• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Atletismo

Éxito da canteira do atletismo galego no Campionato de España Sub-16

Acudiron 54 atletas que acadaron dez medallas: dúas de ouro, dúas de prata e seis de bronce, ademais de trece postos de finalistas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
26/07/2022
en Máis Deporte, Atletismo
Celia Catro da A.A. Mazí / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Celia Catro da A.A. Mazí / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

20
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Cando ainda perdura a resaca dos trece metais galegos colleitados no pasado Campionato de España Sub20, novamente a canteira do atletismo galego volvía amosar músculo na disputa do Campionato de España Sub-16 celebrado este pasado fin de semana no concello asturiano de Avilés.

Ata alí acudiron nada menos que un total de 54 atletas galegas e galegos quenes regresaron cun extraordinario balance de dez medallas (das cales dous foron de ouro, dous de prata e seis de bronce) e un total de trece postos de finalistas.

A primeira das medallas foi parar a mans de Antía Otero do Atletismo Narón quen no concurso de xavelina lanzaba, xa no seu primeiro lanzamento, ata os 39.27 m. que lle daban o metal de bronce a tan só sete centímetros da prata.

Sen abandonar os lanzamentos, o martelo daba outra boa nova ca medalla de prata de Mar Simón do Celta, cuxo segundo intento de 43.11 m. bastaban para afianzar ese extraordinario subcampionato nacional.

Na xavelina novamente Enzo López daba mostras da súa gran calidade impoñéndose nun concurso domiñado de forma moi clara con 55.36 m. O atleta do Barbanza remataba o seu campionato quitando máis de seis metros ao segundo clasificado.

Eloy Acuña da Gimnástica en peso, e malia facer tan só dous lanzamentos válidos, enganchaba a bola no terceiro deles ata deixala nuns 14.73 m. que foron suficientes para acadar un excelente metal de bronce. Sen abandonar esta especialidade, unha das candidatas á medalla, Gema Dacosta do Vila de Cangas, quixo  facer bós os prognósticos e confirmar a súa excelente progresión. A de Cangas lograba un metal de bronce cun mellor último lanzamento de 12.66 m.

A marcha tamén se sumou a esta excelente colleita de metais aportando un novo bronce de mans do atleta do Celta Andrés González quen sobre a proba dos 5.000 marcha lograba un rexistro de 24:11.92.

Ouro para Celia Catro da A.A. Mazí nos 600m do Campionato de España Sub-16 de Atletismo

Celia Catro da A.A.Mazí, aportaba o segundo ouro para o atletismo galego logo de acadar sobre a proba dos 600 m. un rexistro de 1:33.08  que a confirman como a mellor especialista a nivel nacional nestes intres sobre a distancia. Continuando co sector do medio fondo e fondo, Amparo Corredoira da Atlética Lucense, acadaba un fantástico subcampionato nacional nos 600 m. nunha proba con moito nivel onde remataba cun rexistro oficial de 2:55.65.

Por último, gran final galega a presenciada nos 3.000 m. na que Teo de Frutos quíxose sumar aos éxitos  do atletismo galego feminino logrando a extraordinaria terceira posición nunha chegada de infarto entre galegos. Foi a foto finish quen tivo que axustar ata as milésimas para confirmar a medalla do atleta do Lucus Caixa Rural Galega con 8:49.152 polos 8:49.156 de Asheber Díaz da Agrupación Viguesa que lograba finalmente unha non menos meritoria cuarta posición.

Como remate a este gran campionato, a atleta do Riazor Coruña Celia Fernández nas combinadas de hexathlon, daba a última medalla para os intereses galegos rematando na terceira posición moi pretiño da prata con 3.624 puntos, segundo informa a Federación Galega de Atletismo. 

Foron tamén moi salientables os postos de finalistas logrados por os e as seguintes deportistas de Galicia:

  • 4ª Mar Simón do A.F.Celta en lanzamento de disco
  • 4º Asheber Díaz do AVA nos 3.000 m.
  • 4º Leo Rodríguez do Samertolameu nos 300 m valos
  • 5ª Marina Artemia Pérez da Gimnástica en triplo salto
  • 5º Daniel Salgueiro do Coruña Comarca nos 600 m.
  • 5º Xaido Nimo do R.C.Celta en lanzamento de martelo
  • 6ª Aixa Corbacho do Rias Baixas en lanzamento de martelo
  • 6º Alex Sierpes do Trega nos obstáculos
  • 6º Antón Cillero do Riazor Coruña nos 300 m.;
  • 7ª Mara Romeu do Trega nos 600 m.
  • 7º Enrique Polo do C.A.Sada en salto de altura
  • 8ª Martina Gutiérrez da Gimnástica en salto de altura
  • 8º Anxo Bello do A.D.Fogar nos 3.000 m.
Etiquetas atletismoCampionato de España Sub-16Celia Catro
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Coruña42 volve e faino cun novo circuíto e un atractivo final

Coruña42 volve e faino cun novo circuíto e un atractivo final

por Redacción As Nosas
29/07/2022
0

  O 2 de outubro regresa a maratón atlántica Coruña42 coa súa novena edición, un circuíto novo e un atractivo...

Corredoras participantes na proba de 200m do Campionato Xunta de Galicia de atletismo, entre delas, están Ainhoa Repáraz e Adi Iglesias / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Elviña acolleu o Campionato Xunta de Galicia absoluto de atletismo

por Redacción As Nosas
24/07/2022
0

  As pistas universitarias de Elviña pechaban no día de onte a gran cita do atletismo galego cunha nova edición...

Presentación do Campionato Galego de Atletismo que acollerán las pistas de Elviña / CONCELLO DA CORUÑA

Deportistas e clubs de toda Galicia daranse cita no Campionato Galego de Atletismo

por Redacción As Nosas
20/07/2022
0

  A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, participou na presentación do Campionato Galego de Atletismo, que celebrará este sábado nas...

Belén Toimil lanzando no Mundial de Oregón 2022 / MIGUÉLEZ TEAM RFEA

Belén Toimil, 21ª do Mundo en lanzamento de peso

por Redacción As Nosas
17/07/2022
0

  A plusmarquista estatal de lanzamento de peso, Belén Toimil, rematou a súa participación no Mundial de atletismo coa RFEA...

A Xunta e o Concello de Cervo impulsan a primeira pista de atletismo homologada da Mariña / XUNTA DE GALICIA

Cervo contará coa primeira pista de atletismo homologada da Mariña

por Redacción As Nosas
10/07/2022
0

  O Consello da Xunta vén de autorizar esta semana o acordo polo que se levarán a cabo as obras...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.