• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Ciclismo

O Cambre – Renault Caeiro certifica en Oia o seu trío de títulos na Copa Galicia do Porvir

Alejandra Neira, Diego López e Lara Fuentes gañaron vestidos de líderes na última xornada puntuable para as categorías cadetes e a júnior feminina

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/07/2023
en Máis Deporte, Ciclismo, Sobre rodas
Gran Premio Ciclismo - Concello de Oia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

Gran Premio Ciclismo - Concello de Oia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

60
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O Gran Premio Ciclismo – Concello de Oia estreouse no calendario o pasado sábado e fíxoo como cuarta e última xornada da Copa Galicia do Porvir para tres categorías. As cadetes, os cadetes e as juniors pecharon o seu certame autonómico de Estrada nunha cita na que o chanzo máis alto do podio estivo reservado para o Cambre-Renault Caeiro, tal e como informa a Federación Ciclismo Galego. O conxunto coruñés protagonizou un trío de triunfos con ciclistas que lucían as camisolas de líderes.

O percorrido de 45 quilómetros deseñado polo Ciclismo Oiense transitaba polas estradas dos concellos de Oia, A Guarda e O Rosal. Neste itinerario pola comarca do Baixo Miño ascendeuse o porto de montaña da Cruz da Portela, co seu cumio a 15 km da liña de meta. Gañador en Carballo e segundo clasificado en Boiro e en Cambados, o cadete Diego López tiña garantida matematicamente a xeral da Copa Galicia e ao seu título púxolle a guinda sendo o máis rápido na liña de meta de Mougás. O representante do Cambre-Renault Caeiro bateu por 5 segundos de diferenza a Unai Fernández (O Rosal) e a Aarón Lorenzo (Compostelano), segundo e terceiro respectivamente.

No ranking final cadete, o vencedor en Oia sumou 540 puntos polos 250 de Aron González e os 245 de Diego Souto (Vigués).

Un pleno de vitorias asinou Alejandra Neira na Copa Galicia do Porvir cadete feminina. A vixente subcampioa de España de contra o reloxo individual impúxose nesta ocasión con 1’13” de vantaxe sobre Irene Signo (Lynalfa-Ponteareas). A 3’08” da santiaguesa do Cambre-Renault Caeiro rematou a súa compañeira de equipo Ivet Ivanova, que grazas ao seu terceiro posto en Oia ascendeu á segunda praza da xeral, adiantando por 40 puntos a Nerea Suárez (Carballo), terceira clasificada no ranking igualada a 360 puntos con Irene Signo. 

A terceira categoría do certame coordinado pola Federación Ciclismo Galego (FCG) que se resolveu neste evento foi a júnior feminina.

A ausencia de Andrea Prado (Becani) aseguraba o títul a Lara Fuentes. Esa circunstancia non provocou a relaxación da ciclista do Cambre-Renault Caeiro e por 13″ de marxe na meta decantou ao seu favor o duelo con Xiana Camiña (Becani), apuntándose deste xeito o seu terceiro triunfo parcial desta campaña. Vania Gregores (Lynalfa-Ponteareas) fixo terceira en Mougás.

Lara Fuentes, vencedora no 2022 da xeral cadete, estivo escoltada no podio da Copa Galicia por dúas juniors do Becani: Xiana Camiña, segunda, e Lucía Ballester, terceira.

Xunto ás cadetes e ás xuvenís competiron as elites e sub23. Carla Fernández (Quebici-Marcisport) dominou esta carreira por diante de Laura Mira (Farto-BTC) e a terceira praza obtívoa María Jesús Barros (Supermercados Froiz), sendo a primeira elite.

En canto ás categorías de escolas, inscribiron o seu nome na listaxe de gañadoras e gañadores Vega Aldrey (Cambre-Renault Caeiro) e Gonçalo Correia (Landeiro) en infantís, Estela Yáñez (Tríatlon Coruña) e Mateo Hermida (Avanza-O Porriño) en alevíns, Alma García (Tríatlon Coruña) e Xoán Sande (Barbanza) en principiantes, e Iria Ruíz (Betanzos) e Iván Lázaro (O Rosal) en promesas.

Os premios da primeira edición do Gran Premio Ciclismo – Concello de Oia encargáronse de entregalos Cristina Correa, alcaldesa de Oia; Modesto Pereira, concelleiro de Deportes; Aser Estévez, presidente do Ciclismo Oiense; e Óscar Sánchez e Jacobo Ucha, directivo e técnico da FCG.

A Copa Galicia do Porvir 2023 aínda non finalizou. Resta a última xornada júnior masculina, o Trofeo Júnior Carballo fixado para o 26 de agosto. Toda a información sobre este circuíto de probas podes atopala na súa sección dentro desta páxina web e nas redes sociais a través do cancelo #CopaGaliciaPorvir23.

  • Clasificacións do Gran Premio Ciclismo – Concello de Oia
Etiquetas ciclismoCopa GaliciaFederación Ciclismo Galego
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Lorena Patiño, ouro na categoría Junior da proba de Amurrioko Ziklokrosa do Campionato de España de Ciclocrós en 2024/ RFEC

A Selección de Galicia Júnior de XCO triunfa con Lorena Patiño no colofón da Copa de España

por Redacción As Nosas
30/06/2025
0

  Segundo triunfo de Lorena Patiño nesta tempada na Copa de España Un abafante ensaio en Cervera del Maestre (Castellón)...

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

Máis de 2.000 persoas participan no Día da Bicicleta da Coruña organizado por Agaxorde

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  Más de dúas mil persoas chegadas desde diferentes puntos de Galicia, España e ata de dez países, participaron este...

Unha muller empregando a bicicleta como método de transporte nunha cidade, un dos obxectivos que busca promover o Día da Bicicleta

A Coruña recupera o Día da Bicicleta tras 15 anos sen celebrarse

por Redacción As Nosas
03/06/2025
0

  Quince anos despois o Concello da Coruña recupera o tradicional Día da Bicicleta, unha iniciativa que organiza xunto a...

Selección Galega de ciclismo paralímpico en estrada / FEDERACION CICLISMO GALEGO

Triunfos para Mila López, Damián Ramos e Iván Montero no Campionato de España de ciclismo paralímpico de estrada

por Redacción As Nosas
26/05/2025
0

  Ouros para os galegos Mila López, Damián Ramos e Iván Montero no Campionato de España de Ciclismo paralímpico de...

Lara Lois, no Campionato España de XCO coa Selección Galega / RFEC

Sete bikers defenderán as cores da Selección Galega no Campionato de España de XCM

por Redacción As Nosas
22/05/2025
0

  A MMR Power Race León outorga este domingo, 25 de maio, os títulos do Campionato de España de Cross...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Teresa Portela nos Xogos Olímpicos / RFEP

Teresa Portela, Medalla Emilia Pardo Bazán 2025

11/07/2025
Belén Feal, nova adestradora do Burela FS / BURELA FS

Belén Feal é a nova adestradora do Burela FS

11/07/2025
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.