• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Coruña acolle esta fin de semana o Campionato de España de Tríatlon Cadete, Xuvenil e Junior

Tamén se celebrará o nacional de Relevos Mixtos de Talentos e a última xornada da liga da Federación Española de Tríatlon

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/06/2026
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Campionatos de España de tríatlon

Campionatos de España de tríatlon

13
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

A Coruña acollerá esta fin de semana os Campionatos de España de Tríatlon Cadete, Xuvenil e Júnior, e os nacionais de Relevos Mixtos de Talentos, última xornada da liga Talento de Tríatlon da Federación Española de Tríatlon, dedicada ás categorías cadete e xuvenil. A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello da Coruña, Nereida Canosa, presentou en María Pita a competición xunto aos organizadores e representantes das federacións galega e española.

“A Coruña é unha cidade vibrante, e cada vez máis. Nótase nas actividades culturais, nas persoas turistas que nos visitan e, por suposto, no calendario deportivo. Cando traemos eventos coma estes situámonos no panorama nacional e internacional como un lugar cheo de posibilidades, recursos e gana de novos retos. Sen esquecer o gran retorno económico que traen os campionatos de todas as disciplinas que ao longo do ano nos elixen como a súa sede”, subliñou Nereida Canosa. 

As competicións, en circuítos curtos e rápidos, reunirán máis dun milleiro de triatletas, e volverán ter como centro principal a zona de baños do Parrote, onde se realizará a natación, con ciclismo no porto e contorna, compartindo escenario para a carreira a pé que levará os/as deportistas ata o Castelo de San Antón, antes de afrontar a xa emblemática meta da proba situada na praza de María Pita. Toda a información dos campionatos de España de Tríatlon Cadete, Xuvenil e Júnior pódese consultar aquí, e a do nacional de Tríatlon por Remudas Mixtas de Talentos, con máis de cen equipos, aquí.

Eventos FETRI de Tríatlon A Coruña 2026

O sábado 20 de xuño realizarase o Campionato de España de Tríatlon Cadete, Xuvenil e Júnior, con distancias SuperSprint e series clasificatorias en cada unha das categorías a partir das 16.00 horas, nas que se obtén o pase para as finais, que se disputarán ao longo da tarde. As finais cadetes realizaranse ás 19.00 horas, as xuvenís ás 19.30 horas, e as Júnior ás 20.00 horas. O domingo 21 de xuño, a partir das 11.30 h na categoría masculina, e das 12.15 horas na feminina, realizarase tamén o Campionato de España de Tríatlon para a categoría Júnior en distancia Sprint. Pódese consultar aquí toda a información.

O Campionato de España de Tríatlon por Relevos Mixtos de Talentos 2026, sexta e última xornada da liga Talento de Tríatlon, dedicada ás categorías cadete e xuvenil, realizarase o domingo 21 de xuño. Dúas triatletas femininas e dous masculinos de cada club iranse remudando realizando cadaquén un tríatlon de distancia SuperSprint. Pódese consultar aquí toda a información.

Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya 2026 A Coruña

O sábado 20 de xuño realizarase tamén na zona da Mariña e O Parrote unha proba do circuíto nacional Pho3nix Kids Triathlon Series by Javier Gómez Noya 2026, con carreiras de promoción para as categorías Pre-Benxamín, Benxamín, Alevín e Infantil, con saídas a partir das 11.00 horas e distancias adaptadas á categoría, agasallo de camiseta e medalla de “finishers” para as e os mozos participantes no circuíto. Pódense consultar aquí as inscricións e toda a información.

Incidencias no tráfico

Para a realización das competicións, efectuaranse os seguintes cortes e desviacións de tráfico na cidade:

Sábado 20

Das 15.00 ás 22.00 horas corte total dos Cantóns, desde a praza de Mina ata a Autoridade Portuaria. Desvío habitual da AC-11 Alfonso Molina coa avda. do Porto. Habilitarase un carril de saída pola calzada de entrada, no lado do porto, e o viaduto.

Das 14.15 ás 22.00 horas corte parcial de Sánchez Bregua – Linares Rivas – Primo de Rivera Palloza – avda. do Exército/Ramón y Cajal, coas seguintes aclaracións:

  • Mantense un carril de saída desde Juana de Vega ata Ramón y Cajal.
  • O tráfico de entrada á cidade, á altura do IMQ “San Rafael” desviarase pola AC-12 cara ás Xubias, avda. da Pasaxe e AC-10 (colocaranse elementos de sinalización e canalización).
  • Córtase o acceso desde a glorieta da rolda de Outeiro/avda. do Exército, no sentido de  centro da cidade. Na dirección de saída da cidade estará habilitado o carril dereito, en dirección Glorieta dos Castros (non se permite acceder ao túnel da avda. do Exército).

Sobre as 19.00 – 19.15 horas está prevista a reapertura ao tráfico da avda. da Pasaxe – avda. do  Exército – Ramón y Cajal, tras a finalización da proba ciclista que discorre por esa zona.

Domingo 21

Das 08.00 ás 14.45 horas: corte total da zona peonil da Mariña-Cantóns.

Desviarase todo o tráfico de saída da cidade polo túnel da Mariña-Parrote – avda. do Porto. As liñas de buses que circulan pola Mariña deberán ir pola avda. do Porto – túnel da Mariña-Parrote.

Das 08.00 ás 15.00 h, corte parcial de Sánchez Bregua – Linares Rivas – Primo de Rivera Palloza – Casa do Mar, coas seguintes aclaracións:

  •  Mantense un carril de saída da cidade desde Juana de Vega ata Ramón y Cajal.
  •  Móntase o desvío habitual da AC-11 Alfonso Molina coa avda. do Porto. Habilítase un carril de saída pola calzada de entrada, no lado do porto, e o viaduto.
  •  Córtase o acceso desde a glorieta da rolda de Outeiro/avda. do Exército en dirección ao centro da cidade. Permítese o tráfico en dirección de saída só a través do carril dereito que desemboca na glorieta dos Castros.
Etiquetas triatlón
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

Susana Rodríguez Gacio e Sara Pérez sobre a bici na proba de Montreal, terceira das Series Mundiais / CSD

Susana Rodríguez Gacio vence nas series de Montreal 

por Redacción As Nosas
28/06/2026
0

  A terceira das citas das Series Mundiais de paratríatlon celebrouse esta fin de semana en Montreal (Canadá). Alí a...

Campionato de España de Tríatlon Talentos / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña despídese do Campionato de España de Tríatlon Talentos, que congregou máis de 1.800 deportistas na cidade nesta fin de semana

por Redacción As Nosas
21/06/2026
0

A Coruña cerrou este domingo unha intensa fin de semana deportiva, na que a cidade viviu a celebración das competicións estatais...

Sara Guerrero, campioa de España de tríatlon olímpico na Coruña / FETRI

Sara Guerrero repite como campioa de España de Tríatlon Olímpico

por Redacción As Nosas
01/06/2025
0

  A triatleta galega Sara Guerrero revalidaba onte, sábado 31 de maio, o seu título de Campioa de España de...

Presentación do Campionato de España de Tríatlon 2025 que acollerá A Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Un milleiro de triatletas competirán no Campionato de España de Tríatlon 2025

por Redacción As Nosas
30/05/2025
0

  O Campionato de España de Tríatlon 2025, a proba individual sobre distancia olímpica de referencia no calendario da Federación...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.