• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte

Chegou o cambio ao fútbol e o baloncesto feminino galego?

O número de licenzas das mulleres nesta disciplinas non deixan de crecer, pero a situación de clubs e deportistas avanza? | Botemos a ollada atrás e comparemos co presente

Patri Campos por Patri Campos
24/03/2020
en Máis Deporte
Futbol e baloncesto feminino

Futbol e baloncesto feminino

389
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

As licenzas deportivas femininas creceron o triple de velocidade cas masculinas nos últimos oito anos, según o Consejo Superior de Deportes. Este feito non obtivo a correspondente repercusión nin vibisibilidade. Por iso é necesario remontarse os inicios do fútbol e o baloncesto. Aqueles deportes, que na súa orixe, eran considerados como masculinos e as mulleres da nosa terra meiga lograron facerse un oco para que as novas xeracións poideran chegar a elite.

Os comezos non foron iguais para ambos

A industralización e a urbanización chegaron a Galicia no século XIX. Grazas a isto, o deporte veu da mán. Nos comezos, as mulleres asistían os estadios e os pavillóns como afeccionadas. O seu rol, moi distinto ao actual: reforzar a superioridade dos homes que competían. Só era usual velas practicar deporte en disciplinas nas que predominaba máis a técnica como a hípica, a ximnasia ou a patinaxe.

Non foi ata o 1930 cando as mulleres se atreveron a practicar aqueles deportes considerados erróneamente masculinos. Un deles, o fútbol. Que estaba popularizado en Galicia arredor do 1909. No libro Pioneras do deporte en Galicia escrito por Cristina López Villar recóllese unha crónica en Galicia Sportiva adicada as mulleres galegas. Nela as motivaban a formar equipos deste segmento. O libro tamén rememora citas como “este deporte non era o apropiado para las mujeres”. Como aquelas opinións misóxinas do barón de Coubertin nos Xogos Olímpicos: “A única misión das mulleres é coroar os vencedores”.

Sen embargo, isto non foi unha barreira. O caso máis soado é o de Irene González. A primeira muller galega en xogar nesta disciplina na comunidade. Tamén está considerada, a nivel estatal, como a pioneira do fútbol femenino.

O equipo galego, o Karbo / IAGO CEREZUELA
O equipo galego, o Karbo / IAGO CEREZUELA

Nas seguintes décadas, creáronse varios equipos. A información sobre os primeiros é moi escasa. Houbo que esperar ata 1968. A Coruña foi a sede do primeiro exemplo: o Karbo. Fundouse da man de Ramón Carrasco e María del Carmen Borrego, un matrimonio que rexentaban un centro de enseñanza no barrio coruñés de Los Mallos chamado polo mesmo nome.

O seu presidente era Francisco Cadahia. Pero a persoa encargada de levar as herculinas a elite do fútbol feminino foi José Mañana. Formaron un grupo de vinte mulleres —onde destacan nomes como Lis Franco, Pili Neira ou Inma Castellón— con idades entre os 15 e os 28 anos para disputar por primeira vez un partido nunhas festas locais. Máis tarde, formou parte do RC Deportivo, baixo o nome de Karbo Deportivo de A Coruña.

 

1 de 4
- +
José Mañana, adestrador do Karbo / IAGO CEREZUELA
O equipo galego, o Karbo / IAGO CEREZUELA
O equipo galego, o Karbo / IAGO CEREZUELA
O equipo galego, o Karbo / IAGO CEREZUELA

Os oitenta convertéronse da etapa dourada do club. As xogadoras coruñesas lograron catro copas da raíña. E, nese intre, convertéronse en precursoras da formación de equipos nacionais. Os problemas económicos non pasaron de largo no equipo. En 1988, xusto antes do recoñecemento da Primeira Liga Feminina, o Karbo desapareceu.

Pontevedra e A Coruña, berces do basket feminino galego

No baloncesto, as mulleres fixóronse un oco. O tiveron complicado pero non foron tan cuestionadas. A primeira aparición feminina remóntase ó 1935. No estadio Sociedade Ximnástica de Pontevedra disputouse o encontro entre dos equipos, o azul e o vermello.

Pero, unha vez máis, as pioneiras atopámolas en A Coruña: o Medina. Estivo activo sobre todo nos anos sesenta e setenta. Chegando a ser campioas da Liga de baloncesto feminino —xogadoras destacadas Maribel Gómez, Gelines Porto e Marita Millán— como  en España no ano 1966. Adestradas polo xornalista Manuel Fernández Trigo conseguiron a terceira praza para o Campionato de España. En 1961, acadaron a Copa da Raíña tras derrotar ó CREFF de Madrid na final en San Sebastián.

Esta vitoria permitiulles xogar a Copa de Europa de baloncesto feminino de 1962 onde derrotaron o Sport Lubango e Benfica de Angola, que representaban a Portugal e o Casablanca de Marrocos. Logo, caeron contra o Radnicki de Belgrado nos cuartos de final. Tras conseguir a Liga Feminina de España volveron a participar en competicións europeas.

Derrotaron de novo a Lubango e Benfica, na cidade herculina, e despois caeron derrotadas, esta vez en oitavos de final, ante o Recoaro AS de Vicenza. Con algunhas das súas antigas xogadoras xa no Club Tabacalera A Coruña, fusionáronse con el a medidados dos setenta. Moitos dos seus equipos desapareceron ou mudaron de nome no 1977.

 

1 de 8
- +
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO
Fotos históricas do Celta / CELTA BALONCESTO

Pouco despois, en Vigo, naceu o coñecido Celta de Vigo. O conxunto proclamouse campión de liga nas tempadas 1976-77, 1978-79, 1981-82. E, no verano de 1996, José Manuel Gómez Carballo —último presidente do ciclo masculino Club Deportivo Bosco—volveu a apostar pola entidade celtista. Nesta etapa tamén gañaron as ligas de 1998-99 e 1999-2000.

O fútbol femenino galego, en auxe

Na actualidade, as mulleres deportistas conseguiron afianzarse nas categorías máis altas. Neste momento o fútbol galego está nos seus mellores anos. Na Liga Iberdrola está o RC Deportivo ABANCA. Volveu a nacer no seno do equipo da Coruña, que tres décadas despois da desapararición do pioneiro Karbo, decidiu recuperar a sección feminina —na temporada 2016-17—, a través do convenio de colaboración co club coruñés Orzán S.D. que actúa como filial.

 

1 de 10
- +
Aperta final de partido das xogadoras do RC Deportivo ABANCA / SABELA MOSCOSO
Friol--Alavés
plantilla Victoria CF
victoria fc vs Racing Santander
sárdoma plantilla
Plantilla Atlético Arousana tempada 19-20
Valladares
Viajes Interrías
Umia CF
Deportivo ABANCA B - Victoria CF | RCD

A Liga Feminina pasou por unha restructuración. Moitos dos equipos non dispoñían dos medios suficientes —sobre todo, económicos— para facer fronte a categoría na que estaban. Por iso naceu a Primeira División B chamada Reto Iberdrola, na que se atopa o Peluquería Mixta Friol. O equipo lucense foi fundado no 1991 como feminino e está na categoría de prata desde 2006.

Os logros futbolísticos das galegas non rematan ahí. Na Primeira División Nacional, no grupo A, dos catorce que a forman, oito equipos son da nosa terra: da cidade herculina o equipo B do R.C. Deportivo e o Victoria C.F. Pola capital galega, o Victoria F.C. E, da provincia de Pontevedra: Sárdoma C.F., Atlético Arousana, C.D. Valladares, Viaxes Interrías e Umia C.F.

A representación galega actual no baloncesto estatal

Mentres tanto, no baloncesto, a máxima categoría nacional —a Liga Endesa— conta co Durán Maquinaria Ensino. Naceu en 1981. O conxunto de provincia de Lugo xogou nesa división 14 anos. Na Liga Feminina 2, agora mesmo, militan catro equipos galegos: o Baxi Ferrol, o Celta Zorka Recalvi, o Arxil e o A.D. Cortegada.

 

1 de 5
- +
Plantel do Durán Maquinaria Ensino da Liga Endesa de baloncesto / ENSINO LUGO
Plantel do Baxi Ferrol da Liga Feminina 2 de baloncesto / UNI FERROL
Plantel do Celta Zorka Recalvi na Liga Feminina 2/ CELTA ZORKA RECALVI
Plantel do C.B. Arxil da Liga Feminina 2 / C.B. ARXIL
Plantel do A.D. Cortegada da Liga Feminina 2 / A.D. CORTEGADA

As primeiras, tras sete tempadas na máxima categoría, descenderon o curso anterior. Non todo son desgracias. As xogadoras da cidade naval neste ano —o 2019— celebraron 500 partidos en competicións da Federación Española de Baloncesto. O Celta Zorka Recalvi estivo na máxima categoría de 2004 ata 2011 baixo o nome de C.B. Bosco. Ata que descenceu a Liga 2. O Arxil e o A.D. Cortegada pasaron pola mesma situación que os dous anteriores. Pero levan desde 2014 entre os postos baixos.

A pesar do crecemento das licenzas, as desigualdades seguen presentes

Pasiño a pasiño, o deporte feminino galego non parou de medrar. Nos últimos oito anos, as licenzas de mulleres están subindo ó triple de velocidade cas dos homes. En 2009, por primeira vez, o Consejo Superior de Deporte difenciou as licenzas por sexo e por comunidade autónoma. Nese preciso momento Galicia contaba con 153.998 masculinas (82,7% do total) e 33.306 femeninas (17,8%). Pero en 2017 as tornas cambiaron. As primeiras subiron nun 24,5% mentres que as segundas, nun 76,3%.

Vero Boquete / AS NOSAS
Vero Boquete / AS NOSAS

En 2017, a nosa comunidade contaba con 3.126 futbolistas federadas. Unha cifra bastante baixa en comparación ós homes —67.524 que representan o 95,6% do total—. Aínda que con lentitude, a distancia foi a menos. Noutros países non ocorre o mesmo. Según o reportaxe Fútbol y femenino, elaborado polo programa Informe Robinson (Movistar +), un bo exemplo no que destaca a igualdade é Suecia. A encargada de falar das grandes diferenzas deste país co noso é a única futbolista galega que posúe no seu palmarés unha Copa de Europa. Non necesita ningún adxectivo posto que o seu nome e apelido falan por sí sós: Vero Boquete. As súas compañeiras de profesión comparten os sentimentos de tristeza e de envexa ante esta situación.

Por iso, as ligas masculinas e as femininas non teñen as mesmas similitudes. A principal diferencia, a profesionalidade. Os futbolistas masculinos poden vivir perfectamente do seu deporte xa que os seus salarios son dignos. Elas, sen embargo, deben buscar outro traballo para poder chegar a fin de mes. Ademáis, de escoitar os comentarios inapropiados das gradas. En moitas ocasión teñen que aguantar preguntas do estilo “por qué xogas o fútbol?”.

Un dos grandes pasos vividos nesta tempada foi a consecución do primeiro Convenio Colectivo do fútbol feminino español. O acordo estivo precedido por unha histórica folga de fútbolistas en España. Elas plantáronse para facer valer os seus dereitos.

Na serie de entrevistas que desde As Nosas publicamos este ano co gallo do 8M, varias foron as mulleres do deporte galego que puntaron, precisamente ao tema económico e á necesaria profesionalización, como un dos puntos que frean á muller deportista na súa carreira como tal. compaxinar deporte e traballo, non sempre é factible. E de facerse, algunha das actividades ou as dúas, resíntense.

Nos pavillóns, a diferencia é menor. De feito, fixándose nos datos dende 2009, creceron máis o número de mulleres (1.754) que de homes (1.216) en términos absolutos. Polo tanto, esta disciplina asentouse no liderato das que se amontoan máis licenza no apartado feminino, por diante da patinaxe, o atletismo e a ximnasia, en 2017.

María Araújo e Bea Sánchez, ex compañeiras no Baxi Ferrol / AS NOSAS
María Araújo e Bea Sánchez, ex compañeiras no equipo de baloncesto galego da cidade departamental, o Baxi Ferrol / AS NOSAS

Sobre o que ocorre no exterior, o baloncesto é un claro exemplo de que se queres compaxinar os estudios e o deportes, é necesario emigrar. Un dos países o que máis recorren as xóvenes promeses é os Estados Unidos. E como no fútbol, moitas tamén marchan fóra para ter bos salarios e ser máis valoradas. Neste último caso, as xogadoras emprende os seu camiño hacia as ligas europeas. Como por exemplo a ex celeste e do Baxi Ferrol, María Araújo, que estivo xogando na Basket Liga Kobiet no Wisla Cracovia.

Volvendo as competicións como no deporte anterior, no basket son parecidas. Si que é verdade que as ligas son máis curtas. De aí que, en ocasións as xogadoras, estén acostumadas a buscarse otros equipos para os meses de verán. E outra, das pocas diferencias, é o número de asistentes os partidos. Pero, tamén podemos dicir, que un dos nosos equipos galegos atópase no Top 5 de encontros con maior asistencia de público —comprendido entre o 2009 e o 2019— de baloncesto feminino en España. Elas son o Celta Zorka Recalvi, na fase de ascenso da Liga Feminina 2, no de abril de 2018 ante o Valencia Basket.

https://twitter.com/CeltaDatos/status/1221394854506385409

O feito importante: as mulleres non poden adicarse exclusivamente ó deporte como os homes. Os clubs femininos non obteñen os mesmo orzamentos. E, mencionado anteriormente, as xogadoras teñen atopar outro traballo para poder facerse solventes en temas económicos. O Estado e as administracións ofrécelles axudas, pero non son poucas as voces que reclaman que aínda non son as suficientes. Os equipos femininos requieren moito diñeiro e é compricado xestionalos sen el. Por iso, a parte máis importante en este tema, son as aportacións das empresas privadas.

A pesar da cantidade de barreiras, o empoderamento das mulleres é unha realidade. No vocabulario das actuais referentes non existen os estereotipos e moito menos os prexuízos. Se o camiño fai historia e a constancia lograr títulos e méritos, as futbolistas e xogadoras de baloncesto están construíndo o seu.

Etiquetas baloncestodesigualdadfútbolhistoriaigualdadpioneiras
Comparte31Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
María Martínez, atleta de Trail Running / RFEA

María Martínez, primeira galega en debutar ca Selección Española absoluta de Trail Running

12/05/2026
Representación de Galicia no podio da proba de 5.000 mts do Campionato de España categoría Sub-18 feminina, na que foi primeira Sabela Castelo, do Sanysec-Ourense e segunda, Paula Fernández da Sociedad Gimnástica de Pontevedra / RFEA

Cinco medallas para Galicia no Campionato de España de atletismo de 5.000 e 10.000 metros

12/05/2026
Final Copa da Raíña balonman entre o Mecalia Atlético Guardés e o Super Amara Bera Bera / RFEBM - JL RECIO

O Mecalia Atlético Guardés cae na final da Copa da Raíña diante do Super Amara Bera Bera (26-21)

10/05/2026
Mecalia Atlético Guardés na fase final da Copa da Raíña 2026 / RFEBM

O Guardés métese na súa segunda final copeira contra vento e marea (20-24)

09/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.