Este domingo, a Copa Galicia de Ciclocross vén cunha nova proba da competición autonómica. O XII Ciclocross Concello de Cambre dará comezo ás 09:30 horas.
O Club Ciclista Cambre Caeiro organiza a competición federada na contorna do campo de fútbol Daniel Mallo. Á cita acudiran ciclistas desde cadete ata máster 60, destacando especialmente as sub23 e as elite.
Un dos nomes máis destacados da proba será o de Laura Mira, do GD Supermercados Froiz quen defenderá o seu maillot de líder. Xunto a ela estará a súa compañeira Uxía Soto, tamén habitual nos podios galegos.
Uxía Soto vence na cuarta xornada da Copa Galicia de ciclocross