• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Cabo da Cruz apuntala o seu liderado en Chapela

Chapela-Wofco, segundas na clasificación xeral, remataron tamén segundas na VII Bandeira Concello Redondela Feminina

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
31/07/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Traiñeira do CR Cabo da Cruz / LGT

Traiñeira do CR Cabo da Cruz / LGT

50
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • As remeiras de Cabo da Cruz  con 61 puntos, continúan a liderar a clasificación da LGT seguidas do CR Chapela-Wofco (58 puntos) e a SD Tirán-Pedreira con 44 puntos.

En Chapela, nunha xornada de festivo local, foron moitos os afeccionados que se achegaron a gozar dunha ampla xornada de remo. A Liga Galega de Traiñeiras Feminina abriu o espectáculo con dúas quendas lanzadas.

Na primeira, Rianxo comezou liderando con Riveira e Castropol a menos de 3”. Unha igualdade que foi esporádica, xa que as diferenzas comezaron a aumentar a partir da segunda virada ata que se certificou a vitoria rianxeira. Castropol remontou a Riveira e tentou sen sorte achegarse a Rianxo rematando en segundo lugar. Riveira pechou en terceira posición.

A segunda manga comezou dun xeito similiar, con Salgado-Perillo 4” por diante da Puebla. Pero a diferenza da quenda anterior, nesta foi Puebla a que remontou no segundo longo e fíxose coa vitoria, ampliando en cada referencia a súa vantaxe coas de Oleiros. Os tempos de Puebla, eran moi similares aos de Riveira na manga anterior, e finamente as da Carmela conseguiron superar ás veciñas do Barbanza por tan só 13 centésimas.

A quenda de honra comezou con dúas batallas diferentes dende o primeiro parcial. Xa que na primeira virada Chapela-Wofco dominaba con 2” sobre a líder da xeral CR Cabo da Cruz, mentres Tirán-Pereira afastábase 10” por detrás, pero a 5” de Mugardos-A Cabana Ferrol.

Bandeira Concello Redondela para o CR Cabo da Cruz

Na zona dianteira, Cabo da Cruz conseguiu poñerse á par no segundo parcial, para adiantar ás locais no terceiro longo e terminar certificando a vitoria na VII Bandeira Concello Redondela Feminina, na casa das súas maiores rivais CR Chapela-Wofco, que remataron segundas. Por detrás, Mugardos-A Cabana Ferrol loitou por achegarse a Tirán-Pereira, pero as de Moaña defenderon ben a posición, conseguindo o terceiro posto da bandeira e tamén da xeral da liga.

Loita pola Bandeira Chapela Concello de Redondela masculina de traiñeiras 

Trala regata feminina, e un minuto de silencio en honra de Rodrigo Cordero, antigo remeiro de Chapela, as traiñeiras da Liga A comezaron a competir pola IV Bandeira Chapela Concello de Redondela. Ao igual que na categoría feminina, as dúas primeiras quendas saíron lanzadas. Na primeira comezou liderando Cesantes-Rodavigo a 3” de Mugardos e a 5” de Narón e Puebla.

Pero a manga deu un xiro no segundo longo, xa que Narón fíxose coa dianteira deixando a Mugardos segunda, a Cesantes-Rodavigo terceira e a Puebla cuarta.

As diferenzas entre ambas non fixeron máis que aumentar na segunda parte da regata, rematando as catro embarcacións na mesma orde que na segunda virada: Narón, Mugardos, Cesantes-Rodavigo e Puebla.

Na segunda quenda comezaron liderando Rianxo e a filial de Cabo da Cruz, con Mecos a 3” e Mera a 7”. A embarcación rianxeira colleu a dianteira no segundo longo deixando aos veciños do Barbanza a 6”, a Mecos a 13” e a Mera a 14”.

Na terceira virada as dúas embarcacións barbancesas volveron marcar o mesmo tempo, deixando a Mecos a 11” e a Mera a 15”. A vitoria decidiuse nos últimos metros a favor de Rianxo, con Cabo en segunda posición por apenas 2”. Por detrás, Mera tamén apertou para adiantar a Mecos sen éxito. A Mequiña foi terceira e A Mariñeira cuarta. No caso de Mera, ademais, cun tempo peor que o de Narón.

A xornada pechouse cunha terceira manga da categoría A na que o líder da liga apenas deu opcións aos seus rivais. Na primeira referencia Bueu-Teccarsa superaba por 5” a Samertolameu-Oversea e a Chapela-Wofco, e por 7” a Tirán-Pereira.

Na segunda virada, a diferencia aumentaba ata os 7” con Meira, os 10” con Tirán-Pereira e os locais quedaban lonxe a 17 segundos. As diferenzas foron similares na última virada e finalmente Bueu-Teccarsa fíxose coa vitoria da bandeira. Segunda foi Samertolameu-Oversea pero nun final moi apertado cos seus veciños moañeses. Cuarta foi Chapela-Wofco, empeorando o tempo de Rianxo, mellor clasificación da temporada con este cuarto posto, pero os locais superaron ao seu principal perseguidor na liga, a Cabo da Cruz.

Tralo acontecido na regata, Bueu Teccarsa aumenta a súa diferenza a 4 puntos con respecto a Samertolameu-Oversea. Chapela-Wofco afiánzase na cuarta posición a 2 puntos de Cabo da Cruz. A zona baixa apértase con Puebla marcando os postos de salvación 2 puntos por diante de Cesantes-Rodavigo e 4 por riba de Mugardos

Castropol non da opción en Porto Meloxo

Pleno de vitorias dos líderes do Trofeo Xunta de Galicia-Liga Galega de Traiñeiras no último sábado do mes de xullo. Castropol venceu na regata da Liga B no Grove, mentres que Cabo da Cruz e Bueu-Teccarsa impuxéronse na xornada conxunta que a Liga Feminina e a Liga A celebraron en Chapela.

A Liga B ten un líder intratable. Castropol conseguiu no campo de regatas de Porto Meloxo a súa cuarta vitoria noutras tantas xornadas disputadas. A traiñeira asturiana non concedeu ningún tipo de opción ao resto de embarcacións na 38ª Bandeira Concello de Grove.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Liga Galega Traiñeiras (@ligalgt)

Por primeira vez esta temporada os equipos da Liga B afrontaron unha regata a seis longos. Vila de Cangas marcou os mellores parciais en todas as viradas da primeira quenda. Os remeiros da Balea reaccionaron cando Salgado-Perillo se lles achegou a 2 segundos á conclusión do segundo longo e a partir de aí o conxunto do Morrazo foi ampliando a diferenza ata cruzar as boias de meta con 21” de vantaxe respecto á tripulación de Oleiros. A terceira posición durante toda a manga ocupouna Muros.

O tempo dos cangueses mellorárono os catro conxuntos da quenda de honra, que desfrutaron de mellores condicións para remar, sobre todo, no segundo longo.

Foi nese parcial no que Castropol rachou a regata, virando con 17” de marxe sobre Amegrove, e metendo a directa para prolongar a súa condición de invicta. A emoción concentrouse no duelo pola segunda posición entre os anfitrións e Samertolameu-Oversea B. Os remeiros da Pabliño mantivéronse firmes e cunha vantaxe de 28” en relación á filial de Meira asinaron diante dos seus seareiros o seu mellor resultado da temporada. Cedeira, que sufriu unha penalización de 5” na saída, conseguiu con solvencia a cuarta praza na xornada.

O alcalde José Antonio Cacabelos fixo entrega da Bandeira Concello do Grove á líder Castropol e a Liga B regresará na fin de semana do 13 e 14 de agosto con dúas citas: o sábado en Meira e o domingo en Castropol.

Etiquetas ChapelaCR Cabo da CruzCR Chapela - WofcoLGTLiga Galega de TraiñeirasMugardos - A Cabana FerrolremoSD TiránTirán-PereiraTRAIÑEIRAS
ComparteChía
Publicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de GaliciaPublicidade - Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia

Relacionado co tema

As Tanias, Tania Fernández e Tania Álvarez, campioas do Mundo de maratón K2 / RFEP

‘As Tanias’, ouro no Campionato do Mundo de maratón no K2

por Redacción As Nosas
04/10/2022
0

  O K-2 conformado pola lucense Tania Fernández e a súa compañeira do Grove Tania Álvarez, un dúo de padexeiras...

Antía Jácome e Diego Domínguez, ouro no Mundial Sub-23 en C2 500 Mixto / RFEP

Antía Jácome conquista o ouro en C1 200 e C2 500 mixto no Mundial Sub-23

por Redacción As Nosas
07/09/2022
0

  A padexeira galega Antía Jácome suma dous ouros no Mundial Sub-23, un en solitario (C1 200) e outro facendo...

CR Cabo da Cruz ondea a bandeira como gañadora do Teresa Herrera da Coruña / @WASKERGZ

CR Cabo da Cruz acadou a bandeira da regata Teresa Herrera de traiñeiras

por Redacción As Nosas
28/08/2022
0

  As 15 mellores embarcacións galegas competiron na enseada do Orzán pola Bandeira do Teresa Herrera de traiñeiras, unha prestixiosa...

CR Cabo da Cruz na Bandeira Traiñeiras da Coruña coa Torre de Hércules de fondo / @WASKERGZ

A traiñeira do CR Cabo da Cruz proclámase campioa galega na primeira xornada da Bandeira Teresa Herrera

por Redacción As Nosas
27/08/2022
0

  CR Cabo da Cruz e Samertolameu, nas categorías feminina e masculina, son os novos campións galegos da Liga Galega de...

Traiñeira do CR Cabo da Cruz / LGT

Cinco traiñeiras galegas estarán na ‘Bandera de La Concha 2022’

por Redacción As Nosas
26/08/2022
0

  Unha das citas clásicas do remo estatal, a 'Bandera de La Concha', recupera este ano 2022 todo o seu...

Ver máis
Premios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidadePremios Deporte Galego 2019-2022 - Xunta de Galicia - publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

Enxeñería aeronáutica e drons para axudar na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Guillermo Rey e Pedro Orgeira forman parte do equipo investigador deste proxecto de investigación ligado á ximnasia ritmica e á aeronáutica / UVIGO

Enxeñería aeronáutica e drons para axudar na puntuación de exercicios de ximnasia rítmica

29/03/2023
A ciclista galega Lorena Patiño, 2ª cadete no GP Pontevedra - Copa de España COFIDIS de ciclismo en estrada / RFEC

As galegas brillan na Copa de España Cofidis GP Pontevedra cun triunfo e dous segundos postos nesta proba de ciclismo en estrada

27/03/2023
A ciclista galega de categoría elite, Alba Arias, foi segunda na proba da Copa de España celebrada en La Adrada / FEDERACIÓN CICLISMO GALEGO

A Selección Galega de Enduro acada dous segundos postos na Copa de España de La Adrada

27/03/2023
Xornada Norte da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas / FEGALOITA

Alta participación na Xornada Norte da Liga de Deporte Base de Loitas Olímpicas

27/03/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.