• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Burela FS cae nos penaltis (4-4 e 6-7) nas semifinais da Liga Iberdrola FS co Futsi Atlético Navalcarnero

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
07/06/2025
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Futbolistas do Burela FS logo de quedar eliminadas na quenda de penalties das semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS

Futbolistas do Burela FS logo de quedar eliminadas na quenda de penalties das semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS

86
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • As mariñás do Burela FS lograron igualar un 0-4 no segundo tempo, pero non foron capaces de remachar a remontada diante do Futsi Atlético Navalcarnero polo que non estarán na final da Liga Iberdrola FS 2024-25.

O Burela FS despediu a tempada cunha derrota no terceiro partido da semifinal da liga Iberdrola FS diante do Futsi Atlético Navalcarnero (4-4 no tempo regulamentario e 6-7 nos penaltis), nun encontro cargado de tensión, que foi unha auténtica tolemia durante a segunda parte e que se tivo que decidir desde o punto de penalti.

Burela FS nas semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS
Equipo do Burela FS posando ao inicio do terceiro partido das semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO – CD BURELA FS

O Futsi Atlético Navalcarnero foi superior no primeiro tempo e froito deste dominio foise ao descanso cunha gran renda de tres goles, que elevou a catro no minuto 25. Cando peor estaban as cousas apareceu a garra das Pícaras que, aínda sen a participación de Emilly, foron capaces de igualar o electrónico antes do final facéndolle moito dano ás branquivermellas co xogo de cinco.

O encontro comezou cuns minutos de tanteo nos que ningún equipo era capaz de xerar ocasións de perigo sobre o marco rival. Con todo, as atléticas lograban adiantarse no 4 grazas a unha falta perigosa na frontal da área burelesa que executaba Ari e batía á cancerbeira local Caridad. Tivo opción ao empate rápido o conxunto local, nun remate de cabeza ao pau de Patricia á saída dun córner.

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero nas semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS
Un lance do partido entre o CD Burela FS e o Futsi Atlético Navalcarnero, durante o terceiro partido das semifinais da Liga Iberdrola FS 2024-25 / SABELA BLANCO – CD BURELA FS

Xusto antes do ecuador chegaba o segundo das visitantes, nunha acción na que o balón lle chegaba en liña de fondo a Irene Córdoba. Esta metía un centro ao corazón da área e Cilene, vindo desde atrás, tocaba o coiro e batía á súa propia compañeira.

Este segundo tanto foi un mazazo para as mariñás, que se repuxeron cunha dobre ocasión no minuto 13, xusto despois de que  Futsi Atlético Navalcarnero cometese a súa quinta falta cando aínda restaban 7 minutos e medio para o descanso. Nesa dobre ocasión, primeiro remataba Patricia e o rexeite tras o despexe de Marta Balbuena caíalle a Antía Pérez, que se volvía a atopar coa meta madrileña. Nese mesmo minuto terían o primeiro de novo as futbolistas que adestra o técnico Julio Delgado, a través dun dobre penalti executado por Antía Pérez. O seu lanzamento íase demasiado alto.

Nos últimos cinco minutos do primeiro período producíanse moitas ocasións para ambos equipos. Leti, soa ante  Caridad tras recortar a Cilene, remataba ao corpo da porteira de Sanlúcar; despois era Marta Balbuena a que aparecía para sacar unha grandísima man abaixo diante dun lanzamento peligrosísimo de Antía Pérez; posteriormente Marian atopábase co pau nun disparo desde a frontal e no 17 chegaba o 0-3.

Laura Córdoba subía un balón, ninguén lle saía ao paso e acababa soltando un lanzamento que non podía deter  Caridad. No último minuto aparecía Cilene coa camiseta de porteira e na primeira acción de xogo de cinco tiña o 1-3 Patricia, pero o seu remate no corazón da área era repelido por Marta Balbuena.

Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero nas semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO - CD BURELA FS
Burela FS vs Futsi Atlético Navalcarnero nas semifinais da Liga Iberdrola FS 24-25 / SABELA BLANCO – CD BURELA FS

O descanso non lle serviu ás laranxas para reaccionar, que vían como rozaban o cuarto as atléticas nun disparo demasiado cruzado de Laura Córdoba ante Ana Eliza, que defendía no segundo tempo o marco local. Non perdoaría na seguinte a madrileña, que quedaba soa de novo diante da meta brasileira tras un gran balón ás costas da defensa mariñá da súa irmá xemelga.

O 0-4 e un tanto rápido de Patricia xogando de cinco espoleou ás futbolistas do Burela FS , que empezaron a dominar o partido ante un Futsi Atlético Navalcarnero que caía na trampa da tolemia mariñá. De novo Patricia tiña o segundo no 27, pero o seu remate no segundo pau atopábase coa madeira e o 28 era Dinha a que si superaba a Marta Balbuena cun lanzamento rápido tras recibir o balón na área. Vista Alegre e o cadro local entraban en ebulición e obrigaban a Joan Linares a solicitar un tempo morto para acougar as augas.

Conseguiuno en primeira instancia, xa que imposibilitou durante varios minutos que as locais volvesen armar o xogo de cinco e mesmo anotou un gol Futsi Atlético Navalcarnero, pero que foi anulado por falta a Ana Eliza. Ademais,  Cami tiña que sacar baixo paus un remate de Leti cando non había porteira no marco laranxa. E no 29, entre Ana Eliza e o pau, evitaban que se fose para dentro un tiro de Irene Córdoba desde unha posición escorada.

Tolemia en Vista Alegre

A quinta falta de Futsi Atlético Navalcarnero, cando aínda restaban 11 minutos e medio por disputarse, cambiou de novo o decorado e envorcou o campo cara á portería atlética. Pronto tería o cadro local unha dobre oportunidade para marcar desde os 10 metros, pero Antía Pérez volvía desaproveitala en primeira instancia. Nesta ocasión era Marta Balbuena a que interviña para evitar o gol local. No mesmo minuto tentábao Dinha, pero o seu doblepenalti perdíase por encima do traveseiro. Era o terceiro que malograban as locais.

A pesar de non aproveitar estas dúas ocasións, o conxunto da Mariña seguíu tentándoo e no minuto 36 atopaba o premio ao seu esforzo cun zurdazo de  Cami que entraba pegado ao traveseiro. O Futsi Atlético Navalcarnero sufría para defender o xogo de cinco e pouco despois chegaba o empate nunha gran xogada de todo o cadro laranxa que remachaba dentro da área Patricia.

Seareiras CD Burela en Vista Alegre / SABELA BLANCO - CD BURELA FS
Seareiras detrás da bancada do CD Burela FS no pavillón da localidade mariñá en Vista Alegre / SABELA BLANCO – CD BURELA FS

Con pouco máis de dous minutos de tempo regulamentario por xogarse comezaba un novo partido, aínda que o técnico do Burela FS, Julio Delgado, retiraba a súa aposta polo xogo de cinco e non se producirían máis accións de perigo para ningún dos dous contendentes.

O primeiro tempo da prórroga contou con tres boas ocasións para as locais e unha para as visitantes. Marta Balbuena volveu aparecer para despexar un disparo de Patricia desde o á dereita e metía despois unha gran man nun disparo de Dinha ao primeiro pau. Entremedias, Laura Córdoba puido poñer por diante ao seu equipo, pero o seu disparo cruzado foise rozando o pau da portería mariñá.

E xa sobre o final, de novo Patricia virábase moi ben no pívot, pero o seu lanzamento á media volta era repelido por Marta Balbuena. O segundo tempo extra contaría con menos ocasións, sendo a máis destacada un remate de Irene Córdoba que tocaba o xusto Ana Eliza para envialo á cruceta e que finalmente saíse a córner.

O billete á final decidiuse nos penalties

O pase decidiríase desde o punto de penalti e o Burela FS tivo dous balóns para selar o seu acceso á final, pero non os aproveitaron Cilene e Carolina Pedreira. A quenda empezou con boas noticias para as Pícaras, xa que  Caridad detíñalle o primeiro penalti á fútbolista visitante Irene Córdoba.

Despois anotarían Antía Pérez, Patri, Dinha, Laura Córdoba, Noelia Montoro, María Moreno, Patricia, Ari e, co pase no peto, Cilene fallaba o quinto. Leti anotaba o quinto do seu equipo,  Emilly igualaba, Ana Eliza detiña o penalti de Anita Luján e Carolina Pedreira desaproveitaba a oportunidade ante Bea Parrón de certificar a clasificación.

A meta branquivermella, coas súas tres paradas nos penaltis, acabaría sendo a heroína de Futsi Atlético Navalcarnero. Leninha facía o sexto da quenda para as visitantes, Débora igualaba, Marian anotaba o sétimo e Bea Parrón paraba o lanzamento de Cris Lourés e dáballe o pase á final ao Futsi Atlético Navalcarnero.

Seareiras CD Burela en Vista Alegre / SABELA BLANCO - CD BURELA FS
Seareiras CD Burela FS nas inmediacións do pavillón de Vista Alegre na Mariña de Lugo / SABELA BLANCO – CD BURELA FS

FICHA TÉCNICA

4) BURELA FS: Caridad; Cami, Patricia, Antía Pérez, Dany – quinteto inicial -, Noelia Montoro, Dinha, Débora, Carolina Pedreira, Cilene, Ana Eliza (p.s.), Cris Lourés e Emilly.

4) FUTSI ATLÉTICO NAVALCARNERO: Marta Balbuena; Laura Córdoba, Anita Luján, Leti, Irene Córdoba – quinteto inicial -, Marian, Ari, Patri, Leninha, María Moreno e Bea Parrón (p.s.).

GOLES: 0-1, min. 4: Ari. 0-2, min. 9: Cilene (pp). 0-3, min. 17: Laura Córdoba. 0-4, min. 25: Laura Córdoba. 1-4, min. 25: Patricia. 2-4, min. 28: Dinha. 3-4, min. 36: Cami. 4-4, min. 38: Patricia.

PENALTIES (6-7): Irene Córdoba (erro), Antía Pérez (gol), Patri (gol), Dinha (gol), Laura Córdoba (gol), Noelia Montoro (gol), María Moreno (gol), Patricia (gol), Ari (gol), Cilene (erro), Leti (gol), Emilly (gol), Anita Luján (erro), Carolina Pedreira (erro), Leninha (gol), Débora (gol), Marian (gol), Cris Lourés (erro).

EQUIPO ARBITRAL: Fernando Faubell e Lucía Guillén (Colexio de Aragón). Amonestaron á xogadora local Antía Pérez e ao seu técnico, Julio Delgado. Así mesmo, viron a cartulina amarela as futbolistas do equipo visitante Marian e Ari.

INCIDENCIAS: Terceiro partido da semifinal do play-off polo título da Liga Iberdrola FS 2024-25 disputado no pavillón de Vista Alegre diante duns 800 espectadores. No palco, estivo a seleccionadora española de fútbol sala Clàudia Pons.

Etiquetas Antía PérezBURELA FSCamiCaridadCileneEmillyfútbol salaFUTSI ATLÉTICO NAVALCARNEROJulio DelgadoLiga Iberdrola FS
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.