• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

‘Camiño ao respecto’, unha andaina para decir NON á violencia de xénero

A Xunta proclama o seu non á violencia de xénero na andaina ‘Camiño ao respecto’ celebrada en Santiago de Compostela e que conta cunha versión virtual

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
22/11/2020
en Máis disciplinas deportivas, Máis Deporte
Non á violencia de xénero na andaina ‘Camiño ao respecto’ / XUNTA

Non á violencia de xénero na andaina ‘Camiño ao respecto’ / XUNTA

91
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada do vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda e outros membros do Goberno galego e das institucións percorreron parte do Camiño en Santiago de Compostela en apoio ás vítimas da violencia nunha andaina.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana; o vicepresidente primeiro e conselleiro primeiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda; os conselleiros de Sanidade, Julio García Comesaña e de Medio Rural, José González; xunto co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e outras autoridades galegas; participaron na andaina Camiño ao respecto na que percorreron o traxecto que vai do Monte do Gozo á Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela en sinal de rexeitamento á violencia de xénero e en apoio ás súas vítimas.

A iniciativa, enmarcada nos actos convocados pola Xunta na semana do 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia de xénero, serviu para remarcar que a erradicación desta lacra é unha prioridade do Goberno galego na que non se pode retroceder “nin un paso”.

A convocatoria da andaina celebrouse conforme as medidas sanitarias e sen participación popular. A Xunta convidou a cidadanía a sumarse a este apoio con andainas nos seus concellos, comarcas e parroquias e compartir estes materiais ata o próximo 30 de novembro por medio das redes sociais co hashtag #camiñoaorespecto.

Declaración institucional na andaina

A andaina comezou no Monte do Gozo en Santiago de Compostela onde a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, deu lectura á declaración institucional da Xunta cunha lembranza ás mulleres asasinadas pola violencia de xénero -no que vai de ano foron dúas na Comunidade- que son “punta do gran iceberg que supón a violencia machista, unha violencia que sofren milleiros de mulleres, de nenos e nenas, e que supón un gravísimo atentado contra os seus dereitos máis elementais”.

Na declaración a Xunta tivo un recordo a todas as mulleres asasinadas en España e “aos nenos e nenas vítimas mortais e todos os orfos e orfas vítimas da violencia machista”. “Erradicar a violencia de xénero é unha tarefa na que non podemos permitirnos retroceder nin un paso, e para o Goberno galego é unha prioridade e un deber de xustiza coas vítimas e as súas familias seguir traballando nese camiño”, recolle o documento.

Segundo a Xunta, parte do traballo debe focalizarse sobre os maltratadores para que sobre eles “caia todo o peso da lei, da xustiza e do rexeitamento social”. “Todas as medidas son insuficientes mentres unha muller viva baixo o medo e a falta de liberdade que iso supón e, calquera balance será negativo mentres haxa unha soa muller asasinada por esta causa”, leu Lorenzana.

Reforzo á atención das vítimas durante a pandemia de COVID-19

Neste ano 2020 a Xunta de Galicia reforzou a atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero, pois ante situacións de emerxencia coma a pandemia da COVID-19, os poderes públicos “estiveron á altura das circunstancias”, especificou a conselleira, que incidiu na súa lectura en que estes apoios se centraron sobre todo nas persoas máis vulnerables. “Traballamos desde o minuto un na posta en marcha dun Plan de reforzo na atención ás vítimas da violencia machista que garantise a súa seguridade, tratando de que as medidas habilitadas mitigasen a situación de illamento e que as mulleres se sentisen acompañadas e protexidas”, recalcou.

Previr e poñer fin á violencia exercida contra as mulleres é un obxectivo prioritario e irrenunciable do Goberno galego. “A igualdade é un valor de Estado, a violencia de xénero un asunto de Estado e a erradicación desta violencia un deber de Estado, xa que a violencia machista constitúe o máis cruel expoñente da falta de Igualdade da nosa sociedade e un dos ataques máis flagrantes aos dereitos fundamentais das persoas, como son a liberdade, a Igualdade e a vida”, engadiu a declaración que concluíu un ano máis cun “non á violencia” dos participantes.

Andaina virtual

Ante o contexto sanitario, a Xunta convidou á cidadanía a sumarse de xeito virtual a esta andaina, que cada ano reúne a centos de persoas en Santiago de Compostela. O Goberno autonómico lles anima realizar o Camiño ao respecto nos seus municipios, atendendo as restricións que lles poidan afectar e, despois, achegar fotografías ou vídeos do seu camiño, realizado entre hoxe e o 30 de novembro, ás redes sociais co hashtag #camiñoaorespecto ou envialas ao whatsapp do número 669 962 249.

Trátase de sumar apoios e fomentar a participación activa das persoas no rexeitamento público e formal contra a violencia de xénero e sensibilizar, a maiores, sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre homes e mulleres.

Etiquetas andainaCamiño ao respectoViolencia de xéneroXunta
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Suso Martínez exerce de guía nestas andainas que misturan historia e práctica deportiva / CONCELLO DA CORUÑA

Deporte e historia van da man nas 40 andainas guiadas que propón o Concello da Coruña

por Redacción As Nosas
12/01/2023
0

  No Concello da Coruña xa teñen aberto o prazo de inscrición nas andainas con percorridos de xaneiro, que abranguen...

Percorrido da andaina coa que se conmemorará a batalla de Elviña / CONCELLO DA CORUÑA

‘Corunna 1809 A paso de vencedores’, unha andaina diferente que auna deporte e historia coruñesa

por Redacción As Nosas
19/12/2022
0

  O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes, celebrará os 214 anos da batalla de Elviña cunha...

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa / XUNTA DE GALICIA

A Xunta acada o seu máximo histórico para equipamentos deportivos con 4,6M€ para 811 entidades en 2023

por Redacción As Nosas
19/12/2022
0

  O Diario Oficial de Galicia publica a resolución de entidades beneficiarias da segunda convocatoria deste ano para a concesión...

Estrella Pérez, vicepresidenta, Cecilia Thon, xogadora, e Nicolau Santos, presidente, todos eles do Autos Cancela CV Zalaeta / CV ZALETA

O Autos Cancela CV Zalaeta di non á violencia de xénero no partido contra o RGCC Covadonga

por Redacción As Nosas
10/12/2022
0

  O equipo de Superliga Femenina 2 do Club Instituto Zalaeta da Coruña, o Autos Cancela CV Zalaeta, enfrontarase este...

Liga Xunta de Galicia de Break 2022 / XUNTA DE GALICIA

A 9ª xornada da Liga Xunta de Galicia de break disputouse no CGTD de Pontevedra con medio cento de participantes

por Redacción As Nosas
23/11/2022
0

  Disputouse á novena xornada da Liga Xunta Galicia de Break no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra....

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Presentación do XXXIV Campionato Xunta de Galicia de marcha en ruta 2023, que se celebrará en Ames o 5 de febreiro / CONCELLO DE AMES

O Campionato Galego de marcha chega a Ames

25/01/2023
Esther Navarrete, que estará na Selección Galega, fíxose en 2022 co Campionato Xunta de Galicia de Campo a través / FGA

Un total de 40 deportistas, citados para a Selección Galega de campo a través

25/01/2023
Nerea Pampín, bronce, e Lydia Pérez, competiron no Torneo Internacional Henri Deglane en Niza FEGALOITA

Nerea Pampín, bronce no Torneo Internacional Henri Deglane de loita

25/01/2023
Ruth Lorenzo Couso e Xavier Santos Veiga, prata en kumite no Campionato de España Absoluto de karate 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE KARATE

Ruth Lorenzo Couso, prata en kumite -55kg no Campionato de España Absoluto de karate 2023

24/01/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.