Este domingo, día 5 de febreiro ás 12.00 horas da mañá, xogan no Pavillón Siglo XXI de Zaragoza o Sala Zaragoza e o Pescados Rubén Burela FS. O partido corresponde á xornada 17ª da Liga de Primera Federación de FutSalFem. Será o primeiro partido de 2023 nesta cancha. O encontro entre galegas e mañas poderá seguirse ao vivo en streaming a través de Live Vuvuzela e tamén Aragón Deporte.
Aínda co grato sabor nos beizos que deixou a gran festa que foi a consecución da quinta Supercopa de España, o Pescados Rubén Burela volve mirar á competición ligueira. A Supercopa de España de fútbol sala feminina foi un ano máis, e van catro seguidos, de cor laranxa e Vista Alegre, que acolleu a final a catro, foi unha festa. Días despois o conxunto da Mariña lucense ten en fronte a un rival moi diferente.
A vitoria ante o Marín, deu folgos ao Sala Zaragoza
O Sala Zaragoza vén de sair dos postos de descenso na Primera División do fútbol sala femenino da RFEF. E xustamente fíxoo pagando o pato outro equipo galego, o ENCE Marín Futsal. Na xornada previa de liga as de Marín perdían 5-9 coas mañas na localidade pontevedresa. Con todo, o Sala Zaragoza, rival do Burela, aínda continúa empatado a 10 puntos co Rayo Majadahonda AFAR 4 F.S.F.
Precisamente dos azos que lle deu ao bloque maño a vitoria ante o ENCE Marín Futsal falaba na previa do partido co Burela a futbolista do Sala Zaragoza Laura Boix: “Deunos motivación e ánimo para afrontar a segunda volta”, declarou.
PREVIA | ️ (@lauraboix): “La victoria ante Marín nos ha dado motivación y ánimo para afrontar la segunda vuelta”#30añosdeilusión#SalaZaragoza ⚽️ pic.twitter.com/j9Gj8cIexT
— Sala Zaragoza (@SalaZaragoza) February 4, 2023
As Guerreiras Laranxas que adestra o técnico Julio Delgado continúan segundas na clasificación da máxima categoría do futsalfem estatal. Están empatadas a 43 puntos co Poio Pescamar aínda que este sábado viaxan a Zaragoza coa plantilla baixo mínimos, non teñen intención de dar tregoa, nin este domingo nin o que queda de tempada, a ningún dos equipos que están por vir.
Na previa do partido ante o Sala Zaragoza falaba a futbolista galega do Burela Antía Pérez, que lembraba a alegría da consecución do quinto título de Supercopa de España para o equipo da Mariña. A deportista galega explicaba sobre o rival desta xornada en Liga: “Son xente moza, teñen moitísimas ganas de comelo mundo e estano demostrando partido a partido buscando escapar dos postos de descenso que é algo difícil e están a dar a cara”.
Ver esta publicación en Instagram
O reto que teñen por diante as futbolistas do Pescados Rubén Burela é non perder o paso firme co que se moven na zona alta da táboa, intentar manter a racha sen derrotas para chegar o máis fortes posible aos play-off.
Yotsui Saki, última fichaxe do Burela, non estará en Zaragoza
Esta semana sumábase ao Pescados Rubén Burela a xogadora nipona Yotsui Saki que ven do Bardral Urayasu Las Bonitas, un dos clubs máis fortes da liga xaponesa. A futbolista chega a Galicia para integrarse no equipo senior feminino do Pescados Rubén Burela FS, estando á espera da xestión de trámites administrativos para completar a súa fichaxe.