Segundo informa a Federación Galega de Loita (FEGALOITA) esta fin de semana terán lugar de dúas grandes citas deportivas estatais no Concello de Bueu ligadas á disciplina deportiva MMA, e tamén unha cita autonómica. En concreto:
- Clinic nacional de arbitraxe de MMA Youth que terá lugar o venres 1 de maio.
- Copa de España de MMA Youth que está prevista para o sábado 2 de maio.
- Campionatos Galegos de MMA que se disputarán o sábado 2 de maio.
Estas actividades, organizadas polo Club de Loita do Morrazo, poñen o foco no MMA para os máis novos. O MMA (Mixed Martial Arts ou Artes Marciais Mixtas) é unha disciplina deportiva de combate de contacto completo que combina técnicas de diferentes ámbitos como o boxeo, o jiu-jitsu brasileiro, o Maay Tahi a loita e o yudo.
Cunha regulamentación moi estrita e limitada en canto ao desempeño dos deportistas. O pavillón municipal de Beluso será a sede da Copa de España para deportistas de entre 12 e 18 anos.
A competición terá dúas fases: En xornada de mañá para os máis novos: de 12 a 18 anos. En xornada de tarde para os júnior e sénior.
O Concello de Bueu é unha peza fundamental na organización desta gran cita de ámbito estatal, como unha proba selectiva para a participación dos deportistas nos mundiais Youth de MMA.
A competición contará con dúas gaiolas para o desenvolvemento da competición e coa implicación do Colexio Galego de Árbitros e diversos colexiados nacionais que participarán neste evento, segundo informa a Federación Galega de Loita (FEGALOITA).
Antonio García, seleccionador estatal de Grappling e MMA, afirma que este é o primeiro paso “nun deporte en franco crecemento e que será un exemplo para outras comunidades autónomas”.
Antonio García, seleccionador estatal de Grappling e MMA, acode en calidade de formador ao Clinic de arbitraxe e de responsable da Federación Española para o desenvolvemento da Copa de España.
Antonio García afirma que este é o primeiro paso “nun deporte en franco crecemento e que será un exemplo para outras comunidades autónomas”.
Carlos Fabián, o organizador desta cita deportiva está “entusiasmado pola oportunidade de que o Concello de Bueu sexa o centro do MMA en España durante esta fin de semana e que todo o traballo desenvolvido durante estes últimos anos, véxase recompensado con esta Copa de España”.
Carlos Fabián, o organizador desta cita deportiva amósase: “entusiasmado pola oportunidade de que o Concello de Bueu sexa o centro do MMA en España durante esta fin de semana e que todo o traballo desenvolvido durante estes últimos anos, véxase recompensado con esta Copa de España”.
Campionato Galego MMA
O Pavillón Pablo Hervello de Bueu será tamén esta fin de semana o escenario dos Campionatos Galegos de MMA, que se celebrarán o vindeiro 2 de maio, reunindo deportistas das categorías sénior e júnior nunha xornada clave para o calendario autonómico.
PROGRAMA DA COMPETICIÓN DOS CAMPIONATOS GALEGOS DE ARTES MARCIAIS MIXTAS EN BUEU
- Control de peso Júnior: de 9:00 a 9:30
- Competición Júnior: de 10:00 a 14:00
- Control de peso Sénior: de 12:30 a 13:00
- Competición Sénior: de 19:30 a 00:00
- Entrega de medallas: ao remate de cada final
INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE OS CAMPIONATOS GALEGOS DE ARTES MARCIAIS MIXTAS
- A competición desdes Campionatos Galegos de Artes Marciais Mixtas contará con 2 octógonos
- Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría
- Trofeos para os tres mellores clubs na clasificación xeral
- Todos os participantes deberán contar con licenza federativa en vigor
Este campionato autonómico MMA (Mixed Martial Arts ou Artes Marciais Mixtas) permitirá seleccionar aos mellores deportistas de cada categoría de peso para representar a Galicia nos Campionatos de España, consolidándose como unha cita fundamental no desenvolvemento do MMA (Artes Marciais Mixtas) galego.





















