Son tempos de cambios por terras de Ourense. Se no deportivo o bloque de xogadoras que adestrará Mondo non rexistra grandes cambios (tres fichaxes: Sara Soares, Ana Rivera e Raquelilla), si se produce un grande no nome do equipo. As galegas mudan de patrocinador e logo de 13 co apelido Envialia na súa camiseta, múdano por OnTime.
“Empeza unha nova etapa na nosa familia”, avisaban as ourensás que explicaban á súa afección que deixan “atrás Envialia” un patrocinador ao que “non podemos deixar de dar as grazas. Con el conseguimos moitos éxitos pero o maior de todos é ter medrado como familia e en valores”, relatan desde o club ourensá.