• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Inicio Máis Deporte Atletismo

A C21 alcanza as 2.900 persoas inscritas na media maratón e na 5K

Mellónranse as cifras de participación da última edición | Os dorsais e as camisetas poderán recollerse a partir do venres en El Corte Inglés de Ramón y Cajal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/02/2023
en Máis Deporte, Atletismo
Coruña21 C21 e C10 son dúas das probas de atletismo na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

C21 / CONCELLO DA CORUÑA

97
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

  • A carreira C21 que terá lugar este domingo 12 de febreiro reunirá a case 3.000 corredores e corredoras nas rúas da cidade herculina.

Este mércores pechouse o prazo extraordinario de inscrición para participar no medio maratón Coruña21, superando a cifra de participantes do 2022. Nesta edición haberá 1.511 atletas nas rúas da cidade, aos que haberá que sumar os 1.386 que se apuntaron á novidosa 5K (853 adultos e 533 en categorías de menores), que servirá de de introdución do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comezará no mes de marzo.

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan esta décimo quinta edición da C21, que conta cunha distancia homologada de 21.097,50 metros. A proba está incluída no calendario oficial das competicións da FGA e da Real Federación Española de Atletismo e disputarase nun circuíto totalmente urbano e cunhas características propicias para que as persoas participantes poidan bater as súas marcas.

Mantense o percorrido de 2022 

A media maratón manterá o percorrido do 2022, pero cambiará o sentido e deixará o paso polo Paseo Marítimo para a segunda metade da proba. As persoas participantes comezarán e concluirán a C21 no Obelisco. A primeira parte transcorrerá por Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e o porto coruñés. Na segunda, os atletas percorrerán as praias e atravesarán a rúa San Andrés para ir ata Porta Real e, desde alí, chegar á meta.

Por outra banda, o Concello da Coruña quixo incluír nesta edición unha proba de 5 quilómetros que permitirá ás persoas participantes gozar do ambiente do medio maratón e aclimatarse á distancia habitual do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comeza o próximo mes de marzo. A alcaldesa, Inés Rey, animou a inscribirse neste circuíto nestas datas e fomentar, deste xeito, a práctica do deporte entre todas as idades.

De novo, o Obelisco será o punto de partida e de chegada para unha proba 5K que pasará polos Cantóns cara a praza de Mina, continuará por Juana de Vega e San Andrés, cruzará pola rúa Alta cara as praias, virará na rotonda das Catalinas, alcanzará a dos surfeiros, tomará a rúa Sol, de novo San Andrés, Santa Catalina, os Cantóns, dará volta en Porta Real e chegará á meta no Obelisco.

As persoas inscritas poderán recoller os seus dorsais e camisetas no departamento de Deportes de El Corte Inglés de Ramón y Cajal a partir deste venres, no seu horario comercial de 10.00 a 21.30 horas. O día da carreira, o domingo 12, de maneira extraordinaria, poderanse retirar tamén os dorsais a partir das 09.00 horas na zona de saída do Obelisco.

Alteracións de tráfico polo circuíto da C21

Como é habitual durante a disputa de carreiras na cidade, o domingo establecerase un dispositivo especial de tráfico coordinado pola área de Mobilidade e a Policía Local. Haberá diferentes alteracións nas vías polas que transcorrerá a proba C21.

De 06.30 a 12.30 horas cortarase o acceso aos Cantóns. De 06.30 a 15.30 horas haberá tamén un corte total dos Cantóns entre Santa Catalina e Alcalde Manuel Casás. De 06.30 a 12.30 horas cortarase o acceso á rúa Juana de Vega en sentido San Andrés, manténdose aberta en dirección praza de Mina. Recoméndase empregar a avenida do Porto e o túnel de María Pita para saír e entrar á cidade.

Por outra banda, tamén co gallo da C21, de 09.30 a 11.45 horas procederase ao corte total do tramo da avenida da Mariña, avenida do Porto e avenida do Exército, entre Ramón y Cajal e a glorieta de acceso á rolda de Outeiro. De 09.30 a 12.15 horas haberá un corte parcial dos carrís máis próximos ao Porto das rúas Sánchez Bregua, Linares Rivas e Primo de Rivera. De 09.00 a 12.00 horas conectarase Alfonso Molina coa avenida do Porto, habilitando un carril de saída pola vía de entrada.

De 09.30 a 11.00 horas, haberá un corte total da rúa Posse dirección saída, Alcalde Pérez Ardá, rolda de Outeiro (entre Pérez Ardá e Roberto Tojeiro), Roberto Tojeiro, rúa Ponte e Salvador de Madariaga (ata o cruzamento coa rolda Camilo José Cela). De 09.30 a 10.30 horas haberá un corte parcial de Ramón y Cajal en dirección Pérez Ardá.

Estes cortes obrigarán a establecer os seguintes desvíos debido á celebración da C21:

  • Túnel de Salgado Torres: o tráfico que entra na cidade desvíase pola rotonda con Xeneral Rubín, permitíndose a saída de Fernández-Latorre.
  • A rolda de Outeiro estará cortada no cruzamento con Pérez Ardá, polo que o tráfico do tramo da Estación de tren desvíase pola vía que vai cara a Alfonso Molina e na zona do parque de Oza cara a travesía Rianxo. Estará habilitada a entrada e saída de transporte público da Estación de autobuses.
  • Na rúa Vicente Ferrer todo o tráfico desviarase cara a Rafael Alberti, afectando igualmente a todas as incorporacións á avenida de Salvador de Madariaga, que se abrirá en canto pasen os últimos corredores e corredoras.
Etiquetas A CoruñaatletismoC21coruña21media maratón
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Participantes do Día da Bicicleta na Coruña á altura da Torre de Hércules / AGAXORDE

Máis de 2.000 persoas participan no Día da Bicicleta da Coruña organizado por Agaxorde

por Redacción As Nosas
22/06/2025
0

  Más de dúas mil persoas chegadas desde diferentes puntos de Galicia, España e ata de dez países, participaron este...

Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

Milleiros de persoas participaron este domingo nunha nova edición do Día do Deporte na Rúa na Coruña

por Redacción As Nosas
15/06/2025
0

  A contorna da cidade deportiva de Riazor e as praias de Riazor e Orzán acolleron este domingo a edición...

Andaina XII A Coruña Marcha contra o Cancro / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña mobilizouse contra o cancro cunha andaina cidadá solidaria na que participaron máis de 3.300 persoas

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  A Coruña acolleu hoxe a andaina solidaria 'A Coruña en Marcha contra o Cancro', unha iniciativa da Asociación Española...

HC Coruña Feminino vs CH Mataró / MANU BOUTUREIRA

Un empate entre HC Coruña Feminino e CH Mataró (2-2) sentenza ás catalás ao descenso

por Redacción As Nosas
08/06/2025
0

  O  HC Coruña Feminino e o  CH Mataró asinaron un empate vibrante (2-2) nun duelo cargado de emoción, presión...

María Pérez vence o GP Cantóns de marcha / CONCELLO DA CORUÑA

María Pérez e Toshikazu Yamanishi gañan o GP Cantóns de Marcha da Coruña

por Redacción As Nosas
07/06/2025
0

  A medallista olímpica española María Pérez e Toshikazu Yamanishi, vencedores do GP Cantóns de marcha na Coruña A Coruña...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Sara del Castillo, en Vejen / CLUB DEL MAR DE SAN AMARO

Sara del Castillo, entre os 7 españois que están no Team Europe Summer Camp en Vejen, Dinamarca

09/07/2025
Dépor ABANCA - Granada CF correspondente á 27 xornada da Liga F / @wykaszkowski

O Dépor ABANCA 2025-26 toma forma

09/07/2025
A Xunta pide un "trato igualitario" para os padexeiros galegos Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo "ante as situacións inxustas que están a vivir" dentro do piragüismo / XUNTA DE GALICIA

A Xunta pide un “trato igualitario” para Teresa Portela, Rodrigo Germade e Carlos Arévalo ante “as situacións inxustas que están a vivir” no piragüismo

09/07/2025
Jéssica Bouzas cae en oitavos de final / WIMBELDON

Jéssica Bouzas cae Wimbledon en oitavos de final ante Liudmila Samsonova

09/07/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.