• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Sobre rodas

As cadetes lideran o repóker de medallas do ciclocrós galego no segundo día do Campionato de España

Ouro e prata para o combinado autonómico con María Filgueiras e Aroa Otero. Marina González (Illas Cíes) proclamouse campioa máster-40A, Andrés Calvete (Selección de Galicia) obtivo a segunda praza nos máster-40A e Moisés Leboso (Diez), a terceira nos 40B

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/01/2022
en Máis Deporte, Sobre rodas
Marina González, Illas Cíes Cycling Team, campioa en máster-40A / LUZ IGLESIAS RFEC

Marina González, Illas Cíes Cycling Team, campioa en máster-40A / LUZ IGLESIAS RFEC

236
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O día despois de que a Selección de Galicia revalidara o título Team Relay, o ciclocrós autonómico asinou outra sobresaínte xornada no Campionato de España que se celebrou na localidade valenciana de Xàtiva. Sumou cinco medallas e dúas chegaron na categoría cadete. María Filgueiras colgouse o ouro e Aroa Otero a prata nunha carreira na que as galegas estiveron a piques de copar o podio. Os outros tres metais conquistáronos ciclistas masters: Marina González (Illas Cíes) venceu no grupo de idade 40A; Andrés Calvete (Selección de Galicia) rematou segundo no 40A; e Moisés Leboso (G.D. Diez) fíxose coa terceira paza no 40B.

María Filgueiras colgouse o ouro e Aroa Otero na categoría cadete no Campionato de España de Ciclocrós / LUZ IGLESIAS RFEC
María Filgueiras colgouse o ouro e Aroa Otero na categoría cadete no Campionato de España de Ciclocrós / LUZ IGLESIAS RFEC

A betanceira María Filgueiras, gañadora esta temporada da Copa de España, era a gran favorita nas cadetes e dominou de principio a fin. Dende o esprint inicial púxose á fronte do pelotón e a forza do seu pedaleo provocou un corte de catro corredoras no que entraron as súas compañeiras de selección Aroa Otero e Lorena Patiño. “Tratei de saír ben e manter o ritmo durante toda a carreira, sobre todo evitando erros”, comentou Filgueiras, que non tardou en marcharse en solitario e manexou ata o treito final unha vantaxe ao redor dos 20 segundos.

No trío perseguidor Leyre Almena (Teika) era a ameaza para a tripla galega no rápido circuíto valenciano. Lorena Patiño non puido manter o ritmo das súas dúas acompañantes, que loitando pola segunda praza acabaron por achegarse moito a María Filgueiras. A corredora de Betanzos, cun tempo de 27:33, venceu por 4” de vantaxe a Aroa Otero. A porriñesa dobregou pola mesma diferenza a Almena e a santiaguesa Lorena Patiño concluíu a 43” da vencedora.

“Máis ou menos levaba controlada a distancia con respecto as miñas rivais e, aínda que na última volta me recortaron bastante, puiden facerme coa vitoria”, sinalou María Filgueiras., subcampioa no 2021. O nivel de Galicia quedou de manifesto co resultado das outras dúas representantes das selección dirixida por Alberto del Río: Marta Estévez finalizou décima e Iris Fernández, duodécima.

A verinesa Marina González, ouro en másters -40A

 As carreiras dos grupos de idade máster aportaron tres medallas á conta do ciclocrós galego. Marina González, defendendo as cores do Illas Cíes Cycling Team, logrou a vitoria absoluta na proba feminina e a verinesa afincada en Vigo recibiu a camisola de campioa máster-40A subida ao chanzo máis alto do caixón.

Marina González, Illas Cíes Cycling Team, campioa en máster-40A / LUZ IGLESIAS RFEC
Marina González, Illas Cíes Cycling Team, campioa en máster-40A / LUZ IGLESIAS RFEC

No podio, a de Verín estivo escoltada por Ruth Moll (Oviedo.es), a quen superou por 27”, e por María Fernández (Mountain Bike Madrid).

Noutras categorías máster, Eva Ortega (Biciosos Rías Baixas) obtivo o cuarto posto nas 30B e Sonia Costoya (Corbelo), a sexta nas 50A.

Un dos grandes triunfadores deste campionato é Andrés Calvete. Tras formar parte o venres do sexteto campión no Team Relay, o corredor de Cambre sumou unha segunda medalla en Xàtiva ao conseguir a prata máster-40A. Representando á Selección de Galicia, remontou ata a segunda praza absoluta, terminando a  21” do campión no seu grupo de idade, Isaac Suárez (Nesta).

A novena posición ocupouna Moisés Leboso, un posto que outorgou ao porriñés do G.D. Diez o bronce máster-40B. Neste grupo de idade Guillermo Álvarez (Condado Bike) clasificouse sétimo. No balance dos masters galegos destacan tres postos máis entre os dez primeiros das súas categorías: Óscar González (Máis Que Bicis), 7º nos máster-50A; Antonio González (Salvaterra), 8º nos máster-60A; e Valeriano Carrera (Grupeta Pan de Zarko), 6º nos máster-60B.

Tomás Pombo, cuarto

A sesión de tarde no trazado de ‘Les Pereres’ estivo dedicada en exclusiva ás carreiras cadetes. Na masculina, a medalla escapóuselle a Galicia nos metros finais. Tomás Pombo soldouse na saída á roda de David Ivars (Teika) e os dous se distanciaron do resto de participantes. A este ataque inicial conseguiu responder Hodei Muñoz (Euskadi). O vasco conectou co dúo de cabeza e na segunda volta enganchouse co representante galego, unha situación que aproveitou Ivars para abrir un mínimo oco.

O carballés Pombo e Muñoz intentaron sen éxito anular a diferenza de Ivars, que nunca superou os 10 segundos, e no treito final uníuselles Roc Cabí. O ciclista da selección catalana rodou cuarto durante toda a carreira, pero acabou cruzando a liña de meta en segunda posición. Terceiro entrou Muñoz e cuarto, quedando a 5” do podio, o mellor clasificado da Galicia. ‘Medalla de chocolate’ con sabor amargo despois da gran actuación dun dos compoñentes do equipo que na véspera venceu no Team Relay

Gran papel das ciclistas galegas no Campionato de España de Ciclocróss / LUZ IGLESIAS RFEC
Gran papel das ciclistas galegas no Campionato de España de Ciclocróss / LUZ IGLESIAS RFEC

O combinado autonómico contou no top-10 con outro representante, Santiago Otero (9º), mentres que Martín Díaz finalizou 18º, Gael García 19º, Manuel Alonso 24º, Mauro Vega 27º e Xoel Cidrás 71º.

Hoxe, domingo, prato forte coas probas raíñas femininas

A última xornada do Campionato encargaranse de abrila hoxe domingo 9 de xaneiro os juniors. Ricardo Buba, Iván Fernández e André Martínez compoñen o trío de xuvenís galegos que ás 09:30 h. se porán en marcha. A continuación, ás 10:30 h., outros tres corredores do combinado autonómico estarán na liña de saída da competición sub23: Miguel Rodríguez, Fabián Rodríguez e Borja Gómez.

As dúas probas raíñas do campionato de ciclocrós quedan para o final. Galicia contará con cinco corredoras dende as 11:55 h. na gran carreira feminina: as juniors Laura Mira, Uxía Soto e Sarela Conde; a sub23 Carla Fernández; e a elite Irene Trabazo.

O colofón en Xàtiva correrá a cargo dos elites masculinos, dende ás 13:00 h., con Samuel González como representante do equipo galego.

Consulta aquí as clasificacións do Campionato de España de Ciclocross 

Etiquetas Aroa oteroCampionato de EspañaCarla FernándezciclismociclocrosciclocrossEva OrtegaIrene TrabazoIris FernándezLaura MiraLeyre AlmenaLorena PatiñoMaría FilgueirasMarina GonzálezMarta EstévezSarela CondeSonia CostoyaUxía Soto
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Campionato de Galicia BTT Resistencia / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO - LUZ IGLESIAS

Lara Lois e Ángel Maneiro aumentan a súa colección de títulos galegos co de BTT Resistencia

por Redacción As Nosas
16/02/2026
0

Lara Lois foi a única muller que sumou nove voltas. A ciclista do Xesteiras ten gañado os campionatos de Galicia...

Lorena Patiño no podio / RFEC - LUZ IGLESIAS

Lorena Patiño acada o 2.º ouro da Selección Galega no Campionato de España de Ciclocrós

por Redacción As Nosas
11/01/2026
0

O Campionato de España de Ciclocrós 2026 pechouse este domingo con catro carreiras e en todas elas houbo presenza galega...

Laura Mira, na Copa Galicia de ciclocrós / LUZ IGLESIAS

Coñece o calendario das 10 probas da Copa Galicia de Ciclocrós vén pedindo paso coa chegada do outono

por Redacción As Nosas
02/10/2025
0

  O outono vén de comezar e o ciclocrós comeza a pedir a paso. A conta atrás para o inicio...

Xornada de Tecnificación da Federación Ciclismo Galego en Miño da que saíu a lista da Selección Galega / FCG

Unha ducia de riders compoñen a Selección Galega para o Campionato de España de Pump Track en Monzón

por Redacción As Nosas
01/10/2025
0

  Doce riders representarán á Selección Galega o 11 de outubro no Campionato de España de Pump Track que este ano...

Alejandra Neira co resto da Selección Española junior ciclismo composta polas corredoras Paula Ostiz, Lidia Castro, Leyre Almena e Irati Aranguren maila seleccionadora Gemma Pascual / FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE CICLISMO

A junior Alejandra Neira amosa un gran nivel no Mundial de Kigali sendo debutante

por Redacción As Nosas
30/09/2025
0

  Un Mundial dos máis esixentes da historia confirmou que o ciclismo galego pode presumir de ter a dúas das...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.