tanto algunhas xogadoras como eu, foi ademais bastante especial para o club. E esta tempada logramos outra clasificación para a Copa da Raíña, de forma consecutiva. Temos un novo equipo, novas xogadoras ás que adestrar, unha dinámica positiva nos adestramentos? e ao final esa clasificación. Pódese valorar como un ano positivo para o club”.

Así, o preparador do Durán Maquinaria Ensino é da idea de que o ano 2020 “a nivel profesional, no baloncesto foi un ano positivo, salvo polo parón polo COVID-19 que impediu que puidésemos aspirar a posicións superiores na táboa, que quizais mereciamos”.
O mellor “volver gozar do básket” e o peor do 2020 “a incerteza”
Como é lóxico, a parte menos agradable de 2020 está ligada á pandemia. Así Carlos Cantero sinala: “O peor foi o parón de golpe e a incerteza coa que acabou. Mesmo diría que foi peor a incerteza coa que empezou a tempada, non podendo xogar amigables, non saber as condicións de adestramento, o límite de aforamento, límite de xogadoras para poder adestrar, non poder facer contacto? foron moitas cousas que cambiaban día a día. Sen ningunha dúbida enfrontarse a un Pazo baleiro, con só 60 afeccionadas, é bastante negativo”.
“Ver o Pazo dos Deportes de Lugo, baleiro”, do peor do ano para Carlos Cantero
No outro lado da moeda, o entrenador apunta que o mellor do 2020 “foi poder volver gozar do baloncesto. Deixáronnos volver competir, a adestrar, puidemos volver facer o que nos gusta. Os que nos dedicamos ao deporte estamos moi agradecidos de poder dedicarnos ao que nos gusta e iso nótase”.
Que lle pide o equipo ao 2021? “saúde”
Na mirada ao futuro, a este ano recen estreado, Carlos Cantero pídelle para o Ensino: “Ante todo saúde. Por encima de rendemento, mesmo vai unido. Se tes un equipo saudable, non hai lesións, non hai COVID? iso permíteche render a un mellor nivel. Ao final, isto vai unido. Demostramos que, cando estamos todas, leste é un equipo moi complicado, moi competitivo”.

Sobre as aspiracións do máximo representante do baloncesto feminino en Galicia, o seu adestrador pregúntase en algo por qué non “aspirar a clasificarnos por terceiro ano consecutivo para a Copa da Raíña e manternos na categoría que está bastante complicado polo nivel dos equipos”.
Carlos Cantero, entrenador do Durán Maquinaria Ensino: “Aspiramos a clasificarnos por terceiro ano consecutivo para a Copa da Raíña e manternos na categoría”
Pero sobre todo, Carlos Cantero quere, en 2021, “seguir podendo dedicarnos ao que nos gusta e poder seguir traballando do que nos gusta tanto as xogadoras, como o corpo técnico como o resto das persoas que traballan no club”.