• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Camila Nicolau: “A separación de xénero non existe no raid, teño un 25% de responsabilidade, como calquera outro membro do equipo”

Un centenar de mulleres tomarán parte no Raid Gallaecia-AR World Championship 2021 unha dispiplina que é mixta e obriga a ter, canda menos unha muller por equipo - Dese cento de féminas, dez son capitás, a brasileira, do BOA Brazil Multisport é unha delas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
01/10/2021
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport / RAID GALLAECIA

A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport / RAID GALLAECIA

33
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade
  • As carreiras de aventura, con polo menos unha muller por equipo, son pioneiras na igualdade de xénero e a loita polos dereitos da muller no deporte.
  • Un centenar de mulleres tomarán parte no Raid Gallaecia-AR World Championship 2021 e dez delas capitanearán ás súas respectivas formacións.
  • “A separación de xénero non existe neste deporte, teño un 25% de responsabilidade, como calquera outro membro do equipo”, expresa Nicolau.

Só faltan 1 día para o pistoletazo de saída do Raid Gallaecia-AR World Championship 2021, que se disputará do 2 ao 9 de outubro en Galicia, o Campionato do Mundo das carreiras de aventura, unha disciplina mixta, con polo menos unha muller por equipo, pioneira na igualdade de xénero e na loita polos dereitos da muller no deporte.

A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport / RAID GALLAECIA
A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport / RAID GALLAECIA

Un centenar de mulleres tomarán parte no Raid Gallaecia-AR World Championship 2021 e dez delas capitanearán aos seus respectivos equipos:

  1. Camila Nicolau (BOA Brazil Multisport).
  2. Natalia Manzhay (Blizzard).
  3. Carin Goldblatt (Raiders of the Lost Arc).
  4. Magdalena Stachura (Beskidy).
  5. Esther Pizarro (Silice Itaca).
  6. Melody Hazi (Renegades).
  7. Paulina Andrea Mosquera (Gallaecia Raid Aventura).
  8. Kate White (Strong Machine).
  9. Anna Clelia Ponteri (Freemind Italia).
  10. Séverine Vandermeulen (Buval Belgium).

Con 18 anos de experiencia nas carreiras de aventura, sete vitorias nas Series Mundiais e varios Campionatos do Mundo nas súas pernas, a brasileira Camila Nicolau (São Paulo, 1985) é unha referencia no seu país. Deportista multidisciplinar, compaxina os adestramentos e a competición coa Oficina Multisport, empresa de consultoria deportiva que creou xunto ao seu marido, Guilherme Pahl, tamén integrante do BOA. E, desde fai catro anos, Camila é a mamá de Kilian. Unha nai coraxe no Raid Gallaecia-AR World Championship 2021.

Practicaches rafting, snowboard, bicicleta de montaña… e todo con bos resultados, pero levas 18 anos nas carreiras de aventura, que significa para ti este deporte?

CAMILA NICOLAU: Sempre me gustou facer deporte, pero as carreiras de aventura encántanme porque son unha analogía da vida. Sempre digo que en cinco días de proba pasan como cinco anos de vida. As leccións que saco deste deporte son únicas e axúdanme moito a evolucionar como ser humano.

Con polo menos unha muller por equipo, as carreiras de aventura son pioneiras na igualdade de xénero, sentes que o teu papel é tan importante como o dos homes?

CAMILA NICOLAU:  Si, é algo bastante impresionante das carreiras de aventura. A separación de xénero non existe neste deporte e camiñamos xuntos axudándonos en todo momento. Teño un 25% de responsabilidade, como calquera outro membro do equipo, e todos somos importantes. Pero sen dúbida neste deporte podemos mostrar a forza feminina e sacar proveito das nosas calidades como a resiliencia.

A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport, na imaxe co seu bebé Kilian / RAID GALLAECIA
A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport, na imaxe co seu bebé Kilian / RAID GALLAECIA

A maternidade é un tema tabú no deporte de competición, como viviches ti ese proceso?

CAMILA NICOLAU: A miña parella e eu xa estabamos a planear ter un fillo e quedeime embarazada nun moi bo momento da miña carreira deportiva. Ao principio foi un shock, pero aos poucos acepteino e gustoume. Cando Kilian tiña 3 meses, Vidaraid convidoume a participar na Expedición Guaraní.

Ao principio negueime pensando que non podería prepararme en cinco meses, pero coa axuda de Gui (Guilherme Pahl) dei un importante paso ao renovar relativamente pronto a miña rutina de adestramento e viaxar para a miña primeira carreira só oito meses despois de dar a luz.

Durante a proba necesitaba aleitar nas zonas de transición e contei co apoio dunha amiga que levou ao meu fillo e coidouno durante a carreira.

Agora ten catro anos, entende moi ben cando nos toca competir e durante as nosas viaxes queda coa súa avoa (a miña nai) e ambos se divirten moito.

A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport, na imaxe co seu bebé e a súa parella que tamén compite no equipo/ RAID GALLAECIA
A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport, na imaxe co seu bebé e a súa parella que tamén compite no equipo/ RAID GALLAECIA

Nunca competiches en Galicia, que expectativas tes unha vez que se desvelaron algúns detalles do percorrido?

CAMILA NICOLAU: Será unha carreira moi dura e moi diferente ás que estamos afeitos. Desafortunadamente, un membro do noso equipo tivo un accidente a semana pasada e tivemos que chamar a outro para completar o equipo. Agora estamos completos e confiados novamente para este desafío.

Será a miña primeira vez en España e por iso non quero crear ningunha expectativa, só gozar de cada unha das longas etapas que teño por diante, dando o mellor de min e traballando en equipo para conseguir un bo resultado.

BOA Brazil Multisport chega nun gran momento de forma tras gañar a Expedición Guaraní, das Series Mundiais, sentides como un dos equipos favoritos?

CAMILA NICOLAU: Esta será unha competición con máis de 90 equipos e hai varios con posibilidades de gañar. Creo que por primeira vez en moitos anos non hai un claro favorito e conto polo menos 10 equipos dispostos a disputar o posto máis alto do podio. Seremos a única selección brasileira e para nós é un soño levar a nosa bandeira todo o máis alto, pero somos conscientes de que teremos moito traballo e respectamos moito a todos os grandes equipos presentes.

A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport / RAID GALLAECIA
A brasileira Camila Nicolau é a captiá do equipo BOA Brazil Multisport / RAID GALLAECIA

Con sete vitorias nas Series Mundiais na túa palmarés só falta un podio no Campionato do Mundo, é un soño para ti?

CAMILA NICOLAU: Por suposto, é un soño gañar unha ARWC. Non só polo título, senón que será a recompensa de longos anos de traballo e dedicación a este deporte que transformou a miña vida.

Así será o Raid Gallaecia-AR World Championship 2021, un deporte mixto que trae a Galicia o seu Mundial

Etiquetas AR World Championship 2021CAMILA NICOLAUCARREIRAS DE AVENTURAraidRaid Gallaecia
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

8º Trail Running e Andaina de Orientación Gallaecia Raid / CONCELLO CULLEREDO

O Trail Running e Andaina de Orientación de Orro chegou á súa 8ª edición

por Redacción As Nosas
27/12/2021
0

Os montes da parroquia de Orro, en Culleredo, acolleron a celebración do 8º Trail Running e Andaina de  Orientación Gallaecia...

Acto do Raid Gallaecia no Parrote na Coruña / ADVENTURE SPORTS MEDIA ENRIQUE BLANCO

A Coruña despediu a carreira máis dura do mundo, o Raid Gallaecia-AR World Championship 2021, cunha festa para os finishers

por Redacción As Nosas
10/10/2021
0

O  Raid Gallaecia-AR World Championship 2021 toca ao seu fin tras sete días de aventura, esforzo e superación. Foi toda...

Inés Rey, alcaldesa da Coruña, na liña de meta do Raid Gallaecia no Parrote xunto a un dos equipos finishers / ADVENTURE SPORTS MEDIA ENRIQUE BLANCO

Cinco equipos galegos completaron a totalidade da carreira máis dura do mundo

por Redacción As Nosas
08/10/2021
0

Varios conxuntos galegos dos repescados que reiniciaron a carreira desde As Pontes tamén cruzaron a meta situada no Paseo do...

O SAFAT sueco, coa deportista Malin Hjalmarsson, proclámase campión do mundo no Raid Gallaecia / ARWC

O SAFAT sueco, coa deportista Malin Hjalmarsson, proclámase campión do mundo do Raid Gallaecia

por Redacción As Nosas
06/10/2021
0

O Swedish Armed Forces Adventure Team (SAFAT) é xa o novo campión do mundo de carreiras de aventura tras cruzar...

O Estonian ACE Adventure-A Sportiva lidera o Raid Gallaecia-AR World Championship 2021 ao paso pola Muralla roma de Lugo / ADVENTURE SPORTS MEDIA ENRIQUE BLANCO

O Estonian ACE Adventure-A Sportiva lidera o Raid Gallaecia-AR World Championship 2021 ao paso pola Muralla roma de Lugo

por Redacción As Nosas
05/10/2021
0

O sector 5, con 65 quilómetros de trekking desde As Pontes e pasando polas Fragas do Eume e as Mariñas...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Belén Toimil no Europeo de Munich / RFEA MIGUELEZ TEAM

Belén Toimil, décima no Europeo en lanzamento de peso

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Belén Toimil no Europeo de Munich / RFEA MIGUELEZ TEAM

Belén Toimil, décima no Europeo en lanzamento de peso

16/08/2022
A marchadora galega Antía Chamosa no Mundial de Munich 2022 / RFEA

Antía Chamosa terminou 15ª no Europeo de Munich nos 35km marcha

16/08/2022
Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) / SABELA MOSCOSO

Está por rematar o prazo para solicitar prazas no sector de lanzamentos no CGTD para o curso académico 2022/23

15/08/2022
Yohana, porteira Dépor ABANCA / RCD

Yohana tivo que deixar o seu posto baixo paus no Teresa Herrera por mor dunha contusión pélvica

14/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.