- Montse Tomé, Paco Jémez, José Luis Mendilibar, Manuel Pellegrini, Aitor Karanka, Iglesias Villanueva ou Kris Van der Haegen son algunhas das persoas que exercerán como relatoras.
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e o xerente de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, participaron na inauguración do congreso ‘O Camiño do fútbol’ que ten lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia esta fin de semana que está organizado pola Real Federación Galega de Fútbol e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) coa colaboración da Xunta de Galicia -a Secretaría Xeral para o Deporte e a Axencia Turismo de Galicia-, como principal patrocinador.
Buenos días!
Listos para disfrutar de otro día inolvidable!
Empezamos 💪@futgal #ocamiñodofutbol
¿Lo vivimos juntos?
👇 pic.twitter.com/LfXZj4h4Lb— O Camiño Do Fútbol (@ocaminodofutbol) November 13, 2021
Na cita participan ponentes como adestradores da UEFA Pro que exporán a súa perspectiva do fútbol profesional, participarán nesa mesa Luis Mendilibar, Paco Jémez e Paco López. Tamén estarán Montse Tomé, axudante de Jorge Vilda na Selección Nacional Absoluta Femenina e adestradora da Selección Española Promesas, o coordinador do fútbol base do FC Barcelona, Albert Capellas, Manuel Pellegrini, Fernando Fernández, José Cabello e Félix Cao chegarán desde o Real Betis Balompié. Outras das persoas que achegan coñecementos ao congreso ‘O Camiño do fútbol’ son: Javi García (Villareal CF), Xesco Espar, experto en alto rendemento, os colexiados Alejandro Muñiz e Ignacio Iglesias Villanueva, o adestradro Aitor Karanka, ou Doménec Torrent.
Hoxe, domingo 14, será a última xornada de ‘O Camiño do fútbol’ e está previsto que participen Francis Sánchez, analista técnico de rivais do Atlético de Madrid, o preparador José Antonio Prieto “Cata”, actual secretario técnico do CA Osasuna.
Falando do modelo belga de fútbol estará Kris Van der Haegen, director da escuela de entrenadores da Federación Belga de Fútbol e instructor de UEFA Pro en España, Bélgica, Italia, Francia. Finalmente contarase coa participación do técnico UEFA Pro de Vigo Diego Martínez que presenta a ponencia “Ser/Sentir EQUIPO, na que transmitirá o seu xeito de ver e entender o fútbol.
Lete Lasa salienta a figura de Irene González no ‘O Camiño do fútbol’
Nesta cita, Jose Ramón Lete Lasa sinalou a importancia dos valores no deporte, así como no fútbol, e lembrou a figura de Irene González, a primeira muller que xogou ao fútbol de xeito oficial en Galicia, e probablemente en España, e “á que lle debemos moito do acadado polo fútbol feminino galego e nacional ata o día de hoxe”.
Neste sentido, Lete Lasa falou da igualdade como un dos principais valores do fútbol galego que, en 2019, “foi un dos primeiros en sumarse á campaña NON da Xunta de Galicia contra violencia de xénero e que hoxe o continua facer co segundo plan de patrocinio aos equipos femininos galegos de alta competición que chega xa ata os 250.000 euros”.
José Ramón Lete Lasa celebrou que Vicente del Bosque, embaixador vitalicio do Camiño, fora o presentador deste congreso hai unha semana xa que se trata dunha persoa “colmada de valores como os que nós defendemos e con gran capacidade para transmitilos ao deporte”. Do mesmo xeito, o secretario xeral gabou a nómina de persoeiros do mundo do fútbol que debaterán esta fin de semana en Santiago como “protectores dese fútbol cheo de valores, dese fútbol entendido como un camiño cara a igualdade”.
Pola súa parte, o xerente de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia destacou “a relevancia de apostar polo turismo deportivo pola súa capacidade de desestacionalización e de atracción de novos viaxeiros, que en moitas ocasións descubren o destino Galicia tras participar nun evento deportivo”.
🏁Hemos llegado a la meta.
🔚O Camiño do Fútbol termina a lo grande con unas ponencias de auténtico lujo.
Ha sido un enorme placer!!
🔗https://t.co/tsU0Ou3EwB pic.twitter.com/IDlcXCoYmr
— RFGF (@futgal) November 13, 2021