O Baxi Ferrol arrincou a tempada cunha gran actuación colectiva, impoñéndose por 71-65 fronte ao vixente campión da Liga Femenina Endesa, o Valencia Basket. Mentres que o Durán Maquinaria Ensino non conseguía impoñerse a domicilio ao Casademont Zaragoza co que perdía 83-69.

Vitoria do Baxi ante o todopoderoso Valencia Basket
O do Baxi Ferrol e o Valencia Basket foi un duelo deportivo que dominou de principio a fin o conxunto ferrolá. As locais souberon aproveitar o empuxe da afección. Desde o inicio, o Baxi Ferrol mostrou agresividade en defensa e control no rebote, especialmente no tramo decisivo.
O Valencia Basket, pola súa banda, acusou as súas baixas no seu cadro de xogadoras e non puido impoñer o seu habitual ritmo ofensivo con normalidade.
No cadro local, a lesión de Bego de Santiago e a de Gala Mestres de última hora minguou a rotación do conxunto que prepara Lino López, pero o equipo soubo sobrepoñerse con equilibrio ofensivo e boa circulación do balón.
Ver esta publicación en Instagram
Elena Rodríguez, a pesar de levar tan só tres sesións co grupo, achegou frescura e carácter no seu primeiro partido co club galego.
O conxunto do Valencia Basket tentou remontar con transicións rápidas e xogo perimetral, pero o Baxi Ferrol logrou pechar defensivamente o tramo final e manter a vantaxe con golpes xustos no marcador.
Cómpre destacar polas locais a actuación de Dalayah Daniels con 17 puntos, 8 rebotes e 2 asistencias, que lle serviu para facerse co primeiro MVP Hyupersa da tempada.
FICHA TÉCNICA
71) BAXI FERROL: Alba Sánchez Ramos, Karla Erjavec (9), Dalayah Daniels (17), Moira Joiner (13), e Ine Joris (5) – quinteto inicial -. Karolina Sotolova (6), Blanca Millán (12), Claire Melia (12) e Elena Rodríguez (-).
65) VALENCIA BASKET: María Pérez Araújo (4), Leticia Romero (2), Awa Fam (8), Tanaya Atkinson (17), Hind Ben (4) – quinteto inicial -. Queralt Casas (15), Raquel Carera (13), Alina Iagupova, Marija Lekovic (2), Kayla Alexander (-).
PARCIAIS: 22-8, 18-14, 21-17 e 10-26.
EQUIPO ARBITRAL: Laura Piñeiro Amondaray, Jesús Marcos Prada Martínez e Jacobo Rial Barreiro.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada da Liga Femenina Endesa disputado no Pavillón Municipal da Malata en Ferrol.
Ver esta publicación en Instagram
Inicio con mal pé para o Ensino Lugo na Liga Femenina Endesa
Non puido impoñer o seu xogo o Durán Maquinaria Ensino Lugo na cancha do Casademont Zaragoza na primeira xornada da Liga Femenina Endesa onde rematou perdendo por 83-69. As galegas puxéronllo complicado ás mañás.
O encontro tivo diferentes etapas. No arranque comezou mandando o conxunto local pero as galegas do Durán Maquinaria Ensino Lugo que prepara Suso Garrido prantáronlles cara e no primeiro cuarto o resultado foi de 22-24 para as lucenses.
Apretaron en defensa as xogadoras do Casademont Zaragoza e cun parcial de 21-9 no segundo cuarto fóronse ao descanso cun 43-33 dándolle a volta ao eletrónico.
Non tirou a toalla o Durán Maquinaria Ensino e reduxo a distancia no arranque do terceiro cuarto, pero unha vez máis reaccionaron as de Zaragoza e o partido púxose 66-51. Apretaron no último cuarto as lucenses pero non abondou para remontar e o partido finalizaría cun 83 a 69 no electrónico.
FICHA TÉCNICA
83) CASADEMONT ZARAGOZA: Mariona (-), Hempe (18), Fingall (14), Vorackova (5), Pueyo (10) – quinteto inicial -, Leite (11), Bankolé (6), Flores (3), Oma (2), Hermosa (-), Gueye (8) e Mawuli (7).
69) DURÁN MAQUINARIA ENSINO LUGO: Tate (13), Garfella (7), Florez (19), Orsili (3), Giomi (24) – quinteto inicial -, Schaik (-),Tallón (-), Bosch (2), Haidara (1) e Fequiere (9).
PARCIAIS: 22-24, 21-9, 23 -16 e 22-18.
EQUIPO ARBITRAL: Enrique López Herrada, Eva Areste Giralt e Sergio Acevedo Perera.
INCIDENCIAS: Partido da primeira xornada da Liga Femenina Endesa disputado no Pabellón Príncipe Felipe de Zaragoza.
Ver esta publicación en Instagram






















