CD Burela FS vén de confirmar a terceira xogadora internacional con España que este ano ficha polo equipo e convértense en prometedores reforzos para as Guerreiras Laranxas agora e no futuro. En concreto, o club da Mariña fai pública a contratación da porteira Caridad García, que chega ao club lucense procedente doutro equipo galego, o Poio Pescamar.
Caridad García é unha das mellores porteiras da nosa liga e a pesar de cumprir recentemente tan só 23 anos, xa é unha xogadora de extraordinarias garantías. Destaca polos seus reflexos debaixo dos paus e polo seu excelente un contra un.
A xogadora formouse na canteira do Cádiz FSF, e debutou en primeira división co Guadalcacín. As tres últimas tempadas militou nas filas do Poio Pescamar, e agora chega ao Pescados Rubén Burela “para seguir crecendo como xogadora e axudar o equipo para loitar por todos os títulos esta tempada. Caridad García tamén é unha habitual nas convocatorias da Selección Absoluta Española”, explican desde o club da Mariña.
Tras estes tres reforzos para o noso equipo feminino, así como recentes renovacións anunciadas, o CD Burela FS advirte que aínda “non pechou” o bloque de xogadoras co que pretente contar esta tempada 2022-23.
Antía Pérez ficha polo Burela FS: Galicia Calidade e futuro para as Guerreiras Laranxas





















