- O Campionato Galego Absoluto de Praia de Salvamento e Socorrismo celébrase no Orzán os días 6 e 7 de xullo.
- A cita pecha a tempada deportiva autonómica e serve como preparación para os campionatos de España, durante o mes de xullo en Castellón.
- En total participan 130 deportistas dunha decena de clubes galegos, dos cales case o 50% son mulleres.
A Coruña acolle esta fin de semana unha nova competición deportiva na praia do Orzán. Os mellores socorristas de Galicia achegaranse á cidade para participar no Campionato Galego Absoluto de Praia de Salvamento e Socorrismo, pechando a tempada deportiva autonómica desta categoría.
En total, 130 deportistas daranse cita no areal coruñés, representando a 10 clubs galegos. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, sinalou que a proba atraerá a centos de persoas á cidade. “Ademais dos 130 deportistas, contamos con todo o equipo da organización, familias e público, estimando unha concetración de máis de 700 persoas para presenciar a proba” explicou.
Manuel Vázquez destacou a colaboración coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia na celebración da proba autonómica máis importante, avanzando no compromiso marcado polo Concello da Coruña para situar a Coruña como cidade galega de referencia para eventos deportivos.
Estrutura desta competición de Salvamento e Socorrismo
O campionato está estruturado en dúas xornadas e tres sesións, segundo as probas a realizar, e celebrarase no Orzán o sábado 6 e domingo 7 de xullo. comezará o sábado 6 de xuño ás 9 horas co quencemento e seguiranlle as probas, a partir das 10.10 horas, de carreira con ski de salvament, nadar surg, relevo rescate tubo de salvamento e relevo ocean.
Xa pola tarde, a partir das 15.00 horas, terán lugar as probas de carreira e rescate con táboa de salvamento así como de bandeiras. O domingo 7 de xullo será a última xornada, comezando ás 8.30 horas co quencemento que dará lugar ás competicións, a partir das 9.30 horas, de sprint praia, relevo print praia, Ocean M e relevo ocean mixto M.
Os clubs que participarán na proba son:
- Club Salvamento e Socorrismo Carballo – SYSCA
- Club Acuático Umia
- Club Salvamento Acuático Pontevedra – SAPO
- P.C. Salvamento Sanxenxo
- Club Salvamento Acuático Laracha – SAL
- Club Salvamento Sada – SASA
- Club Salvamento Arteixo – SALVAR
- Club Natación e Salvamento A Estrada
- Club Salvamento Vilagarcía
- Club Natación Santa Comba LB.
Destaca que nesta edición, case o 50% das persoas inscritas no campionato autonómico son mulleres.