• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

O Burela é segundo e o Marín Futsal vai ao asalto dos postos de cabeza na Primeira División estatal

Triunfos das futbolistas da Mariña e das pontevedresas, mentres que a Poio Pescamar lle empataba o Torreblanca sobre a bucina, e o Ourense Envialia paga a peaxe de visitar ás líderes indiscutibles, o Futsi

Silvia Carregal por Silvia Carregal
28/11/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
burela Melilla Sport Capital Torreblanca vs Poio Pescamar / TORREBLANC FS

Melilla Sport Capital Torreblanca vs Poio Pescamar / TORREBLANC FS

45
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Dous triunfos, unha derrota e un empate foron os resultados colleitados polas representantes galegas na Primeira División do Fútbol Sala da RFEF. Gañou o Pescados Rubén Burela (1-3) ao Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF, tamén o Marín Futsal (2-1) ao conxunto do Arriva AD Alcorcón FSF, empatou o Poio Pescamar (2-2) na  pista do Melilla Sport Capital Torreblanca FS, e perdeu o Ourense Envialia que acudía a xogar á cancha do Futsi Atlético Navalcarnero (8-4).

Aínda que gañou por 1-3, non lle foi doado ao Pescados Rubén Burela imporse ao Rayo Majadahonda en La Granadilla. Abriu o marcador Glori para as locais (1-0) aos cinco minutos de xogo. Un minuto tardou o Pescados Rubén Burela en devolver as táboas ao marcador cun tanto de Bea (1-1). Antes de cumplirse o cuarto de hora de xogo, Peque adiantaba as galegas (1-2). No banco do Rayo Majadahonda pedían tempo morto para recompoñer filas e recuperar o seu xogo. Co 1-2 chegouse ao descanso.

O 1-3 definitivo puxoo Dany aos 24 minutos de partido. Non baixaron os brazos ‘Las Majas’, e incluso optouse polo xogo de cinco nos catro minutos finais, sen éxito pero con tesón.

🟢⚽️ Final de la Jornada 9⃣
La victoria vuelve a ser naranja@RMajadahondaFS 1-3 @burelafs

📸 Majadahonda#Burela #Futsal #SomosFutsal pic.twitter.com/cDHjzojA4B

— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) November 27, 2021

O Marín Futsal mantense sólido

Unha auténtica alegría o xogo do Marín Futsal na súa tempada debut na elite estatal. Logo da disputa desta novena xornada achégase á zona noble a costa do Alcorcón que descense ao cuarto lugar tras caer derrotado coas galegas que adestra Raúl Jiménez. 

O conxunto galego vencía na Raña por 2-1 nun partido difícil e moi disputado ante a AD Alcorcón. Empezaron as galegas moi fortes con claras chegadas á área rival. Non houbo sorte e as visitantes foron recompoñéndose e plantándolles cara. Así e todo, o primeiro gol foi das de Marín. Anotouno Ceci no minuto 10 de xogo un pepinazo desde lonxe aproveitando un erro do conxunto rival (1-0).

O empate marcouno no minuto 13 Tania (1-1) superando a Silvia Aguete. No segundo tempo o partido contou con ocasións dos dous bandos. Pero foi María León que marcou o 2-1 para o Marín Futsal no minuto 24.

RESULTADO. ESTADÍSTICAS | 🐥⚽

El primer equipo pierde (2-1) en su visita a @marin_futsal

⚽ @taniia_beniito

Os dejamos las estadísticas 📈📉#CorazónAmarillo pic.twitter.com/KtRJ6Ifm6I

— A.D. Alcorcón F.S.F. (@ADAlcorconFSF) November 27, 2021

Con este resultado o Arriva AD Alcorcón FSF queda na cuarta praza (17 puntos) e o Marín Futsal na quinta (13 puntos) moi preto de dar o salto á zona nobre da táboa no ano da súa estrea na elite. Bravas!

Empate sobre a bucina para o Poio Pescamar

As táboas do Poio Pescamar foron unha mágoa xa que o seu rival, o Melilla Sport Capital Torreblanca FS empatoulles o partido a falta de 30 segundos para o final do partido. O técnico local apostou polo xogo de cinco e Guti igualou o partido deixando as galegas a un paso do triunfo como visitantes.

Melilla Sport Capital Torreblanca vs Poio Pescamar / TORREBLANC FS
Melilla Sport Capital Torreblanca vs Poio Pescamar / TORREBLANC FS

O Poio Pescamar dominou sobre todo a segunda parte do encontro e no arranque e aguantou a presión do Melilla. É certo que foron as futbolistas dos Torreblanca FS as primeiras en marcar (Bía no minuto 16 de partido), pero as galegas déronlle á volta ao marcador con goles de Luci (min. 32) e Jane (min. 37). Logo viría o gol de Guti case sobre a bucina.

Manu Cossío: “O resultado é o que é e temos que quedar co positivo”

O adestrador do Poio Pescamar, Manu Cossío, declaraba tras o partido que puidose ver “un gran  partido de fútbol sala. O Melilla ten un equipazo. Nós tivemos semanas complicadas á hora de adestrar. Viñamos con baixas, con xogadoras tocadas, cunha porteira que debuta en Primeira División e que estivo excepcional”, dixo en referencia a Lucía Paz. “Creo que o deron todo emáis. Foi un partido de alternativas. O Melilla tivo as súas e nós na segunda parte estivemos moi ben en todas as facetas do xogo”, sinalaba o adestrador do equipo galego.

No repaso ao partido Manu Cossío explicaba que no final do encontro “nun 5 para 4 das últimas xogadas, nunha segunda acción na que non estivemos ben por que quedámonos todas paradas ao rechace, metéronnos o empate”.

Con todo, o adestrador do conxunto galego manifestaba estar “contento coa actitude. Este é camiño que temos que ter, independemente de se somos máis ou menos xogadoras, este é o camiño. Temos que mellorar cousas pero estou satisfeito pola actitude”.

🎙️ Declaraciones Manu Cossío, entrenador @PoioPescamarfs pic.twitter.com/sqQm9FPAUs

— MSCTorreblancaFS (@TorreblancaFS1) November 27, 2021

Para o técnico do Poio Pescamar houbo unha metade para cada conxunto sobre a pista melillense. Apuntaba neste sentido: “Coido que houbo unha parte para cada equipo. O Melilla na primeira parte meteounos a trás. É certo que era o plan de partido estar coa defensa máis baixa polas ausencias que tiñamos. Na segunda parte xa tivemos a defensa máis alta, provocamos erros. En situacións de balón parado defensivo, que elas o xogan moi ben, estivemos ben. Incluso cambiando a defensa en zona por individual por momentos. O resultado é o que é temos que quedar co positivo”.

O Futsi arrolla ao Ourense Envialia nos primeiros 5 minutos

Que o Atlético Navalcarnero é un rival case insuperable sábeo toda a categoría. As madrileñas non coñecen a derrota pero con todo, o Ourense Envialia acudía a medirse co Futsi disposto a plantalle cara. Fallou o arranque. O equipo local non deu opcións ás galegas. Aos 22 segundos xa anotaran o primeiro gol (Ari) e aos 5 minutos xa tiñan o partido cun 3-0 ao seu favor (goles de María Sanz e outro de Ari).

As galegas anotaban o seu primeiro gol no minuto 6 por medio de Judith (3-1), pero Ari aínda tiña máis tantos gardados para sacar da chistera e asinou o seu hat trick no minuto 8 (4-1). O quinto das locais foi obra de Becha no 17 de partido. Antes do descanso recurtaba outra vez distancias o equipo adestrado por Morenín grazas a un tanto de Iria Saeta (5-2, minuto 18).

Chegou a poñerse a dous goles o equipo galego cando Jenny Lores anotou no 21 o 5-3. Era o arranque da segunda metade e o Ourense Envialia estaba aínda con opcións de remotnar.

No pasou. Irene Córdoba volvía sumar para o Futsi (6-3, minuto 34) e, aínda que Jenny Lores dáballe a réplica no 36 (6-4), ese sería o último gol das galegas. O Altético Navalcarnero anotaría aínda dous goles máis: Amelia Romer a (7-4, minuto 39) e Laura Córdoba sobre a bucina (8-4).

Invictas. Así seguen as futbolistas do Futsi Atlético Navalcarnero. Tampouco foron quen as pupilas de Morenín de facerlles pupa ás madrileñas, lideres intratables un ano máis da competición. Nove xornadas e nove triunfos logo de vencer 8-4 nesta última cita ás ourensensás.

Próxima xornada, duelo entre Marín e Burela

Na seguinte xornada haberá duelo de rivalidade galega coa visita do Marín Futsal ao Pescados Rubén Burela (sábado 4 de decembro). O Poio Pescamar recibirá ao Rayo Majadahonda AFAR 4 FSF, e o Ourense Envialia ao Melilla Sport Capital Torreblanca FS.

Etiquetas fútbol salafutsalFUTSI ATLÉTICO NAVALCARNEROMarín Futsalourense envialiaPescados Rubén Burelapoio pescamar
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

Sete futbolistas que non seguirán no Pescados Rubén Burela

por Redacción As Nosas
04/07/2022
0

  Ata sete xogadoras din adeus esta tempada á disciplina do Pescados Rubén Burela. Ale de Paz, Lara Balseiro, Bea...

A Selección Española de fútbol sala, campioa de Europa con Silvia Aguete como protagonista nos penalties / RFEF

A galega Silvia Aguete, heroína na vitoria nos penaltis de España no Europeo

por Redacción As Nosas
04/07/2022
0

  A Selección Española Feminina de Fútbol sala comezou sufrindo, pero terminou reconquistando Europa. A porteira galega Silvia Aguete foi...

Selección de España de fútbol sala no Europeo de Gondomar (Portugal) / RFEF

España gaña a Ucrania no Europeo nun partido con protagonismo galego

por Redacción As Nosas
02/07/2022
0

  A Selección de España que adestra Clàudia Pons colleitou unha cómoda vitoria que serve para meterse na final do...

Selección Española feminina de Fútbol Sala adestrada por Clàudia Pons / RFEF

A Selección Española de futsalfem está lista para repetir éxito en Gondomar

por Redacción As Nosas
01/07/2022
0

  As galegas Luci (Poio Pescamar), Silvia Aguete (porteira do ENCE Marín Futsal), e Ale de Paz (Pescados Rubén Burela) están na...

Raúl Jiménez dando instrucións no banco do ENCE Marín FutSal / SABELA MOSCOSO

Raúl Jiménez non seguirá á fronte do banco do ENCE Marín Futsal

por Redacción As Nosas
26/06/2022
0

  O ENCE Marín Futsal anunciou que o técnico Raúl Jiménez, non seguirá adestrando ao primeiro equipo da entidade galega...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carlota Suárez ficha polo Dépor ABANCA / RCD

A galega Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA para a tempada 2022-23

05/07/2022
Patri López, Dépor ABANCA / RCD

Patri López continúa no Dépor ABANCA no curso 2022-23

05/07/2022
Ourense Envialia vs Pescados Rubén Burela na Copa da Raíña FSF 2022 / RFEF

Sete futbolistas que non seguirán no Pescados Rubén Burela

04/07/2022
Selección Galega Atletismo na que está Belén Toimil / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Belén Toimil e Yulenmis Aguilar vencen nas súas modalidades no Campionato de España de Seleccións

04/07/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.