As licenzas deportivas femininas creceron o triple de velocidade cas masculinas nos últimos oito anos, según o Consejo Superior de Deportes. Este feito non obtivo a correspondente repercusión nin vibisibilidade. Por iso é necesario remontarse os inicios do fútbol e o baloncesto. Aqueles deportes, que na súa orixe, eran considerados como masculinos e as mulleres da nosa terra meiga lograron facerse un oco para que as novas xeracións poideran chegar a elite.
Os comezos non foron iguais para ambos
A industralización e a urbanización chegaron a Galicia no século XIX. Grazas a isto, o deporte veu da mán. Nos comezos, as mulleres asistían os estadios e os pavillóns como afeccionadas. O seu rol, moi distinto ao actual: reforzar a superioridade dos homes que competían. Só era usual velas practicar deporte en disciplinas nas que predominaba máis a técnica como a hípica, a ximnasia ou a patinaxe.
Non foi ata o 1930 cando as mulleres se atreveron a practicar aqueles deportes considerados erróneamente masculinos. Un deles, o fútbol. Que estaba popularizado en Galicia arredor do 1909. No libro Pioneras do deporte en Galicia escrito por Cristina López Villar recóllese unha crónica en Galicia Sportiva adicada as mulleres galegas. Nela as motivaban a formar equipos deste segmento. O libro tamén rememora citas como “este deporte non era o apropiado para las mujeres”. Como aquelas opinións misóxinas do barón de Coubertin nos Xogos Olímpicos: “A única misión das mulleres é coroar os vencedores”.
Sen embargo, isto non foi unha barreira. O caso máis soado é o de Irene González. A primeira muller galega en xogar nesta disciplina na comunidade. Tamén está considerada, a nivel estatal, como a pioneira do fútbol femenino.
Nas seguintes décadas, creáronse varios equipos. A información sobre os primeiros é moi escasa. Houbo que esperar ata 1968. A Coruña foi a sede do primeiro exemplo: o Karbo. Fundouse da man de Ramón Carrasco e María del Carmen Borrego, un matrimonio que rexentaban un centro de enseñanza no barrio coruñés de Los Mallos chamado polo mesmo nome.
O seu presidente era Francisco Cadahia. Pero a persoa encargada de levar as herculinas a elite do fútbol feminino foi José Mañana. Formaron un grupo de vinte mulleres —onde destacan nomes como Lis Franco, Pili Neira ou Inma Castellón— con idades entre os 15 e os 28 anos para disputar por primeira vez un partido nunhas festas locais. Máis tarde, formou parte do RC Deportivo, baixo o nome de Karbo Deportivo de A Coruña.
Os oitenta convertéronse da etapa dourada do club. As xogadoras coruñesas lograron catro copas da raíña. E, nese intre, convertéronse en precursoras da formación de equipos nacionais. Os problemas económicos non pasaron de largo no equipo. En 1988, xusto antes do recoñecemento da Primeira Liga Feminina, o Karbo desapareceu.
Pontevedra e A Coruña, berces do basket feminino galego
No baloncesto, as mulleres fixóronse un oco. O tiveron complicado pero non foron tan cuestionadas. A primeira aparición feminina remóntase ó 1935. No estadio Sociedade Ximnástica de Pontevedra disputouse o encontro entre dos equipos, o azul e o vermello.
Pero, unha vez máis, as pioneiras atopámolas en A Coruña: o Medina. Estivo activo sobre todo nos anos sesenta e setenta. Chegando a ser campioas da Liga de baloncesto feminino —xogadoras destacadas Maribel Gómez, Gelines Porto e Marita Millán— como en España no ano 1966. Adestradas polo xornalista Manuel Fernández Trigo conseguiron a terceira praza para o Campionato de España. En 1961, acadaron a Copa da Raíña tras derrotar ó CREFF de Madrid na final en San Sebastián.
Esta vitoria permitiulles xogar a Copa de Europa de baloncesto feminino de 1962 onde derrotaron o Sport Lubango e Benfica de Angola, que representaban a Portugal e o Casablanca de Marrocos. Logo, caeron contra o Radnicki de Belgrado nos cuartos de final. Tras conseguir a Liga Feminina de España volveron a participar en competicións europeas.
Derrotaron de novo a Lubango e Benfica, na cidade herculina, e despois caeron derrotadas, esta vez en oitavos de final, ante o Recoaro AS de Vicenza. Con algunhas das súas antigas xogadoras xa no Club Tabacalera A Coruña, fusionáronse con el a medidados dos setenta. Moitos dos seus equipos desapareceron ou mudaron de nome no 1977.
Pouco despois, en Vigo, naceu o coñecido Celta de Vigo. O conxunto proclamouse campión de liga nas tempadas 1976-77, 1978-79, 1981-82. E, no verano de 1996, José Manuel Gómez Carballo —último presidente do ciclo masculino Club Deportivo Bosco—volveu a apostar pola entidade celtista. Nesta etapa tamén gañaron as ligas de 1998-99 e 1999-2000.
O fútbol femenino galego, en auxe
Na actualidade, as mulleres deportistas conseguiron afianzarse nas categorías máis altas. Neste momento o fútbol galego está nos seus mellores anos. Na Liga Iberdrola está o RC Deportivo ABANCA. Volveu a nacer no seno do equipo da Coruña, que tres décadas despois da desapararición do pioneiro Karbo, decidiu recuperar a sección feminina —na temporada 2016-17—, a través do convenio de colaboración co club coruñés Orzán S.D. que actúa como filial.
A Liga Feminina pasou por unha restructuración. Moitos dos equipos non dispoñían dos medios suficientes —sobre todo, económicos— para facer fronte a categoría na que estaban. Por iso naceu a Primeira División B chamada Reto Iberdrola, na que se atopa o Peluquería Mixta Friol. O equipo lucense foi fundado no 1991 como feminino e está na categoría de prata desde 2006.
Os logros futbolísticos das galegas non rematan ahí. Na Primeira División Nacional, no grupo A, dos catorce que a forman, oito equipos son da nosa terra: da cidade herculina o equipo B do R.C. Deportivo e o Victoria C.F. Pola capital galega, o Victoria F.C. E, da provincia de Pontevedra: Sárdoma C.F., Atlético Arousana, C.D. Valladares, Viaxes Interrías e Umia C.F.
A representación galega actual no baloncesto estatal
Mentres tanto, no baloncesto, a máxima categoría nacional —a Liga Endesa— conta co Durán Maquinaria Ensino. Naceu en 1981. O conxunto de provincia de Lugo xogou nesa división 14 anos. Na Liga Feminina 2, agora mesmo, militan catro equipos galegos: o Baxi Ferrol, o Celta Zorka Recalvi, o Arxil e o A.D. Cortegada.
As primeiras, tras sete tempadas na máxima categoría, descenderon o curso anterior. Non todo son desgracias. As xogadoras da cidade naval neste ano —o 2019— celebraron 500 partidos en competicións da Federación Española de Baloncesto. O Celta Zorka Recalvi estivo na máxima categoría de 2004 ata 2011 baixo o nome de C.B. Bosco. Ata que descenceu a Liga 2. O Arxil e o A.D. Cortegada pasaron pola mesma situación que os dous anteriores. Pero levan desde 2014 entre os postos baixos.
A pesar do crecemento das licenzas, as desigualdades seguen presentes
Pasiño a pasiño, o deporte feminino galego non parou de medrar. Nos últimos oito anos, as licenzas de mulleres están subindo ó triple de velocidade cas dos homes. En 2009, por primeira vez, o Consejo Superior de Deporte difenciou as licenzas por sexo e por comunidade autónoma. Nese preciso momento Galicia contaba con 153.998 masculinas (82,7% do total) e 33.306 femeninas (17,8%). Pero en 2017 as tornas cambiaron. As primeiras subiron nun 24,5% mentres que as segundas, nun 76,3%.
En 2017, a nosa comunidade contaba con 3.126 futbolistas federadas. Unha cifra bastante baixa en comparación ós homes —67.524 que representan o 95,6% do total—. Aínda que con lentitude, a distancia foi a menos. Noutros países non ocorre o mesmo. Según o reportaxe Fútbol y femenino, elaborado polo programa Informe Robinson (Movistar +), un bo exemplo no que destaca a igualdade é Suecia. A encargada de falar das grandes diferenzas deste país co noso é a única futbolista galega que posúe no seu palmarés unha Copa de Europa. Non necesita ningún adxectivo posto que o seu nome e apelido falan por sí sós: Vero Boquete. As súas compañeiras de profesión comparten os sentimentos de tristeza e de envexa ante esta situación.
Por iso, as ligas masculinas e as femininas non teñen as mesmas similitudes. A principal diferencia, a profesionalidade. Os futbolistas masculinos poden vivir perfectamente do seu deporte xa que os seus salarios son dignos. Elas, sen embargo, deben buscar outro traballo para poder chegar a fin de mes. Ademáis, de escoitar os comentarios inapropiados das gradas. En moitas ocasión teñen que aguantar preguntas do estilo “por qué xogas o fútbol?”.
Un dos grandes pasos vividos nesta tempada foi a consecución do primeiro Convenio Colectivo do fútbol feminino español. O acordo estivo precedido por unha histórica folga de fútbolistas en España. Elas plantáronse para facer valer os seus dereitos.
Na serie de entrevistas que desde As Nosas publicamos este ano co gallo do 8M, varias foron as mulleres do deporte galego que puntaron, precisamente ao tema económico e á necesaria profesionalización, como un dos puntos que frean á muller deportista na súa carreira como tal. compaxinar deporte e traballo, non sempre é factible. E de facerse, algunha das actividades ou as dúas, resíntense.
Nos pavillóns, a diferencia é menor. De feito, fixándose nos datos dende 2009, creceron máis o número de mulleres (1.754) que de homes (1.216) en términos absolutos. Polo tanto, esta disciplina asentouse no liderato das que se amontoan máis licenza no apartado feminino, por diante da patinaxe, o atletismo e a ximnasia, en 2017.
Sobre o que ocorre no exterior, o baloncesto é un claro exemplo de que se queres compaxinar os estudios e o deportes, é necesario emigrar. Un dos países o que máis recorren as xóvenes promeses é os Estados Unidos. E como no fútbol, moitas tamén marchan fóra para ter bos salarios e ser máis valoradas. Neste último caso, as xogadoras emprende os seu camiño hacia as ligas europeas. Como por exemplo a ex celeste e do Baxi Ferrol, María Araújo, que estivo xogando na Basket Liga Kobiet no Wisla Cracovia.
Volvendo as competicións como no deporte anterior, no basket son parecidas. Si que é verdade que as ligas son máis curtas. De aí que, en ocasións as xogadoras, estén acostumadas a buscarse otros equipos para os meses de verán. E outra, das pocas diferencias, é o número de asistentes os partidos. Pero, tamén podemos dicir, que un dos nosos equipos galegos atópase no Top 5 de encontros con maior asistencia de público —comprendido entre o 2009 e o 2019— de baloncesto feminino en España. Elas son o Celta Zorka Recalvi, na fase de ascenso da Liga Feminina 2, no de abril de 2018 ante o Valencia Basket.
https://twitter.com/CeltaDatos/status/1221394854506385409
O feito importante: as mulleres non poden adicarse exclusivamente ó deporte como os homes. Os clubs femininos non obteñen os mesmo orzamentos. E, mencionado anteriormente, as xogadoras teñen atopar outro traballo para poder facerse solventes en temas económicos. O Estado e as administracións ofrécelles axudas, pero non son poucas as voces que reclaman que aínda non son as suficientes. Os equipos femininos requieren moito diñeiro e é compricado xestionalos sen el. Por iso, a parte máis importante en este tema, son as aportacións das empresas privadas.
A pesar da cantidade de barreiras, o empoderamento das mulleres é unha realidade. No vocabulario das actuais referentes non existen os estereotipos e moito menos os prexuízos. Se o camiño fai historia e a constancia lograr títulos e méritos, as futbolistas e xogadoras de baloncesto están construíndo o seu.