O ano comeza con mal pé para o CV Bruxas. A súa visita a terras castelás para competir contra un rival directo da Primera División Femenina de voleibol, o Universidad Valladolid, resultou nunha derrota por 3-1.
As de Bertamiráns chegaban a este encontro vital decididas a ir pola vitoria. De ter gañado, o CV Bruxas colocaríase entre os mellores equipos da categoría e deixaría atrás a outro cadro que tamén ten opcións para ascender de categoría. Finalmente, non foi así, e as galegas volveron sen puntuar.
O partido comezou completamente dominado polo Universidad de Valladolid, que enseguida se fixo co control do duelo e saíu con contundencia ao primeiro set. Pouco puideron facer as galegas, que vían como as rivais íanse de dez puntos.
O segundo set seguíu unha tónica similar. O acerto das vallisoletanas seguía sendo maior e o Bruxas non atopaba o seu xogo. As locais aumentaban a súa vantaxe no marcador e o equipo de Bertamiráns non atopaba a forma de frealas.
O Bruxas non reaccionou a tempo
Para o terceiro tempo, a actitude das visitantes cambiou e tamén o fixo a súa actuación sobre a pista. Por primeira vez, aguantaron o pulso do Universidad Valladolid e incluso lograron levarse o set por dous puntos por riba.
Pero as melloras no xogo galego tiveron resposta por parte das castelás no tempo final. As de Valladolid non ían deixar escapar a vitoria en casa e, malia intentalo, o Bruxas xa non recuperou o acerto anotador. Un 3-1 final que mantén ás galegas na sexta posición da táboa, a 10 puntos do primeiro clasificado e a tres do terceiro.
Podes volver desfrutar do partido entre Universidad de Valladolid e CV Bruxas no facebook do equipo galego.