• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

O Campionato de Galicia despide en Poio unha histórica tempada autonómica de ciclocrós

Ciclistas de quince categorías competirán este domingo pola mañá no circuíto da Seca | Laura Mira, do Supermercados Froiz, é a favorita na categoría Sub-23 feminina

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/01/2023
en Máis Deporte, Sobre rodas
Laura Mira, favorita na proba de Poio no Campionato de Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Laura Mira, favorita na proba de Poio no Campionato de Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

47
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Despois de tres meses nos que se celebraron cinco eventos internacionais e trece xornadas da Copa Galicia, a histórica temporada autonómica de ciclocrós 2022 baixa o pano este domingo co seu Campionato de Galicia que se vai celebrar en Poio.

A localidade pontevedresa será o escenario dende as 9:30 horas das batallas polas coroas ás que optan ciclistas de quince categorías. As intensas chuvias caídas durante as últimas horas e unha previsión meteorolóxica cargada de auga garanten moita lama e espectáculo no circuíto da Seca.

#CampionatoCX22 | Comezamos o 2️⃣0️⃣2️⃣3️⃣ coa semana da cita máis agardada da temporada autonómica de ciclocrós

✍️ https://t.co/kKOCL7xCX7 pic.twitter.com/yunKvF1uHW

— F_Galega de Ciclismo (@F_Gal_Ciclismo) January 2, 2023

O Campionato de Galicia – V Ciclocrós Poio Móvese presentará un trazado de tres quilómetros de lonxitude no que, ademais do barro, os 250 participantes terán que superar en cada volta obstáculos e zonas de area.

 A proba organizada polo Poio Bike Club e o Concello de Poio, en colaboración coa Federación Ciclismo Galego, despide o calendario autonómico e trátase da última competición previa ao Campionato de España, que terá lugar a vindeira semana en Vic.

Ao igual que o resto de citas disputadas esta campaña na nosa comunidade, esta proba de Poio tamén repartirá puntos para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo ao estar catalogado como un evento de clase 1.33.5.

Orde das carreiras 

O programa de carreiras de Poio arrancará cunha primeira quenda na que entrarán en acción tres categorías másters masculinas: 30, 50 e 60. A continuación, ás 10:30 h., comparecerán os máster-40. Tras un alto ás 11:30 h. para adestrar, a competición volverá a escena ás 11:45 h. cos cadetes e ás 12:30 h. comezará a manga feminina coas corredoras elite, Sub-23, juniors, cadetes e másters. Para as 13:30 h. está fixada a celebración da Proba Inclusiva e para as 14:00 h., a saída dos elites, Sub-23 e juniors masculinos.

Por último, e como colofón da xornada, rodarán polo circuíto as rapazas e rapaces do pelotón Infantil, unha actividade de promoción sen títulos do Campionato de Galicia en xogo.

Hai once categorías nas que están aseguradas as remudas nos tronos autonómicos, ben sexa por ausencia ou ben polo cambio de grupo de idade da vencedora ou vencedor hai un ano en Maceda.

Pola súa banda, aspiran a repetir vitoria Marina González (Illas Cíes) nas máster-40, Andrés Calvete (Monte Xalo) nos máster-40, Marcial Rodríguez (QueBici-Marcisport) nos máster-50 e Manuel González Ojea (Bici O Con) nos máster-60. Atendendo aos resultados das últimas semanas na Copa Galicia, o elite Samuel González (Máis Que Bicis) e a Sub-23 Laura Mira (Supermercados Froiz) parten como rivais a bater nas quendas raíñas.

Agárdanse a máis de 300 deportistas no Ciclocrós Poio Móvese

Na presentación da proba, a concelleira de Deportes do Concello de Poio, Marga Caldas, acompañada por integrantes e o máximo responsable do Poio Bike Club, Francisco Albar, e do presidente da Federación Ciclismo Galego, Juan Carlos Muñiz, deron a coñecer os detalles da quinta edición do Ciclocrós Poio Móvese

A proba é por primeira vez Campionato de Galicia de ciclocrós. Deste xeito, tras as catro probas previas, será no circuíto que se habilitará na contorna da Seca e da Reiboa onde se decidan as competicións nas categorías de elite, sub-23, junior, cadete e Máster 30, 40, 50 e 60 tanto masculinas como femininas. Prevese a participación de máis de 300 deportistas.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Federacion Galega de Ciclismo (@federaciongalegadeciclismo)

“É un circuíto esixente, que obrigará ás e aos participantes a dar o mellor de si e que a bo seguro suporá un gran atractivo para as persoas que se acheguen a gozar da proba como espectadores”, vaticinou Marga Caldas.

A edil de Deportes de Poio lembrou que durante o desenvolvemento da proba, así como nas horas previas, habilitarse un dispositivo especial de seguridade, no que tomarán parte a Policía Local e Protección Civil. Ademais, Caldas tamén quixo agradecer e poñer en valor o “espectacular traballo” que desenvolve o Poio Bike Club á hora de “facer canteira e acadar grandes resultados nesta modalidade. Cada ano son máis as crianzas que se animan a probar esta disciplina, ao que hai que sumar os enormes éxitos que os e as integrantes do club acadan habitualmente en diferentes probas”.

Por último, Marga Caldas tamén fixo fincapé na importancia de que esta proba adquira un carácter autonómico, non só polo feito de que “temos garantida a presencia dos e das mellores competidoras de Galicia”, senón tamén porque “é un paso máis á hora de consolidar ao noso concello como referente na organización de probas deportivas de gran nivel, en diferentes modalidades, unha aposta que imos continuar mantendo desde a Administración local”.

Etiquetas Campionato de GaliciaciclismociclocrosFederación Ciclismo GalegoLaura Mira
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

CCB - Becani na Copa de España féminas Cofidis / RFEC

Xiana Camiña finaliza sétima na primeira proba da Copa de España co CCB-Becani

por Redacción As Nosas
09/03/2023
0

  Nesta fin de semana de posta en marcha de competicións na península ibérica, a Copa de España femininina Cofidis...

Marta Estévez, ciclista do XSM, na Copa de España BTT XCO / RFEC

O XCO galego competiu en Candeleda e Melgaço

por Redacción As Nosas
08/03/2023
0

  Os especialistas galegos en Cross Country Olímpico (XCO) competiron en dúas frontes nestes días: Candeleda e Melgaço O Cross...

Foto de familia das Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas celebradas e Marín / FCG

As ‘Xornadas de Tecnificación Mulleres Ciclistas’ xa teñen data para a súa segunda edición

por Redacción As Nosas
08/03/2023
0

  Nun día tan sinalado como o 8 de marzo, a Federación Ciclismo Galego (FCG) anuncia a segunda edición das...

Club Ciclista Betanzos - Becani feminino / CCB

Arrinca a tempada para o equipo feminino xuvenil do Club Ciclista Betanzos-Becani

por Redacción As Nosas
03/03/2023
0

  Empeza a tempada 2023 para o Club Ciclista Betanzos - Becani e faio co debut do equipo xuvenil feminino...

Xornada de Tecnificación de Enduro / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

O Enduro galego tomou A Fracha na súa Xornada de Tecnificación FCG

por Redacción As Nosas
28/02/2023
0

  Día frío, húmido e de moito traballo técnico no circuíto da Fracha. O parque forestal pontevedrés acolleu o pasado...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do proxecto no que Participan a Facultade de Educación e Traballo Social, o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais) e o Club La Purísima / UVIGO

Un proxecto pioneiro da Uvigo avaliará o impacto do traballo de educadoras sociais nun club deportivo

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do proxecto no que Participan a Facultade de Educación e Traballo Social, o CEESG (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais) e o Club La Purísima / UVIGO

Un proxecto pioneiro da Uvigo avaliará o impacto do traballo de educadoras sociais nun club deportivo

24/03/2023
Participantes na carreira popular Coruña10 / CONCELLO DA CORUÑA

Aberto o prazo de inscrición para a XVII Coruña10

23/03/2023
A cativada, no Campionato Xunta de Galicia de 5K celebrado nas Pontes / CONCELLO DAS PONTES

Eva Piñel e Jorge Puig vencen no autonómico dos 5K celebrado nas Pontes

22/03/2023
CV Arenal Emevé / CV EMEVÉ TW

Despedida con derrota para o CV Arenal Emevé

21/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.