O Pescados Rubén Burela repetiu guión e resultado no seu segundo partido na Futsal Women’s European Champions contra do MFC Normanochka. As da Mariña venceron os dous partidos por 5-0 e estarán na final do entorchado europeo loitando polo título coas italianas do Pescara.
A TVG será testig da gran final desta Futsal Women’s European Champions que medirá o domingo ás 13:00 horas ao Pescados Rubén Burela e ao Futsal Pescara Femminile no Pazo dos Deportes de Lugo.
As Guerreiras Laranxas non tiveron piedad coas rusas do MFC Normanochka ás que volveron impoñerse por 5-0. O mellor equipo do mundo vai camiño de confirmarse tamén como o mellor equipo de Europa.
Demostrando que non se rendía e que ía a por todas, o conxunto ruso saltaba ao campo apostando polo xogo de cinco á procura da remontada. Nin así puxeron en complicacións a Sandra Buzón. O primeiro gol asinouno Peque no minuto 13. Logo caerían dous seguidos no minuto 20 a través de Elenita e Cilene (de penalti). Así se chegaría ao descanso cun 3-0 no partido e 8-0 no global.
Na segunda metade o Normanochka seguiu buscando o gol sen éxito. Esta vez con Jozi baixo paus. Os goles foron outra vez laranxas. No 24 anotaba Irene Samper e o 5-0 definitivo foi o segundo para Elenita que marcou no 31.
FICHA TÉCNICA
5) PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Sandra Buzón; Cami, Ale de Paz, Peque e Dany Domingos – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Leti Cortés, Cilene, Irene Samper, Emilly, Elenita, Jozi (porteira suplente) e Lara.
0) MFC NORMANOCHKA: Pravdina (porteira xogadora); Durandina, Samorodova, Fernanda e Tytova – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Surnina, Sydorenko, Zavyalova, Neliubova, Sadakova, Khlebosolova, Naumova e Kolesova (porteira suplenta).
GOLES: 1-0 min 13: Peque. 2-0 min 20: Elenita. 3-0 min 20: Cilene (penalti). 4-0 min 24: Irene Samper. 5-0 min 31: Elenita.
ÁRBITRAS: Lidia Crespo Pardo, árbitro principal. Dacal Deza, Seijas Piñeiro, María López asistentes, todas elas do Comité Galego. Expulsaron con cartón vermello directo á futbolista rusa Samorodova (31) e viu cartón amarelo a súa compañeira Naumova.
INCIDENCIAS: Partido disputado no Pazo dos Deportes de Lugo cunhas 500 persoas nas bancadas.
Xoves 2 de decembro
- 17.30 horas: Benfica SL – WFC Tesla (4-0)
Venres 3 de decembro
- 17.30 horas: WFC Tesla-Pescara Femminile (2-3)
- 20.00 horas: Pescados Rubén Burela-MFC Normanochka (5-0)
Sábado 4 de decembro (CRTVG)
- 16.15 horas: Pescara Femminile- Benfica SL (1-0)
- 18.30 horas: MFC Normanochka-Pescados Rubén Burela FS (0-5)
Domingo 5 de decembro (CRTVG)
- 13.00 horas: Final Pescara – Pescados Rubén Burela FS