Un claro triunfo do Pescados Rubén Burela FS ante o Citta di Falcolnara, coloca ás futbolistas lucenses na final do II Torneo de Ourensanía – Concello de Cartelle.
Este partido entre galegas e italianas ofreceu unha primeira metade con clara superioridade das Guerreiras Laranxas. O equipo adestrado por Julio Delgado adiantábanse no minuto cinco no marcador de penalti materializado pola lanzadora habitual, Cilene (1-0).
No minuto 9 Emilly Marcondes ampliaría vantaxe cun gol con perna dereita a partir dunha xogada pola ala diestra, e ser asistida por Peque (2-0).
As italianas xogarían a partir do ecuador da primeira parte, condicionadas pola quinta falta. Producirían a sexta, e Emilly Marcondes cun trallazo de dobre penalti poñería o 3-0 para as xogadoras laranxas, que se irían con esa vantaxe acumulada ao descanso.
A segunda metade baseouse nun CD Burela FS controlando o xogo e aproveitando a súa situación de vantaxe para manexar o partido, e un Citta di Falconara que tivo algún intento de reducir distancias nos primeiros minutos, pero Jozi desvarataría calquera opción de quitarlle o posto na final do II Trofeo de Ourenseanía – Concello de Cartelle ás da Mariña.
Segunda parte na cal non habería máis goles, a pesar de que o conxunto mariñán tentouno nos últimos minutos. Sería suficiente a vantaxe conseguida na primeira parte o Pescados Rubén Burela FS conseguise o triunfo e con isto meterse na final do II Torneo de Ourensanía – Concello de Cartelle.
FICHA TÉCNICA
3) PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Jozi, Emilly, Peque, Patricia, Cilene-Cinco Inicial- Dany, Irene Samper, Antía Pérez , Masha, Jenny, y Evelina.
0) CITTA DI FALCONARA: Dibiase, Tatiane, Isabella, Nathalia, Erika -Cinco Inicial- Taina, Anthea, Silvia.
GOLES: Min 5 Cilene 1-0; Min 9 Emilly 2-0; Min 12 Emilly 3-0;
EQUIPO ARBITRAL: Ferrero Carballal, Ortas Gómez, Gulin Piñeiro.
INCIDENCIAS: Partido amigable correspondente á semifinal do II Torneo de Ourensanía-Concello de Cartelle disputado no Pabellón Piño – Vilachá