Esta fin de semana será o Concello de A Rúa quen de o pistoletazo de saída a tempada de campo a través ca disputa do Campionato Xunta de Galicia de clubs absoluto, Sub23, Sub20, Sub18 e de equipos mixtos na categoría absoluta.
A esta cita do atletismo galego están inscritos un total de dazasete equipos e preto de douscentos atletas que tomarán parte nas distintas categorías a partir das 10:00 horas desde o Circuíto da Chopera.
O S.D. Compostela Atletismo con cinco equipos, é o conxunto que acude con máis participantes, seguidos do ADAS CUPA e C.D. La Purísima con catro.
É precisamente o club de o Barco de Valdeorras, quen aspira a revalidar a actuación do ano pasado na Illa das Esculturas en Pontevedra onde se fixo cos títulos tanto na categoría masculina como na feminina. S.D. Compostela e Atletismo Ribadeo en homes e o Atletismo Femenino Celta en mulleres, estarán tamén na loita por este importante título absoluto de campo a través.