A Supercopa de España celebrarase en Galicia e quedará aquí. O sábado, ás 12:00 horas Pescados Rubén Burela e Poio Pescamar FS disputarán o torneo nacional. O partido poderá seguirse en directo a través de Teledeporte e nas bancadas, cun aforo de 200 persoas.
A localidade da Mariña é a sede elixida para disputar o partido, converténdose no epicentro do futsal feminino de maior nivel en España. Así, este venres Concello, club, federación galega e española presentaron a Supercopa.
Desta forma, o anfitrión é o Burela FS, “un club exemplar non só deportivamente, senón como unha referencia en romper os teitos de cristal para as mulleres”, declaraba Efrén Castro, deputado de Deportes de Lugo.
Pola súa banda, Pablo Prieto, en representación das dúas federacións, adicou as súas palabras a destacar o gran nivel do futsal feminino en Galicia. “Será unha festa do fútbol sala nacional e sobre todo do fútbol sala galego. É unha honra que volva repetirse unha final galega, como xa ocorreu en Copa da Raíña, con dous equipos que defenden dous magníficos proxectos”, asegurou.
Tamén interviu o alcalde da localidade, Alfredo Llano, que agradeceu a confianza da Federación Española de Fútbol na súa elección como sede e da importancia da visibilización da vila galega a través do equipo de futsal e a retransmisión do partido.
💪🏻 ¡¡Nos vemos en Galicia!!
⭐️ La Diputación de Lugo (@depulugo) y el Concello de Burela apoyan la Supercopa de España Femenina de Fútbol Sala.#SupercopaFutSalFem
🔗 https://t.co/Jv0FIisRhs pic.twitter.com/28H1dn9sSU
— RFEF (@rfef) January 8, 2021
O acto tamén contou coa participación do xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero, o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández, e o presidente do club anfitrión, Manuel Blanco, así como do edil do BNG Mario Pillado, acompañados ademais das responsables de Muller e Igualdade, Noelia María Ben, e Servizos Sociais, Carmela López, e dos concelleiros Dori González e Silvino Oroza.

Ata 200 persoas poderán asistir ao partido
En total, uns 200 afortunados poderán vivir de preto o choque que terá lugar en Vista Alegre, sempre seguindo o protocolo marcado polas autoridades sanitarias. As entradas que poñerá á venda a RFEF para o derbi irmandiño custarán 5 euros no fondo e 8 nas bancadas laterais.
A taquilla abrirase o sábado ás 9.00 horas. Cada persoa deberá cubrir formulario de localización persoal de acordo ao Protocolo COVID-19 marcado pola RFEF.
Ver esta publicación en Instagram