• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

Irene Trabazo revalida a súa coroa no Campionato de Galicia de Ciclocrós

O torneo autonómico rematou en Maceda, coa ciclista do XSM Club como campioa

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
27/12/2021
en Máis Deporte, Sobre rodas
Irene Trabazo revalida a súa coroa no Campionato de Galicia de Ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Irene Trabazo revalida a súa coroa no Campionato de Galicia de Ciclocrós / LUZ IGLESIAS

49
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Irene Trabazo proclámase, un ano máis, campioa do Campionato de Galicia de Ciclocrós. A deportista do XSM Club liderou o palmarés do XIV Ciclocross Castelo de Maceda-Copa Deputación de Ourense.

A proba organizada polo Club Ciclista Maceda foi a última xornada do calendario do ciclismo galego, que deu comezo a principios de outubro. Segundo informa a Federación Galega de Ciclismo, Trabazo non puido disputar as primeiras carreiras da tempada debido a unha lesión, un contratempo que non lle impediu  despedir o ano revalidando a coroa lograda en Ferrol no 2020. Na categoría masculina, o gañador foi o elite Iván Feijoo (Academia Postal-Abanca).

A marinense dominou con autoridade a proba elite-sub23 e júnior do ciclocrós galego nun escenario enlamado, pero  máis esvaradío que pastoso. Trabazo impúxose en solitario, cun rexistro de 42 minutos e 14  segundos, acumulando case tres minutos e medio de vantaxe sobre a segunda clasificada e gañadora júnior Laura Mira (Supermercados Froiz). Terceira rematou a elite Isabel Castro (Condado Bike) e cuarta, acadando o segundo posto entre as juniors, a local Sarela Conde (Academia Postal-Abanca).

O Club Ciclista Maceda sumou tres podios

O conxunto anfitrión, o Club Ciclista Maceda, colleitou tres podios máis na carreira raíña feminina. Andrea García, quinta na táboa absoluta, venceu entre as sub23 ao superar a súa compañeira de equipo Noela Saa. As cores do Maceda tamén as luciu a terceira elite, Xiana Conde, e as outras dúas medallas que se repartiron nesta quenda conseguíronas Uxía Soto (Supermercados Froiz), terceira júnior, e Laura Fernández (Avanza-O Porriño), terceira sub23.

Cadetes e másters

Tampouco houbo sorpresas nas probas cadetes deste torneo de ciclocrós. A betanceira María Filgueiras (Río Miera) retivo o a camisola de campioa de Galicia por diante de Aroa Otero (Avanza-O Porriño) e ao terceiro chanzo do caixón subiu Lorena Patiño (Compostelano). Pola súa banda, Tomás Pombo (Cambre-Caeiro) ergueu os brazos nos rapaces cadetes. Escoltárono no podio Martín Díaz (Caimanes Betanzos), segundo, e Gael García (Compostelano), terceiro.

As cinco horas de carreiras que se viviron en Maceda comezaron coas categorías de másters. Nos grupos de idade femininos, exhibiuse Marina González (Illas Cíes). A primeira clasificada absoluta comandou a táboa máster-40, con Rocío Blanco (A Forna) na segunda posición e Natalia Raña (Corbelo) na terceira. Eva Ortega (Biciosos Rías Baixas) adxudicouse a camisola de campioa máster-30 e Sonia Costoya (Corbelo), a de máster-50.

Entre os máster-30 masculinos dominou Roberto Rodríguez (Bicicletas Chinquena), con Jonathan Sousa (In Situ) terminando segundo e Miguel Porto (Ponteareas), terceiro. Tamén hai novo campión máster-40. Andrés Calvete (Monte Xalo) destronou a José Rodríguez ‘Tami’ (Norinver), que fixo segundo tras anotarse un axustado final con Moisés Leboso (G.D. 10). Por último, Marcial Rodríguez (Quebici-Marcisport) reconquistou o título máster-50, rematando segundo Óscar González (Máis Que Bicis) e terceiro Juan José Saborido (Speedcross), e tamén recuperou a camisola de campión autonómico máster-60 Manuel González Ojea (Bici O Con), gañador dun grupo de idade no que Antonio González ‘Tucho’ (Salvaterra) colgouse a prata e Constante Lestido (Speedcross), o bronce.

Elite masculina

Despois de case tres meses de ciclocrós en Galicia, o derradeiro capítulo da competición elite-sub23 masculina resultou o máis emocionante da campaña 2021. O circuíto deseñado na ladeiras do Castelo de Maceda é coto privado de Iván Feijoo. Neste trazado leva anos acumulando éxitos e non será doado que volva obter un tan vibrante como o deste domingo.

Tal e como apuntan desde a Federación, o alaricano, defendendo o uniforme do equipo local, sufriu unha avaría na primeira volta cando rodaba xunto a Miguel Rodríguez perseguindo a Samuel González (Máis Que Bicis). Feijoo perdeu posicións ata poder cambiar de bicicleta, mentres por diante o sub23 Rodríguez situábase primeiro e abría oco.

A vitoria absoluta decidiuse nos metros finais da carreira de ciclocrós. Antes da rampla na que estaba situada a liña de meta, Feijoo cambiou o ritmo e dobregou por 6” a Rodríguez. O de Allariz festexou o seu primeiro título como elite cun tempo de 53:22. O seu compañeiro de equipo Saúl López entrou terceiro, e segundo elite, a 1:31 do vencedor.

En canto á categoría júnior, Ricardo Buba (Coruxo) non deu opcións ao resto de xuvenís. Triunfou con case un minuto de vantaxe sobre André Martínez (Avanza-O Porriño). A medalla de bronce foi para Xano Gil (Ponteareas).

Pablo Rodríguez, biker Elite-UCI de XCO; Ane Santesteban, ciclista profesional de estrada; e Carlos Canal, corredor profesional de estrada, participaron nas entregas de premios xunto a Rubén Quintas, alcalde de Maceda; Ana María Rodríguez, concelleira de Servizos Sociais e Medioambiente; Celso Sánchez, concelleiro e médico do evento; e Óscar Sánchez, directivo da Federación Ciclismo Galego. Ademais dos trofeos do Campionato, tamén se entregaron os da Copa Galicia, certame que rematou a semana anterior en Ponteareas.

Etiquetas Campionato de Galicia de CiclocrósCampionato Galego de CiclocrósciclismociclocrosFederación Galega de CiclismoIrene TrabazoXSM Club
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño integrante da Selección de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

A Selección de Galicia feminina de ciclismo cruza a raia e compite en Portugal

por Redacción As Nosas
20/07/2022
0

  A aposta da Federación Galega de Ciclismo polo ciclismo feminino traspasa fronteiras. A Selección de Breogán cruzará esta fin de...

A ciclista galega María Filgueiras / RFEC

María Filgueiras vence a carreira contra o reloxo do Campionato de España Escolar de ciclismo cadete

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

  Celebráronse os Campionatos de España Escolares e o Campionato de España Júnior. A miñense María Filgueiras conquistou a medalla...

Lorena Patiño integrante da Selección de Galicia no Campionato de España de Escolar de XCO / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Lorena Patiño, campioa de España Escolar cadete de XCO

por Redacción As Nosas
03/07/2022
0

  A ciclista pontevedresa Lorena Patiño venceu con autoridade no circuíto de Valladolid, onde os dous conxuntos cadetes da Selección...

Filgueiras, terceira na Copa de España / RFB

María Filgueiras, terceira na clasificación final da Copa de España Feminina

por Redacción As Nosas
23/06/2022
0

  María Filgueiras remata a última proba da Copa de España feminino en segundo lugar acadando o terceiro posto na...

Susana Rodríguez Gacio na Copa do Mundo de paratriatlón na Coruña con Sara Loehr / ÍÑIGO ROLÁN

Susana Rodríguez Gacio vence na categoría PTVI Women na Copa do Mundo de Paratriatlón A Coruña 2022

por Redacción As Nosas
19/06/2022
0

  A paratriatleta galega Susana Rodríguez Gacio triunfa na Coruña na categoría PTVI Women da Copa do Mundo de Paratriatlón...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

12/08/2022
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.