• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Candela Soria e Eva Dios, campioas coa Selección Española de futsal da FEDS nos Xogos Sordolímpicos de Inverno

España venceu na final a Brasil por 2-5 e na semifinal, a Alemaña por 8-4

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
12/03/2024
en Máis FutSal, Fútbol Sala
Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS

Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS

216
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O primeiro título da historia da Selección Española de fútbol sala nos Xogos Sordolímpicos de Inverno ten selo galego. Con España xogaban dúas deportistas de Galicia: Candela Soria, futbolista do Ourense OnTime, e Eva Dios, que milita no Dépor ABANCA. 

Ambas as dúas futbolistas, que empregan audífonos para xogar e compiten ao máximo nivel nas súas disciplinas, acudían a esta cita deportiva convocadas pola Federación Española de Deportes para Sordos (FEDS).

Hat trick de Candela Soria na final ante Brasil

España vencía na final de futsalfem destes Xogos Sordolímpicos de Inverno a Brasil por un tanteo de 2-5. A competición tivo lugar en Turquía, en concreto en n Erzurum. Candela Soria asinaba un hat trick nesa final con tres goles. Sumaron os outros dous Estrella e Pilar.

🔴La @SEFutbolFem Sala de la @FEDSordos se proclamó ayer Campeona de los Juegos Sordolimpicos que se han celebrando en Erzurum (🇹🇷) al ganar en la Final a Brasil 🇧🇷 por 5-2.

🔴Enhorabuena!!👏👏👏

📺Mirad los goles de ESP con 3 de @CandelaSoria_2, Pilar y un golazo de Estrella. pic.twitter.com/7K6erXg7xs

— José Antonio Valle (@vallefutsal) March 12, 2024

A competición destes Xogos Sordolímpicos de Inverno no caso do futsalfem disputouse en Erzurum (Turquía). Houbo unha primeira fase con dous grupos que repartiu aos equipos do seguinte xeito:

GRUPO A

  1. Turquía
  2. Alemaña
  3. Polonia
  4. Gran Bretaña
  5. Kenya

GRUPO B

  1. Brasil
  2. Xapón
  3. Irlanda
  4. España
  5. Italia

Nesa fase de grupos España impúxose a Irlanda (1-17), a Italia (10-0), empatando con Xapón (3-3). Pola súa parte, Brasil, a outra finalista, gañaba a Xapón 3-0, a Italia 0-5 e a Irlanda 13-2.

Nesa primeira parte da competición, a fase de grupos, España impúxose a Brasil por 5-1 finalizando primeira no Grupo B con 10 puntos fronte aos 9 de Brasil.

Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS
Selección Española futsalfem, campioa nos Xogos Sordolímpicos / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE DEPORTES PARA SORDOS

España vence a Alemaña na semifinal

Para chegar a final, España vencía en semifinais a Alemaña cun tanteo de 8-4. Nese partido a Selección Española tivo que remontar un 0-1 inicial das xermanas. Ao descanso España xa estaba por diante no marcador cun 4-1.

O 4-2 chegaba por un despiste da zaga española, pero a as vermellas resarcíronse anotando catro goles en dez minutos e deixando sen opcións as xermanas (8-2). Con todo, Alemaña marcou dous goles máis e colocou o electrónico no final da semifinal destes Xogos Sordolímpicos nun 8-4 para España. Pola Selección Española marcaron: Candela Soria (2), Eunate (2), Eva Dios (2), Pilar (1) e Naroa (1).

A delegada do equipo español comentaba á Federación Española de Deportes para Sordos que tiña sido: “un partido duro, sobre todo na primeira metade. Non foi nada doado. E logo recuperamos o xogo e fumos aumentando o marcador ao noso favor para así acabar gañando”.

Na súa semifinal Brasil vencía 1-4 a Gran Bretaña.

Xa no partido decisivo dos Xogos Sordolímpicos de Inverno a Selección Española vencía 2-5 a Brasil con ese triple acerto da galega Candela Soria. Deste xeito, o ouro foi para España, a prata para Brasil, o bronce para Alemaña.

🏆¡¡ESPAÑA SE PROCLAMA CAMPEONA DE LOS JUEGOS SORDOLÍMPICOS DE INVIERNO!!

👏La Selección Española de Fútbol Sala alzó el título tras firmar una actuación espectacular en Erzurum.

✅Se impusieron en la final a Brasil (2-5), alzando así el primer título de su historia. pic.twitter.com/xizcZQnwtB

— La Tarjeta Morada (@latarjetamorada) March 12, 2024

Candela Soria, xa foi internacional coa absoluta 

A pivote Candela Soria (Ourense, 1988) milita na máxima categoría do futsalfem estatal nas filas do Ourense OnTime ás ordes de Raquel Mondo. A futbolista saíu da canteira do Cidade de As Burgas, antes de xogar no Ourense OnTime, militou tamén no Viaxes Amarelle mentres estudiaba INEF na Coruña.

Candela Soria foi internacional absoluta cando en 2022 recibiu a chamada de Clàudia Pons para competir coa Selección Española de Fútbol Sala.

Ao recibir aquela convocatoria coa Selección Española absoluta Candela Soria explicaba que empezou a xogar ao futsal con 7 anos “foi no colexio onde era a única rapaza”. Explicaba á RFEF nunha reportaxe que levaba audífono antes de xogar ao fútbol sala. Adapteime ben. Nunca tiven ningún atranco, non supuxo un impedimento. Con 5 anos perdo audición. Os audífonos fanme falta para poder escoitar non ao 100 por 100 pero si para facer vida norma no día a día. É algo que me axuda e me complementa”, explicaba á RFEF dalquela Candela Soria.

Eva Dios, unha arousana no Dépor

A deportista Eva Dios (Illa de Arousa, 2002) milita no Dépor ABANCA (2021-2024) ao que chegou procedente do Viajes Interrías FF (2018-2020). A deportista galega forma parte no primeiro equipo deportivista ás ordes de Irene Ferreras. Ten xogado na Primera Iberdrola, e agora é unha das futbolistas do equipo líder da Primera Federación, máximo aspirante ao ascenso. As deportivistas loitan por retornar á elite do fútbol estatal logo de quedar ás protas o pasado curso.

Antes de integrarse no primeiro equipo, Eva Dios xogou co Dépor ABANCA B (2020-2021) a arousana compaxinou o filial co primeiro equipo no ano 2021 .

A deportivista que agora se proclama campioa dos Xogos Sordolímpicos de Inverno 2023, gañou a Medalla de bronce no Campionato de Europa de fútbol sala para persoas xordas en 2018, onde ademais foi elixida no quinteto ideal do torneo, tamén alcanzou a internacionalidade en fútbol 11 coa Selección Española Sub-19.

ESPAÑA, MEDALLA DE ORO EN LOS JUEGOS SORDOLIMPICOS.
La selección femenina termina como campeona de fútbol sala en las sordolimpiadas que se están celebrando en Erzurum (Turquía) gracias a su victoria frente a Brasil por 2-5. @deportegob @Fundacion_ONCE @depespana pic.twitter.com/ezxkqICckm

— FEDSordos (@FEDSordos) March 11, 2024

 

  • Consulta aquí os resultados da competición en futsalfem nestes Xogos Sordolímpicos de Inverno 2023
Etiquetas Candela SoriaEva Diosfútbol salaXogos Sordolímpicos
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.