• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Oito deportistas lucenses concienciarán sobre igualdade e Xacobeo no proxecto ‘O Camiño que nos une’

Participan Lara Balseiro, Tania Fernández, Adiaratou Iglesias, Sara Álvarez, Saleta Fernández, Nuria Bouza, Hilda Rodríguez e Alessandra Aguilar

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
10/03/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Presentación de 'O Camiño que nos une' / ATALAYA COMUNICACIÓN

Presentación de 'O Camiño que nos une' / ATALAYA COMUNICACIÓN

183
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

 

A iniciativa que impulsa a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo ao abeiro do programa ‘O Teu Xacobeo’ contará coa colaboración de oito centros educativos da provincia, dous por cada unha das rutas oficiais Lara Balseiro, Tania Fernández, Adiaratou Iglesias, Sara Álvarez, Saleta Fernández, Nuria Bouza, Hilda Rodríguez e Alessandra Aguilar serán os nomes propios desta iniciativa coa que a entidade presidida por Ángel Trabada pretende fusionar mocidade, igualdade, inclusión e Camiño de Santiago. 

Adi Iglesias, na presentación de 'O Camiño que nos une' / ATALAYA COMUNICACIÓN
Adi Iglesias, na presentación de ‘O Camiño que nos une’ / ATALAYA COMUNICACIÓN

Oito deportistas luguesas de renome tomarán a palabra esta primavera para promover entre a mocidade valores de igualdade, inclusión e de impulso ás rutas xacobeas da provincia no marco do proxecto ‘O Camiño que Nos Une’, que conta co financiamento do programa ‘O Teu Xacobeo’ e que foi presentado no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Contido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de GaliciaContido publicitario | Xunta de Galicia Día de Galicia

A iniciativa, ideada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Provincia de Lugo, desenvolverase de xeito telemático e somerxerá ao alumnado de oito centros educativos no impacto positivo que teñen as rutas xacobeas sobre a contorna na que viven.

Oito IES lucenses tomarán parte desta iniciativa que promociona o Camiño

En concreto, implicaranse oito IES e CPIs da provincia, con participantes de dous municipios por cada un dos Camiños oficialmente recoñecido: o CPI Uxío Novoneyra de Pedrafita do Cebreiro e o IES do Camiño de Palas de Rei en representación do Francés; o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo e o IES Basanta Silva de Vilalba no Camiño do Norte; o IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos e o IES Lama das Quendas de Chantada como referencias vencelladas ao Camiño do Sur ou do Inverno; e, finalmente, como bandeiras do Camiño Primitivo, o CPI de Castroverde e o IES Lucus Augusti da capital da provincia.

Nuria Bouza xogadora de volei praia do Club Voleibol Ourense | NB
Nuria Bouza xogadora de volei praia do Club Voleibol Ourense participa na iniciativa | NB

As voces protagonistas serán as das deportistas, quen achegarán as súas vivencias e as súas traxectorias persoais e profesionais ao alumnado para conciencialo sobre igualdade e inclusión. Así, a atleta Alessandra Aguilar, a xogadora profesional do Pescados Rubén Burela Futsal Lara Balseiro, a xogadora de volei Nuria Bouza, a piragüista Tania Fernández, a judoka Sara Álvarez, as atletas Saleta Fernández e Adiaratou Iglesias, así como Hilda Rodríguez, primeira deportista galega en acadar unha medalla nuns Xogos Paralímpicos (Atlanta 1996) converteranse no fío condutor desta actividade, que contará tamén con materiais didácticos específicamente deseñados para cada ocasión.

Lara Balseiro fala sobre o amigable co Castro / BURELA FS
Lara Balseiro será unha das deportistas participantes / BURELA FS

Tal como subliñou o presidente da entidade promotora, Ángel Trabada, “aínda que o vínculo entre Camiño de Santiago e deporte é obvio e non se lle escapa a ninguén, na nosa Asociación somos conscientes da necesidade de traballar, como fan os clubs, a canteira de futuras persoas peregrinas”, polo que “o primeiro paso indispensable é concienciármonos da oportunidade que supoñen as rutas xacobeas en termos culturais, socioeconómicos e de dinamización para a nosa provincia”.

Saleta Fernández Subcampioa de España de altura - FGA
Saleta Fernández é outra das participantes / FGA

Esta cuestión vertebrará todas as sesións, que comezarán o luns día 22 de marzo en Pedrafita do Cebreiro, “porta de entrada a Galicia para tantas persoas que quixemos que, simbolicamente, tamén fose o noso punto de partida”.

Á marxe desta cuestión, Trabada tamén incidiu na “responsabilidade e o compromiso” cunha sociedade máis igualitaria e inclusiva, polo que avoga por un formato “dinámico, que dá voz e protagonismo ás persoas que, sen lugar a dúbidas, deben ser as absolutas protagonistas hoxe para, mañá, acadar un futuro do que nos poidamos sentir aínda máis orgullosos e orgullosas”.

O representante desta entidade non dubidou en agradecer “a decidida colaboración que, dende o primeiro momento, amosaron tanto todas as deportistas coma os centros participantes, pezas sen as cales non poderíamos desenvolver esta actividade”.

Ademais, fixo extensivo este recoñecemento ao programa ‘O Teu Xacobeo’, promovido pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, quen cofinancia esta iniciativa.

Presentación de 'O Camiño que nos une' / ATALAYA COMUNICACIÓN
Presentación de ‘O Camiño que nos une’ / ATALAYA COMUNICACIÓN

Por outra banda, Ángel Trabada aproveitou a súa comparecencia, na que tamén interviron a atleta Adiaratou Iglesias como unha das participantes no proxecto; o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella; e a Directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, para reivindicar que “Lugo e Camiño de Santiago van tan da man coma as persoas peregrinas cos seus bastóns ao longo dos 30 municipios da provincia que contan con algún treito oficial nas súas superficies”.

Nese senso, apelou a estatísticas coma que o Camiño Primitivo conseguiu duplicar o seu volumen de peregrinos na última década (pasou de 7.661 en 2010 a 15.575 en 2019), ao tempo que aludiu ao papel singular da capital da provincia, con tres bens Patrimonio da Humanidade, como punto de partida do Camiño (das 2.696 persoas que a elixían en 2010 pasaron a representar agora 4.165).

Fixo referencia tamén ás máis de 150.000 persoas que durante 2019 iniciaron o seu percorrido na provincia de Lugo, así como ao cambio de tendencia no sexo dos peregrinos. “Se en 2010 os homes eran os protagonistas, cun 55,75% do total, agora son as mulleres quen representan un 51,15%”, concluía Trabada.

Etiquetas Adiaratou IglesiasAlessandra AguilarÁngel TrabadaHilda RodríguezIgualdadeLARA BALSEIRONuria BouzaO camiño que nos uneSaleta FernándezSara ÁlvarezSusana López AbellaTania Fernándezxacobeo
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Hugo Hernández, redacción As Nosas

As putas amas

por Hugo Hernández
09/11/2024
0

  O rexeitamento social, o menosprezo, a humillación e mesmo a clandestinidade son algunhas das afrontas que combateron e que,...

VII Seminario de Intercambio de Experiencias no deporte organizado polo Eixo Atlántico / SABELA MOSCOSO

O Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte do Eixo Atlántico alcanza a súa 7.ª edición

por Redacción As Nosas
29/10/2024
0

  O VII Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte celebrado no Centro Cultural de Alfena en Valongo...

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, e outros membros da xunta directiva para estudar posibles vías de colaboración en materia de promoción da igualdade e de loita contra a violencia de xénero / FEGABA

A FEGABA presenta á consellería de Política Social e Igualdade o seu proxecto ‘Social Basket’

por Redacción As Nosas
23/10/2024
0

  A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co presidente da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), Julio...

A campioa olímpica Ángela Pumariega, participou na acción 'Mulleres dos mares' / AUTORIDADE PORTUARIA DA CORUÑA

A campioa olímpica Ángela Pumariega participou na acción ‘Mulleres dos mares’ na Coruña dirixida ao alumnado galego

por Redacción As Nosas
27/03/2024
0

  Educación Azul e Inspiring Girls achegan as figuras das “Mulleres dos mares” ao alumnado galego. 63 nenos e nenas...

Saleta Fernández, no podio, logo de acadar a prata no concurso de salto altura no Campionato de España de pista curta celebrado en Expourense / RFEA

Saleta Fernández, prata en salto de altura no Campionato de España de pista curta

por Redacción As Nosas
19/02/2024
0

  A atleta de Monforte de Lemos, Saleta Fernández acadaba a medalla de prata no o Campionato de España Short...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Bea Seijas é a deseñadora gráfica responsable do novo escudo do Ourense FSF que ten unha flor de toxo como elemento central / BEA SEIJAS DESEÑO GRÁFICO

Bea Seijas: “Conseguimos captar no escudo do Ourense FSF a esencia de todos os elementos: a ponte, as augas termais, os ríos, Galicia e a flor de toxo”

16/07/2025
Novo escudo do Ourense Ontime FSF / BEA SEIJAS DISEÑO GRÁFICO

O Ourense Ontime FSF redeseña o seu escudo e incorpora unha flor de toxo con moito significado

16/07/2025
Selección de Galicia feminina de fútbol gaélico / ASOCIACIÓN GALEGA DE FÚTBOL GÁELICO

As seleccións de Galicia fan o seu ‘Camiño Celta’ en Irlanda con tres días preparando os World Games”

15/07/2025
Selección Galega / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Galicia remata en sexta posición o Campionato de España de Atletismo de federacións autonómicas

14/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.