Segundo o diario Marca, a futbolista galega Vero Boquete estaría valorando a súa saída do AC Milan e a súa fichaxe pola Fiorentina. Deste xeito, a deportista coruñesa non deixaría a Serie A italiana pero mudaría de elástica.
Marca apunta a “desvenencias co técnico Maurizio Ganz” como o “detonante” da súa marcha da escuadra milanesa pola que renovaba o pasado mes de maio.
Ver esta publicación en Instagram
De confirmarse esta información, Vero Boquete, que leva o dorsal 87 na camiseta negra e vermella do AC Milan desde hai dúas tempadas, saíra do equipo no mercado de inverno deixando así de ser futbolista ‘rossonera’.
Polo momento, non constan manifestacións de Vero Boquete ao respecto desta información publicada por Marca e outros medios.